A literatura galega no primeiro terzo do século XX: Antonio Noriega Varela e Ramón Cabanillas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 13,35 KB
Antonio Noriega Varela
Datos biográficos
Antonio Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 - Viveiro, 1947)
Estudou no seminario de Mondoñedo, eixo difusor da cultura grecolatina (influencia na súa obra). Foi mestre en distintos puntos de Galicia e iso permitiulle entrar en contacto co grupo Nós (Otero Pedrayo, Vicente Risco, López Cuevillas, Aquilino Iglesias) e coa literatura saudosista portuguesa. Facía poemas anticaciques (critican os caciques) na súa etapa ourensá. Traballou en Trasalba, Ourense e Foz.
Obra poética
- Montañesas (1904 e 1910)
- Do ermo (terreo pouco produtivo) (1920, 1929, 1946)
É a mesma obra que tivo varias edicións, un cambio de título e máis ampliación e supresión de varios poemas.
Influencias na súa obra: Manuel Leiras, os clásicos latinos, os poetas do Século de Ouro español e os saudosistas portugueses.
Saudosismo: movemento poético e filosófico portugués de comezos do S. XX que destaca polo seu carácter nacionalista e pola exaltación de sentimentos.
Poetas saudosistas portugueses que tiveron importancia en Antonio Noriega:
- Guerra Junqueiro
- Teixeira de Pascoais
- Eugénio de Castro
Na obra de Antonio Noriega
1. A poesía costumista
Logo dun comezo frustrado (non tivo continuidade) como poeta cívico, Noriega achégase ao realismo costumista de finais do S. XIX: a vida dos labregos e da alta montaña. Son poemas recollidos en Montañesas (1904-1910).
Poesía cívica: combativa e social.
2. A poesía lírica pura
A novidade agora está no feito de que é o propio poeta quen se achega á natureza adoptando un ton emotivo e íntimo. Son poemas recollidos en Do ermo.
Poemas case relixiosos. Esta poesía supera o realismo costumista anterior, pero os motivos son os mesmos: a vida do campo e a montaña, e a lingua utilizada está baseada na fala popular da súa terra.
Outras obras
- A Virxe e a Paisaxe (1913): recompilación de cantigas populares nas que se honra a Virxe e que pasan de boca en boca polo pobo.
- Como falan os brañegos (1918): estudo léxico-gráfico de cantigas e refráns populares.
Ramón Cabanillas
Datos biográficos
Ramón Cabanillas (Cambados, 1876 - 1956)
1910: Viaxe a Cuba: contacto con galeguistas emigrados; froito dese contacto, comeza a escribir en galego.
1916: Colaboración coas Irmandades da Fala / Xornal A Nosa Terra. Os dous primeiros poemarios escríbeos na Habana.
Obra poética
Influencias:
- A poesía das figuras do Rexurdimento: Rosalía, Curros e Pondal.
Deles colle estes trazos:
- Curros: poesía cívica/social combativa.
- Rosalía: poesía descritivista e intimista.
- Pondal: poesía épica.
- Os seus poemas teñen un final patriota; é unha síntese e superación da poesía do Rexurdimento. Renovou a poesía galega, cun influxo modernista, saudosista e simbolista, afastándoa da poesía realista.
- A corrente modernista de ámbito iberoamericano (Rubén Darío). Vai comezar no 1919-20. Trazos do modernismo:
- Musicalidade do verso
- Captación da beleza a través dos sentidos (cores, sons...)
- Evasión: necesidade de fuxir do mundo real cara a outros espazos e tempos (exotismo)
- Erotismo: visión provocadora do amor como gozo estético
- Concepto de cosmopolitismo: o poeta é un cidadán do mundo
- Os poetas románticos europeos: Heine, Bécquer ou Baudelaire.
- Trazos do saudosismo e simbolismo.
Simbolismo: Movemento literario que xorde en Francia arredor de 1880 como reacción contra o romanticismo. Algúns dos seus trazos definitorios son: o emprego de palabras suxestivas (suxestións), a musicalidade do verso e o emprego de neoloxismos (palabras novas).
Modalidades da obra poética de Cabanillas
1. Poesía lírica
- 1913: No desterro. Vai parecer como un prólogo de Basilio Álvarez.
- 1915: Vento mareiro. Aparece o himno de Acción Galega.
- 1917: Da terra asoballada.
- 1927: A rosa de cen follas.
- 1954: Da miña zanfona.
Liñas temáticas:
1.a A reivindicación cívica
Antecedente: poesía combativa de Curros. É unha poesía influída polo compromiso co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala. Está presente nas tres primeiras obras. Conflúen o nacionalismo da Fala e o compromiso político e social co agrarismo (loita anticaciquil e contra os foros, e na denuncia do sufrimento dos labregos).
1.b O intimismo
Antecedente: poesía romántica de Rosalía, Heine, Bécquer... O sentimento amoroso é protagonista destes poemas, así como a conmoción ante a paisaxe. Está presente en A Rosa de cen follas e Da miña zanfona. Os elementos máis importantes son: a presenza de sensibilidade amorosa, a conmoción ante a natureza (sensación de asombro do poeta cando ve unha paisaxe asombrosa) e o sentimento dorido da vida.
1.c O costumismo
Non segue a liña costumista de finais do século XIX. Presenta matices humorísticos ou irónicos, así como novidades formais procedentes do modernismo. Está presente en No desterro e Vento mareiro. Non reproduce personaxes nin tipos galegos. Indagación e reivindicación das raíces da nosa cultura; a isto engádelle ademais novidades formais de finais do S. XIX.
1.d O modernismo
Nalgúns poemas de No desterro hai elementos modernistas: musicalidade do verso, busca da evasión, creación de ambientacións exóticas ou medievais, forza dos elementos sensoriais (cores, sons...).
2. Poesía narrativa
- 1925: O bendito San Amaro. Obra na que se refire á lenda deste Santo da tradición popular do Salnés. Conta o pecado, a penitencia e os milagres de Amaro de Aventei.
- 1926: Na noite estremecida. O poeta recupera os temas da materia de Bretaña: as lendas do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda, ou a procura do Santo Graal, situando a acción en Galicia. Publicouse na época do galeguismo europeizante (Grupo Nós e Seminario de Estudos Galegos: unión cultural de Europa a Galicia e viceversa).
Tradición Bretoa: Cabanillas fala de Artur e historias tradicionais de Bretaña (Bretaña francesa, tradición celta) e sitúaas en Galicia. Exaltación lírica de Galicia, carga ideolóxica nacionalista moi clara. Parte duns elementos céltico-artúricos a través dos cales se persegue a dignificación dos nosos valores culturais. Finalidade patriótica. O poemario consta de tres sagas:
- “A espada Escalibur”, custodiada na illa de Silvora. Conta quen poida sacar a espada da rocha, convértese en rei, e ese foi Artur.
- “O cabaleiro do Santo Graal (esperanza no futuro)”, que amosa Galibaz como o cabaleiro que atopa o cáliz da Derradeira Cea no Cabreiro. Artur pide aos seus cabaleiros que partan na procura do Graal. Xosé de Arimatea recolleu o sangue de Cristo con ese cáliz.
- “O sono do rei Artur”. Fálanos da morte de Artur. Eles pensaban que estaba nun sono pero que espertaría, descanso eterno nunha furna á espera de novos tempos. É unha viaxe que promete volver en tempos de gloria, e o que proferiu o mago Merlín.
A obra pretende facer unha exaltación lírica de Galicia, ao tempo que amosa unha carga ideolóxica con base nacionalista, porque parte duns elementos céltico-artúricos dos cales se persegue a dignificación do noso pasado e dos nosos valores culturais.
- 1949: Camiños no tempo. Poesía narrativa e lendaria dos anos 20.
- 1958: Salmos. Presenta a vida comunitaria do mosteiro de Samos (Cabanillas pasou un tempo nel). É un poemario didáctico e descritivo, e contén poemas relixiosos.
Obra teatral
Cabanillas, consciente da importancia do teatro como medio de popularización da nosa historia e da nosa cultura, publicou dúas pezas:
- 1921: A man de Santiña. Comedia burguesa de costumes. Novidade: xente de ámbito social alto comunicábase en galego. Comedia de ton amoroso e ámbito fidalgo. Foi representada polo Conservatorio Nacional de Arte (I.F. coruñesa). Personaxes: Ricardo, Marirrosa e Santiña. Contido: Ricardo regresa das Américas con fortuna despois de 7 anos. Marirrosa, que aínda lle conserva o seu antigo amor, sospeita, por certos indicios, que el de quen realmente está namorado é da súa curmá, Santiña. Outros personaxes secundarios que opinan o mesmo contribúen a fomentar o equívoco, que se resolverá co encontro amoroso entre Ricardo e Marirrosa.
- 1926: O Mariscal. Drama centrado na figura do mariscal Pedro Pardo de Cela, símbolo da oposición galega aos Reis Católicos. É unha obra posta ao servizo do ideario das Irmandades da Fala. Traxedia en verso, centrada na figura de Pedro Pardo de Cela, símbolo da rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno (Galicia). Reinterpreta en clave nacionalista un feito histórico: a execución do mariscal Pardo de Cela en 1483.
Contido:
Os feitos ocorren no castelo da Frouxeira, nas inmediacións da Fronteira de Mondoñedo, propiedade do Mariscal Pedro Pardo de Cela (señor feudal que posuía case todas as terras de Galicia no S. XV). Vai ser traizoado polos seus criados, será executado na Praza Maior de Mondoñedo co seu fillo, acusado de rebelión polos Reis Católicos. Ao final, Dona Isabela, muller do Mariscal, cando está entrando en Mondoñedo para deter a execución, é interceptada por dous cóengos (curas) na chamada ponte do Pasatempo, de xeito que cando chega á praza maior comproba que o seu marido e fillo xa foron executados.
A intencionalidade das Irmandades da Fala: tomaron o mariscal como mártir da nacionalidade galega oprimida.
Galicia no primeiro terzo do século XX
As loitas agrarias e as Irmandades da Fala, a lírica entre dous séculos (Antonio Noriega Varela), a lírica das Irmandades (Ramón Cabanillas).
As loitas agrarias
- 1914: Primeira Guerra Mundial.
- 1917: Revolución Rusa liderada por Lenin, Trotski, Bukharin e Stalin.
- 1923: o xeneral Primo de Rivera comeza unha ditadura.
Sociedade
- Fidalguía e Igrexa: donos das terras.
- Sistema de explotación das terras. Foro: Contrato verbal polo cal unha persoa cede a outra terras para a súa explotación a cambio de diñeiro e os produtos da terra.
- Emigración a América: 90% da poboación, campesiños e mariñeiros. Os campesiños pagaban as débedas grazas ao diñeiro da emigración.
Transformación
- Caída da fidalguía: redención dos foros (1926).
- Asociacións galegas: Solidariedade Galega (1907) e Acción Galega (1910), fundada polo cura de Beiro, Basilio Álvarez.
- Declive dos caciques: Persoa que, aproveitándose da súa influencia ou diñeiro, intervén abusivamente no goberno e administración dunha vila ou comarca.
- Medran as vilas e cidades: desenvolvemento da industria e do comercio. Xorden a burguesía e o proletariado: industrias conserveiras e da construción naval.
- Sociedade galega: ámbito rural (agricultura), ámbito urbano (industria e comercio).
- Importancia dos sindicatos obreiros. Reclaman:
- Mellora salarial, descanso dominical, xornada laboral de 8 horas diarias e dereito á xubilación.
As Irmandades da Fala
Agrupación galeguista.
Orixe: A Coruña (Irmandade da Fala coruñesa), 1916.
Obxectivos
- Defensa da lingua galega e mais da cultura, cooficialidade do castelán e galego.
- Denuncia dos problemas e do atraso de Galicia.
- Afirman que Galicia é unha nación, debe contar cun poder político propio.
Autonomía integral: Parlamento e goberno propio dentro do Estado Español.
Evolución das Irmandades
- 1918: I (Primeira) Asemblea Nacionalista (Lugo). Xerme do nacionalismo: Antón Villar Ponte, Castelao, Antón Losada Diéguez, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo... Tamén reclaman os dereitos da muller.
- 1921: II (Segunda) Asemblea Nacionalista (Monforte). Impúxose a corrente cultural.
Labor cultural das Irmandades da Fala
- Emprego da lingua nos diferentes ámbitos da vida pública: ensino, administración, actos culturais e políticos, etc.
- Potenciación da actividade editorial: o xornal A Nosa Terra (voceiro das Irmandades, 1916-1936), as editoriais Lar e Nós e a revista Céltiga.
- Desenvolvemento do teatro: fúndase o Conservatorio Nacional de Arte (1919), Escola de Arte Dramática para formar actores.
- Creación do Seminario de Estudos Galegos (1923). Fixo traballos de investigación e interpretación da realidade de Galicia (etnografía, xeografía, historia, artes plásticas, etc.) da man de profesores e estudantes universitarios (Xosé Filgueira Valverde, Bouza Brey, Lois Tobío Fernández, Armando Cotarelo Valledor...).