Literatura galega: posguerra e actualidade
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,48 KB
Textos argumentativos
Administrativos
- Solicitude
- Reclamación
Xornalísticos
- Artigo de opinión
- Editorial
- Carta á dirección
Humanísticos
- Ensaio
Conectores
- De causa: xa que, porque, grazas a, posto que
- De consecuencia: xa que logo, polo tanto, en conclusión
- De oposición: así mesmo, pero, con todo
Xéneros xornalísticos argumentativos
- Artigo de opinión: é un texto no que o autor, case sempre unha persoa recoñecida, expresa as súas reflexións.
- Editorial: é un texto no que se reflicte a actitude do xornal ante unha cuestión.
Formación de palabras
- Composición: é un procedemento en que as palabras levan dous lexemas, por exemplo: vacaloura, augardente.
- Parasíntese: consiste en crear novas palabras a través da prefixación e sufixación simultánea, por exemplo: alaranxado, augardenteiro.
- Sinonimia: son sinónimos cando significan o mesmo.
- Sinónimos totais: saia e faldra.
- Sinónimos parciais: Tivolle sempre moita lei / Dálle sempre moito aprecio.
Bloques dialectais e fenómenos lingüísticos
Bloque occidental
Oeste da Coruña e Pontevedra. Gheada, terminación -án (irmán) para os dous xéneros, e plural en -ns (pantalóns). Seseo, aoa final da sílaba (lus, des) na parte occidental de Galicia.
Bloque central
Leste das provincias da Coruña e Pontevedra e case todo Lugo e Ourense. Gheada só no occidente, ausencia case total do seseo, terminacións -ao / -á (irmao-irmá), plural -s (pantalós).
Bloque oriental
Leste de Lugo e Ourense e algo de Castela e León e Asturias. Ausencia de gheada e seseo, terminacións -ao / -a, plural en -is (pantalois), pronome tu e formas verbais en -is (cantais).
A poesía da posguerra (I)
Desde o remate da Guerra Civil ata finais da década dos 40 apenas se publicaron libros en galego. Foi en 1947 cando Aquilino Iglesia Alvariño publicou Cómaros verdes. A recuperación poética de 1950: a colección Benito Soto en 1949 significou o primeiro intento da recuperación editorial da lírica galega. Máis tarde, a editorial Galaxia, a máis importante, tende a darlle un ambiente cultural, económico e ideolóxico importante, xunto con varias revistas. O silencio da posguerra fixo coincidir nun mesmo intre histórico tres xeracións:
- Xeración do 36: pertencen Celso Emilio Ferreiro, María Mariño, Álvaro Cunqueiro… Publicaron obras antes da guerra e despois sofrérona.
- A promoción de enlace: son escritores que se forman culturalmente baixo a ditadura, empezan a escribir obras en castelán e pásanse ao galego.
- Xeración das Festas Minervais: Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xohana Torres… Déronse a coñecer nos certames literarios composteláns.
A década de 1950: o intimismo
Tres temas
- Hiloxoísmo ou imaxinismo: humanización da paisaxe a través das imaxes (Cómaros verdes, 1947).
- Neotrobadorismo: inspiración na lírica popular e medieval, Cunqueiro (Dona do corpo delgado, 1950).
- Virxilianismo: lírica de estilo clasicista e de contido existencial e relixioso, Xosé María Díaz Castro (Nimbos, 1961).
A escola da tebra
É unha liña temática de carácter existencialista que reflicte o pesimismo, a angustia e a desesperanza. Manuel María (Muiñeira de brétemas, 1950). Tendencia paisaxista de carácter renovador: combina o intimismo coa fusión panteísta entre o ser humano e a terra natal. Uxío Novoneyra (Os eidos, 1955).
A década de 1960: socialrealismo
Celso Emilio Ferreiro é o principal autor do socialrealismo, cando en 1962 publica Longa noite de pedra, que está definida polos seguintes trazos:
- Sinxeleza expresiva: para que o poema resulte comprensible para un público amplo.
- Predominio da mensaxe ideolóxica.
- Uso de recursos como o humor, a ironía e o sarcasmo.
- A apertura lingüística do poema.
Poesía de posguerra (II)
Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e morreu en Vigo en 1979. Desenvolveu unha grande actividade cultural e política. Tras a guerra colaborou coa fundación Benito Soto. En 1966 emigrou a Venezuela. Foi sobre todo poeta, pero tamén cultivou a narrativa, como A fronteira infinda (1972). Temáticas:
- Socialrealismo: expresa o seu compromiso cívico con Galicia e coas clases populares (Longa noite de pedra, 1962).
- Intimismo: O soño sulagado (1954). Trata temas como a soidade, a angustia vital e o pesimismo.
- Sátira burlesca: unha variante irónica nos temas tratados no socialrealismo cun estilo vulgar e unha actitude sarcástica (Viaxe ao país dos ananos, 1968).
O seu derradeiro libro é Onde o mundo se chama Celanova (1975).
Poetas da xeración das Festas Minervais
Etapas
- Na década de 1950 comezan o seu labor literario.
- Na década dos 60, desde posicións ideolóxicas nacionalistas de esquerda.
- Desde finais dos 70 ata agora, cada poeta madura de forma diferente.
Poetas: Manuel María, Uxío Novoneyra, Xohana Torres, etc.
Poemas
Penélope (Xosé María Díaz Castro), Enterro do neno pobre (Luís Pimentel), A dama que ía no branco cabalo (Álvaro Cunqueiro), O paxaro na boca (Luz Pozo), Ai a túa risa noviña (Aquilino Iglesia Alvariño), Deitado fronte ao mar (Celso Emilio Ferreiro), Terra Chá-Pobo (Manuel María), Fiestra que clareas (Manuel Cuña Novás), Outro (Antón Tovar), Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro), Monólogo do vello traballador (Celso Emilio Ferreiro), Mensaxe desde o silencio (Celso Emilio Ferreiro), Letanía de Galicia (Uxío Novoneyra), Oda aos mariñeiros de Cangas (Bernardino Graña), Bando (Manuel María), Nai (Xohana Torres), Cantiga do amante preso (X. L. Méndez Ferrín).
Uxío Novoneyra
Naceu no Courel en 1930 e morreu en Compostela en 1999. Foi un dos poetas máis orixinais da posguerra. Os poemas Os eidos (1955) e Os eidos 2 (1974) defínense pola súa vivencia no Courel, dando lugar a unha fusión do ser humano e a natureza. Constrúe os seus versos perseguindo sempre a palabra esencial, depurada de adornos inútiles. A partir dos 60 experimenta coa tipografía, a escrita fonética e o caligrama. Non renunciou tampouco á poesía de compromiso social.