Literatura Galega: Narrativa e Teatro dos 80 e 90
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,79 KB
A Narrativa Galega dos Anos 80
Características Xerais
- Diversidade de temas e rexistros (literatura infantil e xuvenil).
- Consolidación das novas tendencias xurdidas nos anos 70 (a excepción do realismo sociolóxico ou a narrativa ruralista).
- Desenvolvemento da narrativa de xénero, da novela histórica e da narrativa urbana e experimental.
Autores Destacados
-
Víctor Fernández Freixanes: xornalista, editor e presidente da RAG.
- O triángulo inscrito na circunferencia: alterna os planos temporais e espaciais.
- O enxoval da noiva: novela histórica sobre a estirpe dos Borgia.
- A cidade dos césares: céntrase na Galicia mariñeira e emigrante.
-
Xavier Alcalá:
- A nosa cinza: novela de iniciación, infancia dun neno no franquismo.
- Fábula: obra de temática social que evoca os tempos da Guerra Civil.
- Cultiva novelas de aventuras que narran a epopea dos galegos como pioneiros en Sudamérica, como Alén da desventura e Latitude austral.
-
Alfredo Conde:
- Xa vai o Griffon no vento: novela histórica que combina a Compostela renacentista e a Provenza contemporánea.
- Sempre me matan: historia dunha dinastía familiar galega con relacións coa emigración e referencias aos círculos do poder político e social.
-
Carlos G. Reigosa: cultiva a novela policíaca e a novela negra.
- Crime en Compostela: considerada o inicio desta corrente, dá orixe a unha serie de novelas (O misterio do barco perdido, A guerra do tabaco).
- Narcos: novela de aventuras.
- Pepa a loba.
-
Suso de Toro:
- Comeza seguindo unha liña experimentalista e innovadora que busca romper co discurso tradicional.
- Polaroid, Land Rover ou Tic tac: mostran a realidade fragmentada e os conflitos dunha sociedade urbana, con linguaxe coloquial.
- Seguirá cunha liña máis convencional caracterizada pola intriga e a habilidade narrativa, como en Calzados Lola e Trece badaladas.
A Narrativa Galega dos Anos 90
Características
- Afianzamento do xénero novelesco.
- O paso á narrativa de autores que comezaran a súa carreira literaria no eido da poesía.
- Acentúase a tendencia á diversificación xenérica, eclosión da novela negra (Bieito Iglesias, Aníbal Malvar).
- Ficción futurista (Caride Ogando), novela de terror (Xosé Miranda).
Autores
- Manuel Rivas: libros de relatos como Un millón de vacas ou Que me queres, amor?, cun estilo cheo de lirismo.
-
Xohán Cabana:
- Galván en Saor: mestura o pasado mítico coa realidade actual.
- Fortunato de Trasmundi: novela que remite a un mundo paralelo.
- O cervo na torre e Morte de rei: recrean episodios da Idade Media.
-
Xurxo Borrazás:
- Criminal: retrato da mentalidade dun asasino.
- Eu é, Na maleta ou Ser ou non: obras destacadas.
O Teatro Galego
A Promoción dos 80
Características
- Desencanto fronte á utopía das esquerdas e maior subxectivismo e intimismo.
- Ambientación urbana e temática do cotián.
- Incorporación do humor, do irracional e do onírico.
- Preocupación formalista: intertextualidade, culturalismo...
- Entrada á reflexión metateatral.
Autores
-
Xesús Pisón:
- Pauto: unha reflexión sobre o poder da Igrexa.
- Ei Feldmühle!: aborda a denuncia ecolóxica ao reprobar o cultivo masivo do eucalipto.
- Venenos e as seis pezas curtas do Teatro-minuto: céntranse na dificultade das relacións humanas e xogan co experimentalismo de técnicas como a falta de anotacións teatrais.
-
João Guisam Seixas:
- Um cenário chamado Federico (1985): personificación de elementos da escenografía.
- Teatro para se comer: obra estruturada a xeito de menú na que critica o sistema cultural establecido.
A Promoción dos 90
Características
- Preocupación pola forma.
- Exploración de novos subxéneros e estéticas.
- Maior preocupación pola escenografía que polo texto.
- Recuperación da comedia.
Autores
- Cándido Pazó: combina a actualidade social co humor e a ironía en obras como A piragua (2007). Tamén combina o teatro con espectáculo monolingüístico, como en Memorias dun neno labrego ou Decamerón.
-
Raúl Dans: trata nas súas obras a identidade do individuo, tanto no mundo urbano como no rural.
- Water-look: ambiéntase nos ambientes marxinais do mundo urbano.
- Matalobos e Estrema: obras que reflicten certas claves do mundo rural.
- Lugar: trata o reencontro do protagonista co seu pasado, marcado pola desaparición da súa aldea baixo un encoro.
O Grupo Abrente
Características Comúns dos Dramaturgos
- Son persoas do teatro.
- Impulsaron a profesionalización do sector.
- Crearon un teatro comprometido coa realidade social e política do país.
- Exploraron novas formas estéticas, incorporaron achados do teatro contemporáneo e actualizaron vellas fórmulas.
- Conseguiron a plena normalización lingüística da escena galega.
Autores
-
Manuel Lourenzo:
- Revisa os mitos clásicos, como en Fedra.
- Xoana: a dificultade das relacións interpersoais.
- O circo da medianoite: obras de teatro sen palabras.
- Veladas indecentes.
-
Eloy R. Ruibal:
- Trata temas como a Guerra Civil en Zardigot.
- Maremia: céntrase na problemática ambiental.
-
Roberto Vidal Bolaño:
- Crítica ao poder establecido, como en Laudamuco, señor de ningures.
- Agasallo de sombras: céntrase na figura de Rosalía de Castro.
Liñas Temáticas do Teatro de Finais do Século XX e Século XXI
- O teatro da crítica social.
- O culturalismo.
- O neorruralismo.
- A intertextualidade.
- O teatro histórico.