Literatura galega no exilio: xéneros e autores

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,62 KB

A literatura galega no exilio: poesía, narrativa e teatro

Como consecuencia da Guerra Civil, moitos galegos, entre eles escritores, artistas e intelectuais, víronse obrigados a marchar ao exilio.

A poesía no exilio

A poesía foi o xénero máis cultivado na literatura galega do exilio. Os temas abordados eran a denuncia social, a reflexión sobre o drama dos emigrantes e dos exiliados galegos, e a reivindicación da dignidade e do pasado histórico de Galicia.

Entre os principais poetas cómpre destacar a:

  • Luís Seoane, con obras coma Fardel de exiliado ou Na brétema. Todas as súas obras carecen de recursos estilísticos e pretende que os seus versos cheguen a todos os lectores.
  • Lorenzo Varela: iniciou a súa actividade literaria en castelán, e en galego publicou obras coma Catro poemas para catro gravados ou Lonxe. Os temas da súa obra son as vivencias tráxicas da Guerra Civil e a saudade da terra, entre outros.
  • Emilio Pita: publicou obras coma Cantiga de nenos ou O ronsel verdegal, nas que están presentes a denuncia da situación dos emigrantes, a traxedia da Guerra Civil e as lembranzas da paisaxe galega.

A narrativa no exilio

A narrativa galega do exilio amosa unha clara preferencia polos temas da Guerra Civil. Entre os autores que cultivaron este xénero debemos destacar a:

  • Antón Alonso Ríos, que relatou a súa vida de fuxido, disfrazado de esmolante portugués, na novela O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte.
  • Silvio Santiago: escribiu Vilardevós, sobre a súa infancia na aldea natal, e O silencio redimido, na que recrea as súas experiencias durante a guerra.
  • Antonio Fernández Paz: recrea en Terra coutada a experiencia dun mestre galeguista que foxe a Portugal durante a Guerra Civil.
  • Ramón de Valenzuela: publicou unha novela na que narra as experiencias vividas na guerra, Non agardei por ninguén, e outra na que narra as súas vicisitudes despois da guerra, Era tempo de apandar.

O teatro no exilio

No teatro do exilio conviven dúas tendencias:

  • Unha de tipo culto, con técnicas e temas de carácter innovador, representada por autores coma Castelao ou Luís Seoane.
  • Outra de tipo máis popular, enxebrista e costumista, representada por dramaturgos coma Manuel Varela Buxán ou Ricardo Flores.

Autores e obras destacadas:

  • Castelao: publicou a súa única peza teatral, que culminou o camiño da renovación estética do teatro galego, Os vellos non deben de namorarse. A obra divídese en tres lances precedidos dun prólogo e seguidos dun epílogo. Presenta tres versións dun mesmo esquema: un vello que se namora dunha muller nova e a imposibilidade destes amores, que acaban coa morte do vello.
  • Eduardo Blanco Amor: reúne as súas obras en dous volumes: Farsas para títeres e Teatro pra xente.
  • Manuel Varela Buxán: as súas pezas teatrais son de corte costumista e humorístico, e tamén de crítica social, coma Se o sei… non volvo á casa ou O cego de Fornelos.
  • Luís Seoane: escribiu tres pezas dramáticas: A soldadeira, Esquema de farsa e O irlandés astrólogo.
  • Ricardo Flores: escribiu obras coma Mai e filla.

Entradas relacionadas: