Literatura Galega de Posguerra: Historia, Exilio e Autores
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,78 KB
Contexto histórico e consecuencias da Guerra Civil
As consecuencias da Guerra Civil (1936 – 1939) foron devastadoras para o país:
- Paso da República á ditadura fascista.
- Retroceso nos dereitos civís e fin das liberdades.
- Desigualdade estrutural entre homes e mulleres.
- Instauración do medo, a fame e a miseria.
- Exilio exterior ou interior.
A cultura galega entre 1936 e 1950
Durante este período, a cultura sufriu unha forte represión:
- Editoriais e bibliotecas foron saqueadas.
- As iniciativas científicas, como o Seminario de Estudos Galegos, foron ilegalizadas.
- Os autores e autoras que permaneceron en Galicia foron silenciados.
- Castelao publica os seus Álbums da guerra.
- No exilio, reorganízase o campo cultural galego.
- Imponse unha ideoloxía uniformizadora: o español será o único idioma oficial do Estado.
Personalidades da nosa cultura
- Encarceradas e/ou asasinadas: Ánxel Casal, Camilo Díaz Baliño e Xoana Capdevielle.
- No exilio: Castelao, Rafael Dieste e Luís Seoane.
- Silenciadas no interior: Ramón Cabanillas e Otero Pedrayo.
Recuperación cultural dentro de Galicia
A partir de mediados dos anos 40 comeza unha lenta recuperación:
- Ata 1946 case non aparecen libros en lingua galega.
- En 1947 publícase Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño.
- Xorden publicacións periódicas que recollen textos en galego.
- Vén á luz novas iniciativas editoriais que publican no idioma propio.
A literatura no exilio
Os principais destinos dos exiliados foron Cuba, México, Venezuela, Uruguai e, especialmente, Arxentina. Alí desenvolvéronse importantes accións culturais:
- Fundación de editoras e publicacións periódicas.
- Creación de colectivos teatrais.
- Emisión de programas radiofónicos en galego.
Xéneros literarios no exilio
- Poesía: As liñas máis relevantes son o neotrobadorismo, a poesía social e o intimismo. Destacan Florencio Delgado Gurriarán e Luís Seoane.
- Narrativa: O tema predominante é a Guerra Civil e as súas consecuencias. Destacan Ramón de Valenzuela e Silvio Santiago.
- Teatro: Conviven a tendencia costumista e a innovadora. Destacan Castelao e Blanco Amor.
- Ensaio: Búscase a reflexión sobre Galicia e o conflito bélico. O máximo expoñente é Sempre en Galiza de Castelao.
Luís Seoane: Intelectual e artista
Luís Seoane naceu en Bos Aires en 1910. Volveu a Galicia con 6 anos e mostrou un temperán interese pola pintura. Militou no Partido Galeguista (PG) e exiliouse en Bos Aires, onde mantivo unha vida cultural moi activa. En 1960 regresou a Galicia para poñer en marcha o Laboratorio de Formas de Galicia. Faleceu na Coruña en 1979.
A obra literaria de Luís Seoane
Na súa poesía reflíctense as experiencias da contenda e o drama da emigración, presentes en obras como Fardel de eisiliado ou A maior abondamento. A denuncia social é o motor de títulos como Na brétema, Sant-iago ou As cicatrices.
Características do seu estilo
- Linguaxe directa e creación de imaxes potentes.
- Alternancia de versos curtos e longos.
- Pouca atención á métrica tradicional.
"Na Galiza, ese vello pobo, carballo carcomido de raios e bestigos, loita, desde hai séculos, o home coas ratas."
Literatura galega de posguerra en Galicia
O artellamento de iniciativas editoriais foi clave para a supervivencia do idioma:
- Editorial Monterrey (1950).
- Editorial Galaxia (1950): Supuxo unha revolución cultural. Ao seu redor artellouse a renovación literaria e dirixiu os fíos da cultura galega durante décadas.
A Editorial Galaxia
Fundada por mocidade agrupada arredor do suplemento cultural do xornal La Noche, tivo como primeiro presidente a Otero Pedrayo. A súa primeira obra publicada foi Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas. Destacan as súas coleccións Illa Nova (narrativa) e os cadernos Grial.
A narrativa de posguerra
Os autores máis representativos son Blanco Amor, Ánxel Fole, Cunqueiro e Neira Vilas. As súas liñas temáticas inclúen:
- Continuación da narrativa de preguerra.
- Socialrealismo e inspiración na literatura popular.
- Realismo fantástico.
Eduardo Blanco Amor
Nado en Ourense en 1897, emigrou a Arxentina aos 19 anos, onde exerceu como xornalista. Regresou a Galicia en 1931 como correspondente e entrou en contacto coa Xeración do 27. Tras traballar cos exiliados en Bos Aires, afincouse definitivamente en Galicia en 1965. Morreu en 1979.
Trazos da súa narrativa
- O tema principal é o paso da infancia á idade adulta.
- Protagonistas nenos ou adolescentes (Os biosbardos, Xente ao lonxe).
- O espazo principal é Auria, trasunto literario de Ourense.
Obras fundamentais
- A esmorga (1959): Protagonizada polo Bocas, o Milhomes e o Castizo. Narra unha xornada de esmorga en Auria que remata en crime. Destaca polos seus tres niveis narrativos.
- Os biosbardos (1962): Contos autobiográficos ambientados nunha Auria desaparecida, narrados en primeira persoa por nenos.
- Xente ao lonxe (1972): Ambientada en Auria, segue o crecemento de Suso, un neno de clase popular.
Ánxel Fole
Nado en Lugo en 1903, militou no PG e colaborou na prensa da época. A guerra desorientouno e refuxiouse no rural lugués, o que intensificou a súa faceta como escritor. Morreu en 1986.
Estilo e temas de Ánxel Fole
A súa obra entronca coa tradición popular galega, actualizando mitos e lendas cunha linguaxe próxima á oralidade. Os seus temas principais son o misterio, o medo, a superstición e o humor, sempre en espazos rurais de Lugo.
Obras principais
- Á lus do candil (1953): 14 relatos.
- Terra brava (1955).
- Contos na néboa (1973).
- Historias que ninguén cre (1981).