Locke e Marx: Sociedade, Liberdade e Economía

Enviado por Chuletator online y clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,11 KB

Locke

SEGUNDO TRATADO SOBRE O GOBERNO


Este texto de Locke trata sobre a relación das persoas na sociedade. A sociedade ideal é aquela na que os seus cidadáns son libres, pero cunha serie de restricións e cando cometes algunha infracción contra alguén, pode custar moi caro, por iso non temos liberdade total.


Todos os homes son iguais e independentes, coas mesmas obrigacións e liberdades. Proceden dun Deus creador e cada un ten unhas calidades e propiedades distintas, que todos debemos respectar.


Poderiamos afirmar, con Locke, que existen tres estados fundamentais:


1º) O estado de natureza

É dicir, un estado de paz, de boa vontade, de asistencia mutua e conservación, pois todos os homes, pola súa propia esencia natural, son libres e iguais uns a outros, non existindo, desde este punto de vista, ningunha razón que puidese xustificar o poder dun home sobre outro home, o cal sería, por outra banda, tremendamente perigoso, dado que cada un sería en si mesmo xuíz e executor.


2º) O estado de guerra

É dicir, un estado de inimizade, malicia, violencia e mutua destrución. O instinto natural de conservación levaría, dado o egoísmo humano e as súas paixóns, ao abuso duns homes sobre outros, segundo confirman, ademais, as coñecidas leis de Darwin, aplicables tamén á especie humana.


3º) O estado de sociedade

É dicir, o estado intermedio entre o ideal natural e o estado de guerra, o cal se produce cando cesa o estado de guerra e as partes sométense a unha autoridade superior, a lei consensuada, que dirima as diferenzas.


Marx


MARX, Manuscrito filosófico 1844

No sistema capitalista, o obreiro é quen menos importa. Págaselle mal e quere que traballe ben. A alienación e alleamento son conceptos moi similares, que significan a desconformidade e tristeza dos obreiros, ao saber o que son realmente para os seus xefes.

Isto provoca que os empresarios e obreiros teñan diferentes formas de pensar (política). Os empresarios votarán aos partidos que favorezan á xente rica, e os obreiros aos que favorezan á xente pobre.

O concepto máis importante de Marx é a Plusvalía, é a diferenza entre o valor de uso e de cambio. É dicir, a diferenza entre o prezo de produción e de venda, e é o que o empresario leva de beneficio, con respecto ao traballo do obreiro.


MARX, crítica da economía política.

Os modos de produción segundo Marx definen a clase social e estatus económico das persoas na sociedade. A infraestrutura económica inflúe nas forzas produtivas e relacións de produción. Marx distingue 4 tipos de produción:

  • Modo antigo (amos e escravos)
  • Modo feudal (señores e servos)
  • Modo renacentista (mestres e oficiais)
  • Modo capitalista (obreiros e empresarios)


No modo de produción capitalista, o producido chámase mercadoría, esta mercadoría prodúcese mediante o traballo dos obreiros e de aí obtense o valor de cambio.

Entradas relacionadas: