Manuel Curros Enríquez e o Rexurdimento Literario Galego
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,54 KB
Manuel Curros Enríquez
Naceu en Celanova en **1851**. Foi **xornalista** en Madrid, compuxo poemas en **castelán** e **galego**. Foi correspondente de guerra. Morreu na Habana.
Obras Principais
- Cántiga (186x): Poema musicado.
- Poemas (1877): Gaña un certame con títulos como Unha boda en Enibó, O gaiteiro e A virxe e cristal.
- Aires da Miña Terra (1880): Obra fundamental que contén A igrexa fría e Mirando ao chao.
- O Divino Sainete (1888).
Aires da Miña Terra
A súa **temática** divídese en tres eixes principais: poesía social ou cívica, poesía costumista e poesía intimista.
Poesía Social ou Cívica
O poeta está co pobo e a súa función é **abrirlle os ollos**. Promove un futuro de **liberdade** da man do **progreso** e da **cultura** (exemplo: “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”). Caracterízase polo **anticlericalismo**, atacando a actitude da Igrexa, que estaba a favor das clases dominantes e do sistema foral.
Poesía Costumista
Motivo **folclórico**, segue o modelo de Rosalía. Recursos utilizados: **anáforas**, **paralelismos** e **repeticións** (exemplo: “O gaiteiro de Penalta”).
Poesía Intimista
Aínda que a súa misión principal é a preocupación social, trata algúns sentimentos persoais de tema familiar (“Ben chegado”, “Na morte da miña nai”). Tamén trata temas de **desesperanza** e **angustia** (“Tempo deserto”, “Sola”, “A Rosalía”).
Forma e Estilo
Influencia da **poesía popular** (sinxeleza de símbolos, escolla léxica de voces nas comparacións, repetición). Utiliza o **simbolismo inverso**: atribúe valores espirituais a elementos materiais. Por exemplo, en “Na chegada a Ourense da primeira locomotora”, compara a locomotora coa Virxe María. Ás veces dáse o fenómeno contrario: elementos provistos dunha gran valoración ideal e espiritual (Deus) utilizan expresións coloquiais e populares (exemplo: en “Mirando ao chao”).
O Divino Sainete (1888)
É un **poema narrativo**. Pon de relevo as **condicións da vida galega**, critica e ridiculiza os seus inimigos. Utiliza a **parodia** (humor sarcástico e caricaturesco).
Contido
Curros, o narrador, atópase con Añón (que capitanea a Santa Compaña) unha noite de Nadal en Madrid. Deciden peregrinar a Roma. Añón conduce a Curros polos vagóns dos Sete Pecados Capitais. Na viaxe van percorrendo os sete vagóns (preguiza, envexa, gula, ira, luxuria, avaricia e soberbia), onde peregrinan desde o bispo ata o xuíz. Utiliza **tercetos octosílabos**.
Lingua
Constrúe o seu galego sobre a **lingua coloquial**. De aí a **riqueza do seu léxico**, a **sinxeleza da súa sintaxe** e os **xiros e modismos populares**, que constitúen unha característica fundamental da súa obra. O seu galego é o de Celanova, con:
- **Dialectalismos** propios do bloque central.
- **Popularismos** (e.g., iela, estare).
- **Vulgarismos** (e.g., páledo, lástema, perfeuto).
- **Hiperenxebrismos** (e.g., xeroulifos, hourizonte).
Outros Autores do Rexurdimento
A Prosa
Marcial Valladares Núñez
É un **lingüista**, preparou un dicionario e é o autor da primeira novela galega: Maxina ou a filla espúrea (1880). É unha **novela romántica** con episodios truculentos e unha trama que remata nun desenlace sorprendente.
Valentín Lamas Carvajal
Publica Espiñas, follas e flores (temas folclóricos e cultos). Tamén Saudades gallegas e A Musa das aldeas (tema costumista). Na prosa popular destacan Gallegadas e o **Catecismo do Labrego**, unha parodia do catecismo en preguntas e respostas onde un labrego fala contra o **alcalde**, o **secretario** e o **cacique**.
Antonio López Ferreiro
Autor de tres novelas históricas: A Tercedeira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O Niño de Pombas.
O Teatro
Drama Histórico
Destaca **Galo Salinas**, que publica A Torre de Peito Burelo e Memoria acerca de la dramática gallega.
Cadro de Costumes
Destaca **Francisco María de la Iglesia**, que fixo a primeira obra en galego estreada: “A fonte do xuramento”.