Marxismo e Alienación: Conceptos Clave da Filosofía Social

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,19 KB

Introdución ao Pensamento Marxista: Raíces e Conceptos Fundamentais

O filósofo anterior a Marx foi Kant, quen insistía na limitación humana da razón teórica, que non pode transcender a experiencia. A concepción que tiña Kant sobre o ser humano era dual, xa que é un ser limitado pola natureza e libre como ser moral. Ademais, para el, a historia é un proceso de desenvolvemento e mellora da natureza humana, o desenvolvemento dunha finalidade escrita na natureza deste. E ten que desenvolver as súas facultades cognoscitivas e morais. Respecto á súa idea de Estado Cosmopolita, é a expresión da realización da natureza da razón, xa que resolve os conflitos de xeito pacífico. Este idealismo converterase no Idealismo Absoluto, unha forma de filosofía dogmática que afirma que a realidade é a expresión da realización do Espírito, a meta da historia que neste caso é o Estado Burgués. Un dos seus representantes é Hegel, quen afirma que o progreso histórico está guiado pola razón.

Influencias Clave no Pensamento de Marx

Marx toma outras influencias, como a da economía política inglesa, da que tomará as ferramentas técnicas da análise económica e a idea do valor-traballo como eixo articulador de toda actividade produtiva; e a do socialismo francés, do que tomará as ideas socialistas e revolucionarias do seu pensamento político, como a idea da loita de clases. A partir destas influencias, escribe O capital e participará na escrita do Manifesto Comunista.

Estrutura da Sociedade Segundo Marx: Infraestrutura e Superestrutura

A Infraestrutura Económica

A infraestrutura económica está formada polas forzas produtivas, que é o conxunto dos medios de produción e a Forza de Traballo (materia prima, medios de traballo como máquinas e a enerxía humana), e as relacións sociais de produción. Estas últimas son conflitivas, xa que son contraditorias (un ten o poder sobre o outro), e este feito é a base da superación. Este antagonismo podémolo ver reflectido na sociedade primitiva, escravista, feudal e capitalista.

A Superestrutura Ideolóxica

A superestrutura ideolóxica defende que o tipo de sociedade vén determinado polas relacións sociais de produción, por como se organiza a produción, polo factor económico. Pero tamén hai outros factores, como a mentalidade, etc., que son un reflexo deformado dos intereses da clase dominante, disfrazado como se fose noso. Polo tanto, a filosofía para Marx pasa a ser unha «ciencia» que estuda as condicións económicas que fan posible o cambio. Nela, analiza a alienación, a cal é un reflexo da explotación do proletariado.

A Alienación no Pensamento Marxista

Concepto e Evolución da Alienación

A alienación é, de certa forma, que alguén está fóra de si, é dicir, que está nunha realidade allea a el. O termo alienación trátase de distintas formas segundo o filósofo:

  • Hegel trátano dun xeito abstracto e metafísico.
  • Feuerbach dálle un sentido de alienación relixiosa e cre que esta pódese superar cambiando o pensamento.

A Alienación Económica en Marx

No caso de Marx, defende que esta forma de alienación relixiosa non é máis ca unha das manifestacións dunha alienación concreta e histórica que el pretende estudar: a alienación económica, derivada do modo de produción clasista que no seu tempo é o sistema capitalista. Dando lugar a O capital, obra mencionada anteriormente, esta ten como tema central a análise da alienación e das súas formas. Estas podémolas clasificar en:

  • A actividade práctico-produtiva, a través da cal se transforma a Natureza e se obteñen os bens necesarios para a súa subsistencia, é a esencia do ser humano e o que o diferenza do resto dos animais. Ten como protagonista o ser humano, que se realiza a partir do traballo, desenvolvendo a súa actividade creadora.

  • A partir do traballo, humanízase máis, e neste proxecta a súa esencia, xa que pon algo do seu ser. Marx dálle o nome de obxectivación do traballador.

Superación da Alienación e Conciencia de Clase

A superación da alienación (liberación) ten que comezar por unha crítica que desenmascare a ideoloxía como forma de dominación para que o proletariado asuma a súa conciencia de clase. A alienación económica é a raíz de todas as outras formas de alienación:

  • Alienación social (asumir como natural a división clasista da sociedade cando non é máis ca un feito histórico que pode superarse);
  • A política (os dereitos políticos na sociedade capitalista son meramente formais);
  • A relixiosa (o individuo refúxiase nun mundo imaxinario para escapar da miseria económica real);
  • E a filosófica.

Entradas relacionadas: