Literatura Galega: Irmandades da Fala e Vanguardas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,8 KB

Literatura Tema 1

Irmandades da Fala: Foron unha serie de grupos galeguistas, aos que estiveron ligados practicamente todos os escritores da época, que se formaron a partir de 1916 para potenciar a lingua galega. O seu principal papel foi no desenvolvemento da literatura antes da Guerra Civil. Loitaron pola presenza do galego no ensino e o seu uso nos actos públicos, e potenciaron a difusión de xéneros literarios como o teatro e a narrativa, aínda que moitos tamén cultivaron a poesía. Destacan Ramón Cabanillas e Antonio Noriega Varela. Ramón foi considerado, e é considerado, o poeta máis importante desta época. A poesía dos primeiros anos do século XX está marcada pola estética do Rexurdimento e tivo a súa inspiración nas tres grandes figuras deste período: Curros, Rosalía e Pondal.

Ramón Cabanillas

(Fefiñáns-Cambados, 1876-1959) é considerado o poeta máis importante de comezos do século XX. Conxugou a influencia da tradición do Rexurdimento con elementos renovadores do modernismo hispanoamericano. Na súa poesía hai pegadas de Curros, Pondal e Rosalía. Publicou 10 libros de poemas, 6 antes da guerra. Tamén formou parte das Irmandades da Fala, aínda que a súa traxectoria literaria o individualiza, dándose a coñecer unha personalidade que lle permitiu ser o “Poeta da Raza”.

Tamén participou en moitos acontecementos políticos e culturais, como o movemento agrarista, e converteuse nun símbolo literario do nacionalismo de preguerra, participando tamén no Seminario de Estudos Galegos, na Real Academia Galega en 1920, e na Real Academia Española (1929). A súa obra é complexa, plural e de difícil estudo pola súa amplitude e polas diversas liñas de sentido que a cruzan, meténdose en materia de Bretaña, o parraafealismo, o misticismo e o costumismo. Continúa coa poesía galega decimonónica e oposto ao vangardismo dos primeiros anos do século. Tiña dúas tendencias:

A) Poesía Lírica

É a primeira en xurdir. En 1910 Ramón chega á Habana e comeza a escribir poesía en galego, e xorde a inclinación a identificarse con Curros, que vivirá o exilio na mesma cidade ca el. A poesía social é só unha das vertentes temáticas ensaiadas por Ramón. As súas primeiras obras foron: No desterro (1913), Vento mareiro (1915) e Da terra asoballada (1917), que mestura poemas cívicos de carácter agrarista con outros máis intimistas que se centran principalmente no amor, relixión, política, etc., como A rosa de cen follas. O seu último libro pertencente a este primeiro grupo é Da miña zanfona.

B) Poesía Épica

Abrangue catro libros de poemas: Na noite estrelecida, O bendito San Amaro, Samos, Camiños no tempo. No ámbito da poesía narrativa apréciase o verdadeiro Ramón Cabanillas. O bendito San Amaro está formado por un poema longo de 84 versos octosílabos, centrado na vida e milagres do santo. Camiños do tempo reúne os textos de poesía narrativa anteriores, e Samos é un poema épico didáctico de inspiración relixiosa, centrado na descrición da vida da abadía benedictina. Pero a súa obra épica máis importante é Na noite estrelecida (1926), influída polo celtismo que enlaza a Galicia coa lenda do Santo Graal. O libro está dividido en tres sagas: A espada Escálibur, O cabaleiro do Santo Graal e O sono do rei Artur.

Antonio Noriega Varela e outros

(Mondoñedo 1869-1947) deuse a coñecer coa publicación de Montañesas (1904), conxunto de composicións poéticas que se adscriben á liña costumista do século XIX, pero cunha forza expresiva non acadada desde Cantares Gallegos de Rosalía. Trátase de cadros do mundo rural, que mostran a dureza da vida ou a vivacidade das festas. A temática é a vida da montaña luguesa, a paisaxe e costumes labregos, recollendo a súa lingua dialectal. A partir de 1920 iníciase unha segunda etapa na obra do escritor. Os motivos da súa poesía son os mesmos, pero hai un cambio estético cara a unha lírica máis intimista, de diálogo coa natureza. O poeta canta as cousas humildes con espírito franciscano, pero con técnica simbolista. Non aparece a figura humana agás en contadas ocasións. En realidade, Varela pode considerarse un autor dun só libro, xa que a maioría das composicións de Montañesas reaparecen nalgúns casos con variacións en Do ermo. A última edición deste libro do poeta foi considerada como o libro que recolle todas as súas obras. Noriega estaba influenciado pola poesía portuguesa e apostou por unha lingua máis culta e depurada, polo esteticismo, uso do soneto, etc. Os sonetos constitúen o punto culminante da produción poética do autor, que podemos situar a partir de 1929, que é cando sae a segunda edición de Do ermo, dotados dunha linguaxe culta e cun estilo marcado. Sitúase nun mundo bucólico e a natureza é o elemento central. Destacan outros poetas da época das Irmandades como Xeraldo Álvarez Limeses, Gonzalo López, Victoriano Taibo e Xosé Crecente Vega.

As Vangardas (Introdución)

O vangardismo é un conxunto de movementos de renovación estética que se desenvolven en Europa no primeiro terzo do século XX e que revolucionaron a arte en xeral, pero a literatura en particular, rompendo coa tradición. Os diferentes movementos vangardistas reciben o nome de “ismos”, que comparten unha serie de características xerais, como a defensa da liberdade creativa, gusto pola orixinalidade, ruptura do racionalismo, defensa da estética da arte, predominio da metáfora. Algúns movementos vangardistas máis coñecidos son o futurismo, o cubismo, o dadaísmo, o ultraísmo, o surrealismo e o creacionismo.

As Vangardas na Literatura Galega

:A poesía galega viviu unha renovaciuon moi importante nos

anos 20, cando as correntes vanguardistas cheagaron a literatura galega, cultivadas por  unha serie de mozos nacidos arredor de 1900 que foron a xeracion de 1925, que xuntaron  o nacionalismo coas ansias de cambio estético. Este cambio marcou as fronteiras entre a poesía

 dos Mestres de séculoXIX, a vontade de renovación da arte galega, e perivencia de certos  trazos tradicionais.Os dous principios divulgadores da vangarda en Galicia foi Vicente Risco,  pero hai que destacar neste a publicación de ¡Máis Alá!, de Manuel Antonio e Álvaro

 Cebreiro.Este texto foi feito para a mocidade galega, para que rompan os lazos co pasado , a diferencia doutros manifiestos, este defende principios como o individualismo e a defensa do galego. Os autores vanguardistas difundiron a súa obra a través de revistas creadas nos  anos 20 como Alfar, Cristal,Yunque, entre oitras…

AS PRINCIPAIS TENDENCIAS DO  VANGARDISMO GALEGO:Pódese distinguir 3 grandes tendencias:

A)O imaxinismo:Foi a corrente que deixou unha gran pegada na época, porque toma como punto de partida o paisaxe tradicional que esta inspirado pola poesía popular, o seu creador e representante foi Luís Amado Carballo(Pontevedra 1901-1927), que publicou 2 libros de poema: Proel(1927) e o Galo(1928), a paisaxe está humanizada a través das imaxes , que é a protagonista dos poemas nos que sE diluen a vos poética e os humanos, ademáis non aparece o verso libre.

B)O NEOTROBADORISMO:

Éa nosa achega vanguardista máis orixinal.Trátase dun movemento galego dos anos 20 e que se inspira na poesía galega medieval. Foi iniciado por Xoán Vicente Viqueira e tivo como represen tantes a Fermín Bouza , autor de obras como “Seitura”,e Álvaro Cunqueiro(Mondoñedo,1911-1981)con  obras como “Cantiga nova que se chama ribeira” en 1933, ou “Dona de corpo delgado”na  posguerra. O neotrobadorismo tivo continuidade ata a actualidade. Outros autores que traballaron esta tendencia foron Xosé María Álvarez Blázquez.

C)VANGARDISMO EUROPEO:

Os autores que mais se aproximan a esta tendencia son:Manuel Antonio(RIanxo), que é o poeta  mais orixinal da literatura de preguerra. A súa obra caracterízase pola ruptura da tradición  literaria galega, xa que pensa que é continuadora dos poetas do Rexurdimento. A súa  publicación máis importante é”De 4 en 4”(1928)este so publicou un libro na súa vida e o  resto da súa producion non saiu a luz ata 1972. A súa obra completa consta de:”Con anacos do  meu interior”, “Foulas”,” Viladomar”, “De catro en catro”, e “Sempre a máis despois”.De  Alvaro Cunqueiro podese destacar “Mar ao norde”, e na posguerra” Herba de aquí e acolá”, e de Luis Pimentel (Lugo(1895-1958) “Sombra do aire na herba” en 1959. 

Entradas relacionadas: