Literatura Galega de Posguerra: Xeracións e Autores Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,43 KB

A Xeración do 36 (1910-1920)

Publicaron obras antes, pero os seus mellores poemarios son desta época.

Celso Emilio Ferreiro: Poesía Social e Íntima

Estivo detido no mosteiro de Celanova, onde escribiu Longa noite de pedra. O título é unha boa metáfora da ditadura franquista. A súa é poesía social, pero tamén tratou temas como:

  • Temática social: Denuncia inxustizas e expresa solidariedade cos desfavorecidos. Obra destacada: Longa noite de pedra.
  • Temática intimista: Lembra un pasado feliz na súa terra natal. Obra destacada: Onde o mundo se chama Celanova.
  • Temática satírica: Humor crítico e duro sarcasmo que denuncia a mesquindade do ser humano. Obra destacada: Viaxe ao país dos ananos.

Usa unha lingua coloquial que lle resulta doada ao lector, e emprega metáforas e símbolos.

A Promoción de Enlace (1920-1930)

Actuou como ponte entre a Xeración do 36 e a Xeración do 50.

Luz Pozo Garza: Poesía Intimista e Social

Ten, por un lado, poemas intimistas e, por outro, poemas sociais. Mostra influencia da pintura e da música. Obras destacadas: Códice calixtino ou O paxaro na boca.

Xeración das Festas Minerva ou dos 50 (1930-1940)

O seu nome débese aos certames poéticos da Universidade de Santiago. Todos son monolingües en galego e manteñen un compromiso político durante a ditadura.

Uxío Novoneyra: Natureza e Brevidade

Natureza grandiosa ante a que o home é un ser insignificante. A súa é poesía social, caracterizada pola brevidade dos versos.

Manuel María: Obra Extensa e Variada

A súa obra é extensa e moi variada.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Poesía e Compromiso

Comezou coa NNG e é un dos narradores máis importantes das letras actuais. A súa obra Con pólvora e magnolias marcará as obras posteriores.

A Narrativa de Posguerra en Galicia

Narrativa realista centrada nos problemas de Galicia. Destaca Xosé Neira Vilas e xorde un novo movemento, a NNG (Nova Narrativa Galega), un movemento renovador con trazos semellantes a outras literaturas do momento.

Xosé Neira Vilas: Realismo Rural e Emigración

Crea unha narrativa realista de espírito crítico centrada na Galicia rural e na América da emigración. A Galicia de posguerra, chea de miseria, opresión e prexuízos, está dominada polo poder civil e relixioso. O protagonista pode ser infantil ou adulto. O mundo da emigración parece a única saída para fuxir, pero ao chegar xorden novos problemas como o illamento, a morriña ou o fracaso.

A Nova Narrativa Galega (NNG): Características

  • Espazo: Universos urbanos.
  • Tempo: Saltos temporais.
  • Personaxes: Protagonistas colectivos e individuos anónimos.
  • Narrador: Pluralidade de voces, monólogo interior.
  • Idioma: As novas realidades e os novos temas esixen unha reconfiguración do galego literario.

Xosé Luís Méndez Ferrín: Narrativa e Compromiso

Participou na creación de novos partidos de esquerdas e estivo no cárcere por motivos políticos.

  • Percival e outras historias: 14 relatos que combinan o fantástico co real. Temas: violencia, odio, terror e morte.
  • Crepúsculo e as formigas: Personaxes que se dirixen a un tráxico destino. Temas: violencia, morte, pobreza e seres marxinados.
  • Arrabaldo do norte: Primeira obra influenciada por algo francés, que precisa a descrición dos obxectos. Desenvólvese nun arrabaldo urbano.

Carlos Casares: Innovación e Realidade Galega

Combinará as innovacións coa volta ao país concreto.

  • Vento ferido: 12 relatos con espazo e personaxes baseados na realidade galega. Os temas xiran arredor do sufrimento vital nunha realidade hostil.
  • Cambio en tres: Historia dun inmigrante galego en Francia. Mestúrase o narrador en primeira persoa (testemuña) co narrador en terceira persoa. Úsase o monólogo interior.

María Xosé Queizán: Narrativa Feminista

  • Orella no buraco: Vida dun inmigrante fracasado que regresa a Galicia. As súas obras posteriores abordan problemas sociais diversos desde unha perspectiva feminista.

Entradas relacionadas: