Literatura Galega: Evolución e Tendencias desde 1975

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,71 KB

Literatura Galega Actual (1975-Presente)

Este fragmento pertence á literatura galega actual, etapa iniciada en 1975. Este período está marcado pola morte do ditador e o recoñecemento das liberdades democráticas, estendéndose ata o presente. O galego gaña presenza na escola e nas institucións tras ser recoñecido como lingua oficial en 1981. Isto impulsa as editoriais, certames e a difusión en rede, dando un pulo sen precedentes á nosa literatura. Aumenta a cantidade e variedade de obras, autores (especialmente autoras) e lectores que se inician na literatura galega desde a escola.

Poesía

O verso libre é a forma predominante na poesía actual, buscando a sonoridade na construción do poema. Aínda así, algúns poetas manteñen as formas clásicas, como o soneto. Analizamos o número de versos, se son de arte maior (reflexión) ou menor (axilidade, estrutura rota con encabalgamentos). A mestura de versos longos e curtos tamén pode expresar ruptura de ritmo. Recursos formais: repeticións, metáforas, comparacións, elementos opostos. Observamos a escolla para comezar, o centro e o final do poema, relacionándoo coa mensaxe. Todo busca transmitir a mensaxe e crear beleza. Autores: Pexegueiro (Seraogna), Baixeras (Fentos no mar).

Narrativa

Autores: anos 80 (Manuel Rivas, Suso de Toro), 90 (Gonzalo Navaza, Marilar Aleixandre) e novo milenio (María Reimóndez, Iolanda Zúñiga). A narrativa actual destaca pola amplitude temática.

Narrativa de Evasión

Balangandán de Gonzalo Navaza (temática fantástica) e Lobos nas illas de Marilar Aleixandre (pracer feminino, primeiro amor). Inclúe narrativa fantástica, de amor, erótica, policial... Busca entreter, con forza na literatura infantil e xuvenil. Pode inspirarse na tradición popular (medo, bruxas, Santa Compaña) ou crear mundos míticos ao estilo Tolkien. O xénero policial gaña popularidade entre autores novos.

Narrativa de Reflexión

Botas de elástico (Ferrín) sobre a represión franquista. O xudeo Xacobe (Casares) sobre os perigos do fanatismo. A represión tamén aparece en Lobos nas illas e A mariñeira de Quilmas (Darío Xohan Cabana), que trata da loita dunha muller por superar roles impostos.

Teatro

O teatro en galego recupérase nos anos 60 tras a represión. As Mostras de Teatro de Ribadavia nos 70 definen o teatro galego actual: compromiso coa lingua, profesionalización e calidade escénica. Coa democracia, créase o CDG, a Feira das Artes Escénicas e o Circuíto de Teatros, apoiando o desenvolvemento de compañías como Teatro de Ningures, Teatro do Morcego, Sarabela Teatro, Ibuprofeno Teatro (Deadpan Karaoke), Talía Teatro (Unha inimiga do pobo), Teatro do Atlántico (Libre coma os paxaros), Xerpo (Bailar no ceo), Malasombra Producións (De algo hai que morrer).

Comentario e Teoría

Analizamos o fragmento concreto. Autores e características: anos 80 (Fernán-Vello, Xesús Pisón): apertura temática e formal, cultismo, densidade lírica, simbolismo, ironía, humor, parodia, anonimato. Anos 90 (Cándido Pazó, Miguel Anxo Murado, Quico Cadaval, Raúl Dans, Carlos Blanco): crítica lúdica e irónica, redución do simbolismo, estrutura coidada, comedia, intertextualidade. No fragmento observamos a apertura temática dos 80 (Xesús Pisón: Venenos, Fernán-Vello: A casa dos afogados), con humor, parodia e equívocos. Nos 90, redúcese o simbolismo, con estrutura coidada e fácil representación (dous actores como Cosme e Damián). Destaca a intertextualidade (obras baseadas noutras) e o metateatro (teatro dentro do teatro) en Romeo e Xulieta ou o uso de monicreques. Incorpóranse elementos actuais nas revistas, involucrando ao público.

Outros Autores

Cándido Pazó (Ñiquiñaque, A piragua) e Carlos Blanco (O país da comedia, Dillei, Humor neghro) destacan como contacontos e monologuistas. Manuel Rivas (O heroe) e Domingo Villar (Síbaris) tamén contribúen ao teatro. No novo milenio, destaca a autoría colectiva en compañías como Chévere (Eurozone) e A Panadería (Elisa e Marcela, As que limpan), con denuncia social e empoderamento feminino. Paula Carballeira gaña o Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 con As alumnas.

Conclusión

Para consolidar o teatro galego, cómpre o compromiso do público novo. Necesítanse escolas municipais, consolidar a ESAD, mellorar orzamentos e aumentar a proxección social con oferta variada.

Entradas relacionadas: