Literatura Galega no Exilio: Poesía e Teatro na Diáspora

Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en español con un tamaño de 3,69 KB

Literatura Galega na Diáspora

A Poesía na Diáspora

O ámbito poético foi o máis cultivado desde a diáspora. A maior parte dos poemarios apareceron en Bos Aires e abordaron liñas temáticas vetadas na Galiza dominada polo franquismo. Tamén reflectían problemáticas específicas da colectividade desterrada: denuncia social, drama vivido, patriotismo galego, entre outras.

Luís Seoane

A súa obra presenta un claro compromiso ideolóxico nacionalista e marxista, onde combina denuncia social, visión histórica, vivencia persoal e dramas colectivos.

O volume Obra poética (1977) recolle toda a súa produción, que inclúe:

  • Fardel de eisilado (Bos Aires, 1952)
  • Na brétema, Sant-Iago (Bos Aires, 1956)
  • As cicatrices (Bos Aires, 1959)
  • A maior abondamento (Bos Aires/Coruña, 1972)
Características da súa Poesía:
  • Estilo realista, ás veces case xornalístico. Poesía discursiva, lóxica, sen metáforas, pero con forza e paixón comunicativa.
  • Escaseza de poemas líricos e persoais onde o "eu" de Seoane se manifesta de forma prominente.
  • Dominio do verso longo.
  • Despreocupación pola ornamentación do poema en aras da emoción que quere transmitir.
  • Temática preferentemente social: a emigración, tratada como a gran epopea anónima do pobo galego e contada desde o punto de vista dos emigrantes; visión mítico-reivindicativa da historia de Galiza (instantes estelares: celta, medieval irmandiño).

Outros Poetas do Exilio

  • Lorenzo Varela:
    • Catro poemas para catro gravados (1944, con Seoane, tamén coñecido como María Pita e tres retratos medievais)
    • Lonxe (1954, con gravados de Seoane e prólogo de Cuadrado. Temas: vivencias tráxicas da Guerra Civil, pasado histórico de loita das clases populares, saudade da Terra desde a vivencia do exilio, certas figuras emblemáticas da Galiza medieval)
    • Homaxes (1978, póstumo)
  • Eduardo Blanco Amor:
    • Cancioneiro (1956, Bos Aires). Neste libro heteroxéneo reflicte con especial intensidade o drama da soidade e o desengano amoroso. Mestura poemas breves e longos, arte maior e arte menor, poemas de exaltación nacionalista e poemas amorosos, de circunstancias e folclóricos.
  • Emilio Pita
  • Ernesto Guerra da Cal

O Teatro na Diáspora

No teatro da diáspora conviven dúas propostas literarias diferentes:

  • Carácter popular: Enxebrista e costumista (representado por Varela Buxán, Ricardo Flores, Gayoso Frías). Recreación de costumes e ambientes evocando a terra lonxana e exaltación de valores propios, dignificando o idioma e apelando ao sentimentalismo.
  • Carácter culto: Con técnicas, enfoques dramáticos e temas máis innovadores (representado por Castelao, Luís Seoane, Blanco Amor). Busca dotar ás obras de validez universal, apelando ao intelecto e formulando conflitos e preocupacións non necesariamente exclusivos nin característicos do pobo galego.

Luís Seoane no Teatro

  • A soldadeira (1957): Tema histórico e social. Influencia da obra de Bertolt Brecht e de O Mariscal (Cabanillas e Villar Ponte). Fusión das referencias ao pasado histórico con alusións ao presente galego dominado pola ditadura franquista.
  • O irlandés astrólogo (1959): Aborda o tema do drama dos exiliados e o conflito entre o poder e a liberdade do individuo. Influxo de Bertolt Brecht.

Entradas relacionadas: