A Literatura Galega no Exilio: Voces e Obras Tras a Guerra Civil

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,72 KB

A literatura galega no exilio é a literatura en galego desenvolvida fóra de Galicia despois da Guerra Civil (1936-1939). Esta guerra supuxo o desmantelamento do sistema literario galego co establecemento da censura e o exilio de importantes axentes culturais. Polo tanto, a produción terá continuidade nos países de acollida, e o centro de actividade literaria trasladarase a México e a Bos Aires.

Na capital deste último entran en contacto os emigrados cos exiliados e comezan a desenvolver un amplo traballo intelectual coa publicación de revistas ou a creación de editoriais. As características desta literatura serán o compromiso galeguista, a auxe da poesía cívico-social, a mestizaxe e o cosmopolitismo.

Castelao foi unha das grandes referencias do galeguismo en América e na propia terra.

A Poesía no Exilio

Ademais, atopamos un grupo poético que pertence á Xeración de 1936, cuxos máximos representantes son Emilio Pita, Luís Seoane e Lorenzo Varela. O primeiro de maneira prioritaria a poesía social, mentres que os dous seguintes só ocasionalmente.

Emilio Pita

Emilio Pita inclinouse, xa no exilio, polo compromiso político e a súa biografía ligada co tema dos exiliados. Na súa produción literaria distinguimos unha poesía combativa cun forte compromiso cívico, con títulos como Jacobusland e Polos camiños do pobo, e pola outra banda, unha poesía popular e neotrobadoresca, con obras como Cantigas de nenos ou O ronsel verdegal.

Luís Seoane

Luís Seoane ten un papel destacado nas actividades culturais galegas. Destacan as súas catro obras poéticas, cuxos trazos principais son a recreación histórica, o ton cívico e a sinxeleza na linguaxe: Fardel de exiliado, Na brétama, Sant'Iago, As cicatrices e A maior abondamento.

Lorenzo Varela

Por último, cómpre destacar a Lorenzo Varela coa súa poesía cívica, aínda que cunha preocupación máis formal. Na súa obra, Catro poemas para catro gravados, recrea catro figuras importantes da historia galega, pero será Lonxe a súa gran achega á literatura galega.

A Narrativa no Exilio

A problemática da Guerra Civil vai estar presente tamén na produción literaria de narradores como Ramón de Valenzuela, Antón Alonso Ríos e Silvio Santiago.

Ramón de Valenzuela

O primeiro foi o pioneiro en testemuñar o episodio da guerra; sobresae a súa obra Era tempo de apandar.

Antón Alonso Ríos

Antón Alonso Ríos publicou O señor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte, unha novela autobiográfica onde narra as experiencias de fuxido durante a guerra.

Silvio Santiago

E o derradeiro autor da narrativa no exilio foi Silvio Santiago, do cal atoparemos a mesma temática autobiográfica; cómpre destacar obras como Vilardevós ou O silencio redimido.

O Teatro no Exilio

Para rematar, temos que falar do teatro, que pretende manter viva a tradición e o conxunto de costumes e crenzas, con autores coma Ánxel Fole con Pauto do demo ou Manuel Daniel Varela Buxán, un dos principais cultivadores do teatro, no que destaca a obra Taberna sen dono.

No teatro culto preténdese transmitir a existencia dunha Galicia libre de sometementos alleos, do que cómpre destacar a obra de Castelao Os vellos non deben namorarse, Farsas para títeres de Blanco Amor e A soldadeira.

Entradas relacionadas: