A Literatura Galega na Posguerra: Resistencia Cultural baixo o Franquismo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,16 KB
O Franquismo e a Represión Cultural en Galicia
O franquismo, como réxime totalitario que foi, desprezou a cultura en canto expresión de liberdade e de tolerancia, e exerceu a censura máis férrea sobre todo tipo de producións e actos culturais. Como expresión política da visión máis obstinada e intolerante dunha España centralista, intentou a eliminación sistemática das linguas e das manifestacións culturais propias.
O Rexurdir Literario: Editoriais e Primeiras Obras
A partir de finais dos anos 40 prodúcese un lento e traballoso proceso de restauración das canles de difusión da literatura na nosa lingua. Adoita indicarse como punto de partida o ano 1947, cando Aquilino Iglesia Alvariño publica en Vilagarcía de Arousa o seu libro Cómaros verdes. En 1949 aparecen as editoriais Monterrey (Vigo), impulsada por Xosé María Álvarez Blázquez e Luís Viñas Cortegoso, que publicou diversas obras de autores da época como Otero Pedrayo, e Bibliófilos Gallegos. En 1950 nace a Editorial Galaxia.
Tendencias da Poesía Galega de Posguerra
A poesía galega deste período divídese en varias tendencias principais:
- Liñas estéticas continuadoras da preguerra: como o Neotrobadorismo (onde destacan Álvaro Cunqueiro, Xosé María Álvarez Blázquez) ou o Paisaxismo (con María Mariño ou Aquilino Iglesia Alvariño).
- Poesía de angustia e preocupación existencial (Escola da Tebra): con autores como Manuel María ou María Mariño.
- Intimismo e preocupación intelectual: con Luz Pozo Garza e Aquilino Iglesia Alvariño.
- Clasicismo e Culturalismo: con autores como Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carballo Calero.
- Socialrealismo: con Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.
A Xeración do 36: Autores e Obras Destacadas
Nesta etapa constitúese a Xeración do 36. Esta xeración, cuxos membros naceron entre 1910 e 1920, apóiase no traballo feito polas xeracións anteriores, como a Xeración Nós ou a Xeración do 25. O franquismo condenou ao exilio a moitos autores desta xeración. Algúns dos autores máis importantes son:
- María Mariño: con obras como Palabra no tempo e Verba que comeza. Esta autora caracterízase por un intimismo orixinal e un gran manexo da lingua.
- Aquilino Iglesia Alvariño: Publicou obras como Señardá, Corazón ao vento, Cómaros verdes, De día a día, etc. Caracterízase polo paisaxismo, culturalismo e calidade rítmica.
- Xosé María Díaz Castro: Escribiu Nimbos. Esta obra representa a frustración histórica da sociedade galega.
- Valentín Paz-Andrade: Aínda que adoita asociarse á Xeración do 25, a súa obra tivo continuidade neste período. Presenta obras como Sementeira do vento ou Cen chaves de sombra, considerada obra civil.
- Luís Pimentel: Tamén pertencente á Xeración do 25, é autor de Sombra do aire na herba, obra con influencia vangardista.
- Celso Emilio Ferreiro: A súa obra presenta tres liñas temáticas principais:
Liñas Temáticas na súa Obra:
- Social: Obras como Longa noite de pedra, que é unha defensa do idioma e denuncia os males sociais.
- Intimista: As obras máis importantes son O soño sulagado e Onde o mundo se chama Celanova.
- Irónica: Onde destacan Viaxe ao país dos ananos, Cantigas de escarnio e maldicir e Antipoemas.