Literatura Galega na Posguerra: Autores e Xeracións Clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 1,59 KB
O Contexto da Literatura Galega Tras a Guerra Civil
O brillante panorama acadado pola literatura galega no transcurso do primeiro terzo do século XX queda truncado co inicio da Guerra Civil. Comeza unha fase de silencio e de paralización da vida política e cultural. A represión e persecución que sofre a lingua galega por parte do réxime supón que desapareza case por completo da produción literaria. Estaba prohibido o galego na escola, na administración ou na xustiza.
Mentres Galicia enmudece, no exilio americano, prosegue o labor político e cultural a favor de Galicia. Este silencio prolóngase ata 1950, ano no que ten lugar a creación da Editorial Galaxia, un fito fundamental para a recuperación cultural.
A Narrativa Galega de Posguerra
Nos anos cincuenta continúan o seu labor literario en galego escritores procedentes da etapa anterior, como Otero Pedrayo. Pero os autores máis significativos da narrativa do momento van ser: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole.
A Nova Narrativa Galega (Anos Sesenta)
Nos anos sesenta aparece unha xeración que se denominará «Nova Narrativa Galega» e que vai renovar a nosa literatura mediante a incorporación de novas técnicas e novos temas. Intégrana autores como:
- Xosé Luís Méndez Ferrín
- Carlos Casares
- Xohana Torres
- María Xosé Queizán
- ...
Autores dos Anos Setenta
A partir dos setenta danse a coñecer autores como Alfredo Conde, Xosé Fernández Ferreiro, Xavier Alcalá...