Literatura galega inicios do século XX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,43 KB

Contexto histórico, social e cultural

A Galicia de comezos do século XX segue sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. Os campesiños pobres continúan tendo que emigrar a América, como no século anterior.

  • O movemento agrario ou agrarista: un movemento reivindicativo do campesiñado que se organizaba para crear sociedades agrarias e sindicatos agrícolas para defender os seus intereses. O seu obxectivo principal era a abolición do sistema foral que os obrigaba a pagar rendas abusivas.
  • A decadencia da fidalguía: debido á desaparición do sistema foral, que supón a perda da súa fonte de ingresos, así como a súa incapacidade para adaptarse aos cambios que supuxo a Revolución Industrial.
  • O nacemento da burguesía: o transvasamento da poboación rural aos espazos urbanos, cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos.

A creación das Irmandades da Fala en 1916 por iniciativa de Antón Vilar Ponte tiña como obxectivo principal a exaltación e a indicación do idioma galego, así como a expansión do seu uso. En 1918, as Irmandades convértense nunha organización política e formulan as teses do nacionalismo galego. En 1931, na sétima e última asemblea das Irmandades, créase o Partido Galeguista. En 1932 elabórase o Estatuto de Autonomía.

A literatura a comezos do século XX

Nas primeiras décadas do século XX, a literatura galega experimenta un notable crecemento.

Noriega Varela

É autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da 3ª edición cambia o seu nome por Do Ermo. Na súa poesía trata dúas temáticas principais: o costumismo e o lirismo da natureza. Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe.

Ramón Cabanillas

Naceu en Cambados en 1876. En 1910 emigra á Habana onde publica os seus dous primeiros libros de poesía: No desterro e Vento mareiro.

Vicente Risco

En 1917, únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. En 1920 publica Teoría do nacionalismo galego e convértese no líder e primeiro teórico do galeguismo. Nese mesmo ano funda a revista Nós e en 1923 fúndase o Seminario de Estudos Galegos. En 1933 publica na revista Nós o texto "Nós, os inadaptados". Tras a guerra civil (1936-1939), Risco abandona a súa militancia galeguista e a súa actividade literaria en galego. Obras salientables son: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919), O porco de pé (1929) e o ensaio Teoría do nacionalismo galego (1920).

Ramón Otero Pedrayo

En 1918 ingresa nas Irmandades da Fala. Máis tarde únese ao Seminario de Estudos Galegos. Comeza tamén a súa actividade política coa fundación do Partido Nacionalista Republicano (deputado en 1931), integrado logo no Partido Galeguista. Obra salientable: Os camiños da vida (1928).

O Grupo Nós

Formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao. Fundada en Ourense en 1920, desaparece en 1936. A gran preparación intelectual que estes autores tiñan permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega, nun intento de recuperación da identidade dos galegos. No plano político, participaron das teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.

Entradas relacionadas: