Literatura Galega: Guerra Civil e Posguerra (1936-1950)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,09 KB
Durante a Guerra Civil (1936-1939), os escritores galegos só tiñan tres opcións:
- A primeira opción era unirse ao falanxismo, como fixo Filgueira Valverde.
- A segunda era entrar no cárcere, como fixo Ramón Piñeiro.
- E a última era exiliarse, como fixeron Luís Seoane, Castelao ou Blanco Amor.
Características da Literatura do Exilio Galego
- Creación de editoriais, nas que se publicaban clásicos ou novos autores.
- Revistas, como a revista do Centro Galego.
- Existencia de colectivos teatrais.
- Programas radiofónicos, como "Sempre en Galiza".
Xéneros e Autores do Exilio
- Poesía: Cultivouse o neotrobadorismo e a poesía social e intimista.
- Narrativa: A súa temática principal era a Guerra Civil.
- Teatro: Había dous tipos: costumista e innovador. A obra máis característica é Os vellos non deben de namorarse de Castelao.
Luís Seoane: Obra e Estilo
Antes da Guerra Civil, Luís Seoane destacou nas artes plásticas; despois, fíxoo como escritor. Escribe sobre a inmigración e a denuncia social. Utiliza unha linguaxe directa e mestura versos longos e curtos. As súas obras máis destacadas son:
- As cicatrices (lírica)
- Na brétema Sant-Iago (lírica)
- A soldadeira (dramática)
Literatura Galega de Posguerra
O primeiro paso para a reactivación do campo literario galego durante a posguerra foi o artellamento de diferentes iniciativas editoriais, como a Editorial Monterrey e a Editorial Galaxia, ambas aparecidas en 1950.
Narrativa de Posguerra
A xente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero, é a primeira novela publicada en Galicia despois da Guerra Civil.
Os autores máis representativos son:
- Eduardo Blanco Amor (A esmorga)
- Ánxel Fole (Terra brava)
- Álvaro Cunqueiro (Merlín e familia)
- Xosé Neira Vilas
Poesía de Posguerra
Hai tres tipos principais:
- Intimismo: Palabra no tempo (María Mariño)
- Culturismo: Anxo de terra (Ricardo Carvalho Calero)
- Socialrealismo: Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro)
O poeta máis significativo deste período é Celso Emilio Ferreiro, que cultivou tanto poesía social como lírica intimista.
Teatro de Posguerra
Durante os primeiros anos da posguerra, os autores non deixaron de escribir pezas teatrais, aínda que a súa representación resultaba imposible.
Liñas temáticas destacadas:
- Costumista: Non chores, Sabeliña! (Manuel Pardo de Andrade)
- Vangardismo: Pauto do demo (Ánxel Fole)
- Existencialismo: O auto do prisioneiro (Ricardo Carvalho Calero)
Os autores dramáticos máis destacados son: Eduardo Blanco Amor, Álvaro Cunqueiro e Ricardo Carvalho Calero.
Eduardo Blanco Amor: Vida e Obra
Eduardo Blanco Amor é ourensán. Emigrou a Arxentina e traballou alí como xornalista; despois volveu a Galicia. Estaba comprometido coa República. Escribiu:
Obra Poética
É popularizante e paisaxística, e tamén unha homenaxe á lírica galego-portuguesa medieval. Destacan tres obras:
- Romances Galegos
- Poema en catro tempos
- Cancioneiro
Obra Dramática
Estas obras seguen unha liña de renovación e están escritas para ser representadas pola compañía de teatro creada por el. Destacan tres obras:
- Farsas para títeres, cargada de humor e simbolismo.
- Teatro para xente, centrada no mundo rural.
- Proceso en Jacobusland.
Obra Didáctica
A obra que destaca é Castelao escritor.
Obra Narrativa (a máis importante)
Destacan tres obras:
- A esmorga, na que os seus protagonistas son Xoa o Bocas, Aladio o Milhomes e Cibrán o Castizo. Son personaxes marxinais que saen de esmorga durante 24 horas e véxense implicados nun crime. A lingua está chea de expresións populares e de xogos de palabras.
- Os biosbardos, que son oito relatos protagonizados por nenos que teñen que enfrontarse de súpeto á madurez e está contado en 1ª persoa.
- Xente de lonxe, é unha novela de aprendizaxe contada por Suso, de clase popular.
Ánxel Fole: Traxectoria e Produción
Ánxel Fole é de Lugo. Colaborou con xornais e revistas, foi antifascista e galeguista, e escribiu en castelán para despois facelo en galego. Escribiu dous tipos de obras:
Narrativa
Actualiza mitos e lendas e emprega unha técnica próxima á oralidade. Os seus temas son o misterio, o medo, a superstición e a premonición. Está ambientada en espazos rurais e urbanos de Lugo. As súas obras máis destacadas son:
- A luz do candil: o narrador recolle as historias dun grupo de homes que as contan ao carón do lume; está cheo de humorismo.
- Terra brava: os temas son a psicoloxía, as premonicións de morte e a situación política, cultural e lingüística de Galicia.
- Contos de néboa: ten unha ambientación urbana.
- Historias que ninguén cre: ten unha ambientación urbana.
Teatro
A súa obra máis representativa é Pauto do demo, que trata dunha meiga que, a piques de morrer, intenta ceder os seus poderes a unha moza.