Literatura Galega no Exilio: Autores e Obras Clave
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,17 KB
A Literatura Galega no Exilio
Como consecuencia da Guerra Civil, a produción literaria en galego desaparece case por completo durante máis dunha década. A actividade cultural continuada só é posible no exilio, onde a literatura se caracteriza polo compromiso galeguista, o auxe da poesía cívico-social, a mestizaxe e o cosmopolitismo.
A Poesía Galega no Exilio
A poesía foi un dos xéneros máis cultivados, destacando:
- Luís Seoane: Polifacético (máis coñecido como pintor), tivo en Bos Aires unha actividade variada e intensa. A súa poesía caracterízase por: recreación histórica, ton cívico e sinxeleza na linguaxe. Obras destacadas: Fardel de exiliado, Na brétema.
- Lorenzo Varela: Poesía cívica cunha maior preocupación formal. Escribe dous libros de poesía en galego, o máis significativo é Lonxe (1954). Dúas temáticas dominan o libro: unha mítico-histórica baseada na Guerra Civil na que canta aos guerrilleiros antifranquistas, e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio.
- Emilio Pita: Poesía combativa cun forte compromiso cívico, próxima á literatura popular e neotrobadoresca. Destaca Polos camiños do pobo.
A Narrativa Galega no Exilio
A narrativa do exilio é realista, con elementos autobiográficos que tratan o tema da Guerra Civil, o mundo dos fuxidos, a guerrilla antifranquista e a represión. Veu da man de dous autores que escriben dúas das grandes novelas da nosa literatura: Eduardo Blanco Amor con A esmorga e Xosé Neira Vilas con Memorias dun neno labrego. Pero os máximos representantes da narrativa do exilio son:
- Ramón de Valenzuela: Membro do Partido Galeguista e exiliado en Bos Aires, foi o primeiro en testemuñar o episodio da Guerra Civil.
- Antón Alonso Ríos: A súa primeira novela é debedora da tradición da Xeración Nós. En 1979 publica unha novela autobiográfica sobre as experiencias na guerra.
- Silvio Santiago: Dinamizador do Centro Galego en Caracas. Temática autobiográfica.
O Teatro Galego no Exilio
O teatro sufriu as consecuencias da guerra e a ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego. A súa pervivencia é posible grazas ao labor do exilio. Castelao estreou Os vellos non deben de namorarse en Bos Aires.
Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social. A súa compañía Maruxa Villanueva representou Os vellos non deben de namorarse.
Tamén en Bos Aires, Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego e escribiu varias pezas que se coñeceron en Galicia. Outros autores que cultivaron o xénero dramático no exilio foron: Ánxel Fole, Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo.