Literatura galega: Irmandades da Fala e Vangardas
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 6,07 KB
As Irmandades da Fala
Aos autores desta época chamóuselles epígonos porque seguiron as liñas marcadas polo Rexurdimento (Lamas Carvajal e Leiras Pulpeiro). Cabe mencionar dúas figuras importantes, cuxa poesía coñécese como de transición ou intersecular.
Antón Noriega Varela
Continuador da liña do Rexurdimento nos seus inicios, a súa poesía é social, posteriormente vai ser paisaxística.
Estilo:
- Visión poética e impresionista da natureza (neovirxilianismo).
- Humanización da paisaxe.
- Manifestación da súa relixiosidade (franciscanismo); na natureza ve corolarios de símbolos cristiáns.
- Sonetos cultos e con imaxes novas.
Obras: Do ermo.
Na súa obra distínguense dúas etapas:
- Carácter costumista e ruralista, dominio da lingua e métrica popular, gran musicalidade.
- Poesía elaborada, lectura de poetas latinos clásicos, Rubén Darío e Teixeira de Pascoaes; lingua coidada, uso de estrofas cultas (soneto).
Ramón Cabanillas
Na súa traxectoria poética distínguense catro etapas:
- De formación: emigra a Cuba, entra en contacto con intelectuais galeguistas e asume o compromiso de escribir en galego. No desterro e Vento mareiro. Influencia de Rosalía e Curros. Novidades de Rubén Darío. Poeta civil (labregos e caciques).
- Etapa galeguista: Da terra asoballada. Asume a voz do poeta civil, que loita polos intereses de Galicia (influencia das Irmandades).
- Etapa mitolóxica: (reorientación das Irmandades, máis culturalista) reconstrución do pasado mítico de Galicia. Na noite estrelecida.
- Etapa da posguerra: non publica nin escribe, agás algúns poemas de circunstancias durante a República e dous romances durante a guerra.
Obras:
- Da terra asoballada (temática social).
- Da noite estrelecida (poesía narrativa co influxo do modernismo).
- A rosa de cen follas (poesía intimista).
Estilo:
- Sempre ten un trasfondo social.
- Uso de imaxes para describir escenas.
- Influxo do modernismo e do saudosismo portugués.
Outros poetas
- Victoriano Taibo: liñas dos primeiros libros de Cabanillas: costumismo, lirismo intimista e conciencia cívica. Abrente.
- Xosé Crecente Veiga: elegancia e sobriedade coa que trata os temas populares. Codeseira, inspiración campesiña.
Vangardas (1910-1930)
Serie de movementos estéticos que queren abrir novos camiños á arte, rompendo coa tradición, non reproducíndoa, interpretándoa dende o punto de vista particular de cada artista.
Raíces
- Romanticismo: individualismo creador.
- Reflectir a sociedade industrial do século XX: dominio da tecnoloxía e a ciencia, preocupación pola Primeira Guerra Mundial, nova visión da vida humana:
- Existencialismo.
- Marxismo.
- Psicanálise.
Características
- Antisentimentalismo e deshumanización: busca dunha arte pura, apartada do ser humano, finalidade só estética.
- Uso poético do cotián.
- Renovación da linguaxe e da métrica.
- Total liberdade creativa.
Movementos vangardistas ou "ismos"
- Futurismo: creador Marinetti. Exalta a civilización mecánica, a velocidade, a técnica. Na linguaxe suprime a puntuación e prescinde de adxectivos.
- Cubismo:
- Pintura: Picasso: descomposición do obxecto en liñas e imaxes xeométricas.
- Literatura: Apollinaire: uso da tipografía dos versos para crear imaxes ("caligramas").
- Dadaísmo: creador: Tristan Tzara. Destrución da sociedade e cultura tradicional para crear outra baseada na irracionalidade e no absurdo.
- Surrealismo: defensa da creación artística pura, non mediatizada pola conciencia humana. Preocupan a escritura automática, que reflicte o mundo do subconsciente, dos soños.
Vangardismo galego
Comprometido coa sociedade galega, a lingua e a cultura.
Neotrobadorismo
Movemento que imita a poesía medieval.
Raíces: divulgación das cantigas galego-portuguesas. Esquemas métricos e temas do século XX.
Características:
- Perfección formal.
- Procedementos estilísticos medievais: paralelismo, refrán, leixaprén.
- Suxeita a estrofa, cómputo silábico e rima.
Representantes:
- Fermín Bouza Brey: Nao senlleira.
- Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira.
Hilozoísmo ou imaxinismo
Poemas compostos por unha sucesión de imaxes encadeadas (imaxinismo). Constante personificación da natureza.
Métrica:
- Sinxela.
- Formas populares: versos curtos, predominio de octosílabos.
- Rima constante.
Creador:
- Luís Amado Carballo: Proel, O Galo. Combina imaxes vangardistas con estrofas populares, baseada na paisaxe.
Creacionismo
- Manuel Antonio: De catro a catro. Esta obra está baseada en sentimentos e experiencias vividas nunha travesía mariña. (Mar = vida / Barco = eu do poeta).
Temas: morte, soidade, paso do tempo. Elemento central: a imaxe.
Novidades
- Temática: visión subxectiva e misteriosa do mar. Reflexión sobre a vida e o paso do tempo.
- Lingüística: tecnicismo, léxico mariñeiro (influencia do futurismo).
- Formal: imaxes fragmentadas (cubismo), tipografías dos poemas (caligramas).