Literatura Galega: Exilio, Xeración 36, Promoción do Enlace e Festas Minervais

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,14 KB

Exilio

Galicia encóntrase nunha época de forte represión política, que provocou o exilio de moitos intelectuais galegos. No exilio predominan a lírica e o teatro con contidos sobre a emigración e as reivindicacións sociais. Na poesía hai unha liña intimista e prosa autobiográfica. Hai semellanzas coa lírica de aquí, é dicir, elementos hilozoístas e vangardistas, verso longo, estilo realista e coloquial para a temática social. O exilio axuda á conservación do galego durante a ditadura.

Na lírica destaca Luís Seoane, cuxa produción poética está dominada polo compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia, concentrado nos temas do mundo da diáspora e a historia de Galicia. É unha poesía social realista e destacan as seguintes obras: Fardel de eisiliado e A maior abondamento. Por outra banda, tamén destaca Lorenzo Varela coa súa obra Lonxe, que está fortemente condicionada pola experiencia do exilio.

Na prosa destaca Ramón de Valenzuela, no que a súa obra é autobiográfica e a acción domina sobre a descrición. Utiliza técnicas como o uso da primeira persoa e retrata personaxes con gran precisión. Nas súas obras destacan Non agardei por ninguén e Era tempo de apandar. Tamén destaca Silvio Santiago cun claro ton autobiográfico. Silvio publica Villardevós e O silencio redimido.

No teatro destaca Manuel Daniel Varela Buxán, que compuxo pezas teatrais de estilo directo, popular, cómico e sentimental. Unhas das obras máis importantes son O ferreiro de Santán e A xustiza dun muiñeiro. Tamén se publicou A soldadeira de Luís Seoane, que foi escrito en galego pero traducida ao castelán.

Xeración 36

Nesta xeración coinciden autores que naceron entre os anos 1910 e 1920, que se forman baixo a influencia da Xeración Nós e das Vangardas. Estes non poden asimilar tendencias foráneas debido ao illamento con Europa e a censura. Todos eran de esquerdas, o que fixo que a súa vida se vise marcada pola guerra. A Xeración do 36 supón unha ponte entre a literatura de preguerra e as promocións máis novas, teñen tendencias variadas.

Nesta xeración destacan Aquilino Iglesia Alvariño coa obra Corazón ao vento e Cómaros verdes. Tamén é importante Xosé María Álvarez Blázquez, que cultiva o popularismo, o hilozoísmo e o neotrobadorismo. Por outra banda, destaca Celso Emilio Ferreiro, que domina os tres rexistros básicos (cívico, intimista e satírico). Este autor caracterízase pola sinxeleza e o estilo coloquial. Nas súas obras destacan O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao país dos ananos e Onde o mundo se chama Celanova.

Promoción do Enlace

Os autores desta promoción nacen entre 1920 e 1930 e formáronse nos primeiros anos da posguerra. Carecen de moita influencia da Xeración Nós, das vangardas de preguerra ou de correntes europeas. Eran bilingües e autodidactas. Estes combinan o compromiso social coa angustia existencial, o intimismo e o realismo.

A esta promoción pertence Krukenberg con Cantigas do vento, Manuel Cuña Novás con Fabulario novo, Antón Tovar, que mestura o intimismo coa preocupación social, sendo dos primeiros poetas que tratan este tema, e a súa obra máis importante é Calados esconxuros. E por último, Luz Pozo Garza, que ten tres etapas (Intimista, poesía social con tendencias renovadoras e preocupación pola estética poética e o culturismo). A súa obra máis importante é Códice calixtino.

Festas Minervais

Os autores desta xeración naceron entre 1930 e 1940, o que implica que non chegan a coñecer a guerra. Estes déronse a coñecer a través dos certames literarios celebrados en Santiago nos anos 50. Os seus mestres son os autores da Xeración do 36, colaboran co diario compostelán La Noche e publican na colección Illa Nova creada por Galaxia. Teñen dúas liñas poéticas: A Escola da Tebra e o Socialrrealismo.

Como autores destacan Arcadio López Casanova con Palabra de honor, Xohana Torres con Estación ao mar, Avilés de Taramancos, que escribe poesías de carácter culto e vitalista. Este está marcado pola inmigración, como obra destaca O tempo no espello. Tamén cabe destacar a Manuel María, que ten tres liñas temáticas (Paisaxística, comprometida e intimista), e tamén escribe literatura infantil. Bernardino Graña tamén ten tres liñas poéticas (Escola da Tebra, liña verde e intimismo e preocupación intelectual). Uxío Novoneyra con Os eidos e Os eidos 2. Para Uxío, o Courel é a metonimia de Galicia, utiliza dialectalismos, hiperenxebrismos, vulgarismos para amosar fidelidade á lingua oral. E por último, Xosé Luís Méndez Ferrín, que ten tres etapas (Escola da Tebra, Protagonismo da realidade política e un retorno á fantasía mítica). Como obras destacan Poesía enteira de Heriberto Bens e Con pólvora e magnolias.

Entradas relacionadas: