Locucións Latinas Comúns: Significado e Uso en Galego

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Latín

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,98 KB

Locucións Latinas e o seu Significado

Ab aeterno
"Dende a eternidade". Dende sempre.
Ad multos annos
"Por moitos anos". Úsase para felicitar ou desexar longa vida a unha persoa.
Addenda et corrigenda
Dous xerundivos latinos que expresan valor de obrigatoriedade, así: "o que debe ser engadido e corrixido". Adóitase pór ao final dos libros para indicar as palabras ou frases que é preciso engadir ou corrixir.
Bis
Dúas veces.
Bona fide
"Boa fe". Dise dunha actuación que obedece a unha boa intención. En xeral, nas diversas ramas do Dereito reciben un tratamento diferenciado as persoas que actuaron de boa ou de mala fe.
Calamo currente
Ao correr da pluma; sen reflexión previa, con presteza e de improviso. Polo común úsase referido a escritos.
Carnes tollendas
"As carnes deben ser retiradas". É o período de cincuenta días que preceden á Pascua.
Casus belli
"Motivo de guerra", que fai referencia á circunstancia que supón causa ou pretexto para iniciar unha acción bélica.
Cave canem
Coidado co can; inscrición na entrada das casas romanas.
Contra naturam
Contra a natureza.
Corpus delicti
O corpo do delito; linguaxe forense.
Cursus honorum
A carreira política durante a República Romana recibía o nome de cursus honorum e seguiu existindo durante o Imperio. O cursus honorum establecía a orde e a xerarquía pola que se rexían as maxistraturas romanas, así como o modo de cumprilas.
Do ut deas
Douche para que me deas ou "dar para recibir". Expresa o móbil dunha acción con esperanza de reciprocidade.
Ecce homo!
Velaquí o home! Palabras coas que Poncio Pilatos presentou a Xesús ante os xudeus unha vez azoutado. Utilízase para denominar unha imaxe de Xesús coroado de espiñas ou para se referir a alguén que está malferido e con mal aspecto.
Editio princeps
Primeira edición dunha obra.
Ex cathedra
Dende a cátedra, asento do mestre na escola romana. Por iso significa "expresarse en ton maxistral e decisivo".
Ex iure
De dereito ou axustado a el, por xustiza, legalmente.
Ex libris
"Marca que equivale a un título lexítimo de propiedade feita polo dono dunha biblioteca". En latín significa "de (entre) os libros" e a expresión aplícase porque alguén, nos comezos da imprenta, anotaría da súa man nun volume a pertenza deste.
Exempli gratia
Por exemplo.
Extra muros
Fóra da cidade, fóra das murallas.
Fiat lux
Fágase a luz, aclárese o asunto.
Gratis et amore
Sen cobrar e por amor.
Grosso modo
A grandes trazos, en xeral, dun modo imperfecto, aproximadamente.
Habent sua fata libelli
(No contexto orixinal: segundo a intelixencia do lector teñen o seu destino os libros); significa que, aínda no éxito dun libro, a sorte ou o destino é un factor importante.
Hic et nunc
Aquí e agora.
Horror vacui
(Literalmente 'medo ao baleiro') emprégase na historia da arte, especialmente na crítica da pintura, para describir o recheo de todo espazo baleiro nunha obra de arte con algún tipo de deseño ou imaxe.
Ibidem
De alí mesmo, ou no mesmo lugar. Emprégase especialmente en índices, citas, etc.
Idem
Igual, o mesmo; adóitase empregar nas citas para representar o nome do autor ultimamente mencionado, e nas contas e listas, para denotar diferentes partidas dunha soa especie.
In articulo mortis
No transo da morte; o estado da vida próximo á morte.

Entradas relacionadas: