Literatura Galega de Posguerra: Unha ollada ao Socialrealismo e á Renovación da Prosa

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,63 KB

O Socialrealismo

Nos últimos anos da posguerra (1962-1975) apareceu o socialrealismo. A obra que o inicia foi Longa noite de pedra (1962), de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979). A publicación deste poemario, que tivo un éxito enorme de crítica e público, supuxo un cambio radical na poesía galega de posguerra, iniciando unha nova tendencia estética. Esta obra denuncia a inxustiza e a opresión do réxime da ditadura que se estaba a vivir en Galicia e constitúe unha aposta pola liberdade e a esperanza. Quizais a causa deste éxito, quedaron escurecidas outras facetas da obra de Celso Emilio Ferreiro, que fora nos anos 50 un dos poetas intimistas máis destacados (O soño sulagado, 1955).

O triunfo do socialrealismo supuxo que a poesía intimista pasase a estar menos valorada. Cómpre ter en conta, ademais, que algúns dos principais representantes desta tendencia, como Pimentel e Iglesia Alvariño, xa estaban mortos.

Os cultivadores do intimismo quedaron nun segundo plano, sendo acusados de escapismo e de falta de compromiso coa transformación política e social que se estaba a dar no país. Entre os representantes do socialrealismo, ademais de Celso Emilio Ferreiro, podemos engadir a Manuel María (Outeiro de Rei, 1929-2004). Este poeta, autor dunha obra moi irregular, evolucionou desde o existencialismo da Escola da Tebra cara a unha poesía de compromiso colectivo que aspira á liberdade e que pretende facer ao lector consciente da súa identidade galega.

Tamén se achegan a este movemento as primeiras obras poéticas de Méndez Ferrín e parte da obra de Uxío Novoneyra.

O predominio da estética socialrealista non remataría ata 1976, data na que sairía á luz o poemario Con pólvora e magnolias, de Xosé Luís Méndez Ferrín, co que se inicia unha nova etapa para a poesía galega.

A Prosa entre 1936 e 1976: Os Renovadores da Prosa (Fole, Blanco-Amor, Cunqueiro e Neira Vilas)

Introdución

Os anos que seguiron á Guerra Civil impuxeron un silencio obrigado na literatura galega. Algúns autores seguiron publicando desde o exilio e impulsaron as ideas galeguistas. Na nosa terra, entre 1936 e 1950, houbo un tempo de censura, persecución lingüística, deserción e desaparición de autores; tamén había problemas de escaseza de público e falta de infraestruturas culturais. A primeira novela da posguerra foi A xente da barreira, de Ricardo Carvalho Calero, en 1950. Nesta mesma data tivo lugar un importante acontecemento que se pode considerar como un dos feitos máis importantes da literatura galega de posguerra: a fundación da Editorial Galaxia.

Esta editorial ten persoeiros cun protagonismo nos anos anteriores á Guerra Civil. O obxectivo deste grupo de intelectuais era servir de transmisores dos ideais galeguistas a aquelas xeracións que naceran na década dos 30 e nos primeiros anos dos 40. O proxecto de Galaxia era normalizar a cultura galega.

A Obra Narrativa de Eduardo Blanco-Amor

(Ourense, 1897-1979). É autor dunha obra en prosa non moi ampla pero de grande mérito e moi recoñecida pola crítica. A súa produción anterior a 1936 é moi pouco coñecida. Toda a obra prosística de posguerra de Blanco-Amor constitúe un único macrotexto que supón unha panorámica histórica e social de Galicia e que presenta unha serie de puntos comúns, ao estar centrada nun único espazo literario, un tempo maioritario (finais do século XIX e principios do XX) e unha sociedade (a de provincias, hipócrita e xerarquizada); ademais, ten un punto de vista en 1ª persoa. Os personaxes pertencen ás capas populares da sociedade e os espazos son resoltamente sórdidos ou, cando menos, sombrizos e magoantes, lográndose o efecto dunha pintura naturalista da sociedade centrada nos aspectos fortes, crus e vitais. O estilo é directo e natural, aínda que a lingua literaria está construída a partir das estruturas sintácticas populares. A obra máis celebrada de Blanco-Amor é A esmorga (1959), novela que recolle renovacións propias da literatura do seu tempo. Destacou a orixinalidade do seu estilo, os personaxes que están caracterizados de forma indirecta (a través das súas falas e comportamentos) e o valor simbólico das súas referencias espaciais. A súa seguinte publicación, Os biosbardos (1962), é un conxunto de sete relatos curtos que teñen como protagonistas a nenos que sofren a causa de circunstancias psicolóxicas, físicas ou económicas. Tamén destaca Xente ao lonxe (1972), cuxa estrutura é moi complexa e usa a técnica cinematográfica. A súa historia trata dunha familia de activistas obreiros.

Entradas relacionadas: