A Literatura Galega de Posguerra: Realismo, Fantasía e Nova Narrativa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,64 KB
Grandes Autores da Narrativa Galega de Posguerra
Ánxel Fole: Realismo Popular
Obra e Contexto
- En Á lus do candil e Terra Brava, Fole testemuña as vivencias da **Galiza máis ancestral** da montaña de Lugo, onde se retira tras estar no cárcere. Incorpora **datos etnográficos** e un marco que dá unidade aos relatos.
- Na obra posterior (Contos na néboa, Historias que ninguén cre) incorpora espazos vilegos e desaparece o marco unificador.
Técnicas Narrativas
- Técnicas propias dos **relatos orais**: localizacións espazo-temporais, narrador en **primeira persoa** que dá testemuños de autoridade e interpela ao oínte, espontaneidade e discurso lineal.
- Inclusión de refráns e frases feitas, lingua dialectal e chea de castelanismos e dialectalismos.
- Presenza da **dimensión máxica** como trazo fundamental da cultura popular: poden ser intrigas detectivescas ou **fenómenos paranormais** (premonicións, aparicións fantasmagóricas, soños visionarios) conectados con crenzas sobre bruxas e demos, supersticións, maleficios, tesouros e lendas míticas como a **Santa Compaña** e tamén sobre os lobos.
- Interese pola **psicoloxía do home galego**, insistindo nos trazos humorísticos.
Álvaro Cunqueiro: Realismo Fantástico
Características Principais
- **Mundo positivo** a través da capacidade de soñar que ten o home. Incorpora un lector implícito capaz de imaxinar mundos cheos de sensualidade, cores, perfumes, sabores… afastados da pobreza cultural da posguerra. A melancolía aparece cando o paso do tempo leva aos personaxes a perder a súa capacidade de soñar.
- **Historias cheas de elementos marabillosos** e peripecias fantásticas, introducidos nun discurso realista, dotándoos de **verosimilitude**, porque os soños forman parte da realidade.
- **Culturalismo**: inspiración en elementos da cultura universal, retomando mitos do mundo artúrico, arábigo, mediterráneo e galego.
Novelas Destacadas
- Merlín e familia: retoma personaxes da **materia de Bretaña** situándoos en Galiza nun ambiente doméstico.
- As crónicas do sochantre: ambientada nas terras misteriosas da Bretaña francesa, relata historias de viaxeiros que resultan ser **ánimas que están a cumprir a súa penitencia**.
- Se o vello Sinbad volvese ás illas: retoma un personaxe de As mil e unha noites que está retirado pero segue a percorrer o mundo árabe a través das historias fantásticas das súas viaxes que conta no faladoiro de Bolanda, improvisando para loitar contra a incredulidade do seu auditorio e gañarse así o seu respecto.
Relatos
- Xente de aquí e dacolá, Os outros feirantes: Retratos de **tipos galegos** e de personaxes da mitoloxía popular.
Xosé Neira Vilas: Realismo Crítico de Denuncia
Estilo e Temática Central
- **Sinxeleza** para conectar emotivamente co lector, afastándose do experimentalismo.
- Presenza da **violencia** e do aniquilamento do individuo, da soidade e da incomprensión causada por un **sistema político inxusto** de marcada diferenza de clases, onde uns mandan e teñen todos os dereitos e outros teñen que vivir ao seu servizo, sen dereitos nengúns.
- Uso de **narrador protagonista** que nos conta a súa historia.
- Énfase no **espazo-tempo psicolóxico** sobre o real.
Temas Recorrentes e Obras
- **Visión negativa da Galiza rural**: pobreza, ignorancia, prexuízos, conformismo, **caciquismo**. Obras: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio.
- **Emigración**: morriña da terra, dificultade de adaptación, miseria… Obras: Camiño bretemoso, Historias de emigrantes.
- Outras obras: Tempo novo (sobre a revolución cubana).
A Nova Narrativa Galega
Autores e Obras Representativas
- **Xohán Casal**: O camiño de abaixo
- **Gonzalo Rodríguez Mourullo**: Nasce unha árbore e Memorias de Tains
- **Camilo González Suárez-Llanos**: Lonxe de nós e dentro e Como calquera outro día
- **Méndez Ferrín**: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas e Arrabaldo do norte
- **Mª Xosé Queizán**: A orella no buraco
- **Xohana Torres**: Adiós, María
- **Carlos Casares**: Vento ferido, Cambio en tres e Xoguetes para un tempo prohibido