Literatura Galega no Exilio (1936-1976): Autores e Obras Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,83 KB

A Literatura Galega no Exilio (1936-1976)

Cando se produciu o alzamento militar contra a República, comezou unha represión brutal: xuízos sumarísimos, paseos, depuracións... Algúns optaron pola fuxida cara a Portugal, outros pola resistencia armada: a guerrilla. Durante a guerra, os fuxidos perseguían a supervivencia. Despois (ata 1950), esta fuxida converteuse nunha auténtica resistencia ao franquismo, organizándose en grupos dirixidos por militantes.

O galeguismo político foi marxinado e perseguido pola ditadura. O Partido Galeguista mantivo actividade nos anos 40 con Ramón Piñeiro como enlace interno e co exterior. Da súa man, desapareceu en 1950 para dar paso ao galeguismo cultural de Galaxia. Tamén no exilio mantivo a súa presenza a través do Consello de Galiza (1944), unha especie de goberno galego, presidido por Castelao.

Nos anos 40, a cultura galega mantívose unicamente fóra de Galiza cos exiliados, que se estableceron onde xa había bases de emigrados. Eles continuaron a produción cultural galega. De 1940 a 1944, publicáronse en América 18 libros en galego e varios en castelán sobre a nosa cultura; aquí, nada de nada.

A figura máis importante será Castelao, polo seu labor político e cultural. En Bos Aires, estreou Os vellos non deben de morrer e publicou Sempre en Galiza.

Poesía no Exilio

Luís Seoane

Veu de neno para Galiza e en 1936, logo de meses na clandestinidade, puido saír do país. Volveu en 1963. Polifacético (máis coñecido como pintor), en Bos Aires tivo unha actividade variada e intensa: fundou revistas (como Galicia Emigrante), fixo radio e ilustrou libros. Podemos caracterizar a súa poesía cos seguintes trazos:

  • Estilo realista
  • Poesía sobria, discursiva
  • Dominio do verso longo
  • Temática preferentemente social
  • Escaseza de poemas persoais

Lorenzo Varela

Escribiu dous libros de poesía en galego, o máis significativo dos cales é Lonxe (1954). Dúas temáticas dominan o libro: unha mítico-histórica baseada na Guerra Civil, na que canta aos guerrilleiros antifranquistas, e outra saudosa, en torno á ausencia da Terra e ao exilio.

Narrativa no Exilio

As obras narrativas foron escritas no exilio e case todas publicadas na democracia. Son obras realistas e cargadas de elementos autobiográficos que tratan o tema da Guerra Civil, así como o dos anos inmediatamente posteriores. Pero tamén se publicaron obras clave da nosa literatura como A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, ou Memorias dun neno labrego (1961), de Xosé Neira Vilas.

Teatro no Exilio

Manuel Varela Buxán foi un dos principais animadores do teatro galego na Arxentina. Ademais de autor teatral, foi tamén director e actor. As súas obras son de corte rural-costumista e humorístico, aínda que non están exentas de crítica social.

Notas sobre Gramática e Dialectos

Estrutura de Frases (Notas)

  • SUX: Suxeito
  • F.N: Frase Nominal (Determinante, Nome, Modificador)
  • F.ADXETIVA: Frase Adxectiva (Modificador (Adverbio), Núcleo (Adxectivo))
  • F.ADVERBIAL: Frase Adverbial (Modificador (Adverbio), Núcleo (Adverbio))
  • F.PREPO: Frase Preposicional (Relacionante, Termo)

Oracións Compostas e Nexos

  • Copulativas: e, nin, mais, e mais
  • Disxuntivas: ou, ou...ou, u, ben
  • Distributivas: xa...xa, ora...ora, ben...ben
  • Adversativas: mais, pero, non obstante, con todo, no entanto, senón que, e mais

Variedades Dialectais do Galego

Bloque Occidental

  • Características: gheada, seseo
  • Exemplos: irmán, para, mas, femia, cans, pantalóns
  • Áreas:
    • Bergantiña (patiu, culliu)
    • Fisterra (cheísmo)
    • Pontevedresa (colleu, parteu)

Bloque Central

  • Características: gheada, ditongo -oi
  • Exemplos: irmán, irmá, pantalóns, cas
  • Áreas:
    • Mindoniense
    • Lucu-auriense (iste, ise, aquel)
    • Área central de transición (noite, troita, moito, truita)

Bloque Oriental

  • Características: ditongo -ui
  • Exemplos: cais, pantalois, irmán, irmá, camiñan, pasarín
  • Áreas:
    • Asturiana (muíño, avó (avo))
    • Ancaresa (gheada)
    • Oriental-central (veciños, fixen)
    • Zamorana

Entradas relacionadas: