Literatura galega entre 1936-75: Poesía do exilio e posguerra
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,04 KB
Literatura
Galiza entre 1936-75: En 1936 comezou unha guerra civil que rematou en 1939 coa instauración da dictadura franquista. Nesta época sucedeu unha forte represión da lingua galega. Aínda que a maior parte da poboación seguía tendo o galego como lingua habitual, o seu emprego reduciuse aos rexistros informais porque o castelán era a única lingua oficial. Co inicio da guerra civil pecháronse editoriais, revistas e xornais, e paralizouse a edición e difusión de textos na nosa lingua. Durante 1940-50 a única produción galega sería a que se leva a cabo no exilio americano: Venezuela, Cuba, México, Uruguai e sobre todo Arxentina; destacan Castelao, Luís Seoane, Rafael Dieste, Branco Amor… A partir dos anos 50 van xurdindo iniciativas que queren recuperar e defender a nosa lingua e cultura. Xorden así editoriais como Bibliófilos Gallegos, Monterrey, a colección de poesía de Benito Soto e a editorial Galaxia. Aparecen tamén revistas como Posío, La Noche… Nos anos 60 xorden asociacións culturais que reivindican o uso do idioma galego e achégano ao uso público mediante discursos, conferencias… Tamén fúndanse partidos políticos nacionalistas a UPG e o PSG. En 1975 a morte de Franco posibilita o pado á democracia e a recuperación dos dereitos das nacionalidades históricas. Poesía do exilio: Luís Seoane: Destacou nas artes plásticas e na poesía. Publicou Fardel de exiliado, Na brétema, Sant-Iago, As cicatrices e A maior abondamento. A súa poesía caracterízase pola denuncia social, os temas principais son a diáspora e a historia de Galicia centrándose nas persoas humildes.
Lorenzo Varela: é autor de dous poemarios: Catro poemas para catro gravados e Lonxe sobre a súa experiencia persoal no exilio e saudade da terra. Emilio Pita: O seu primeiro libro foi Jacobusland, trata sobre a traxedia da guerra civil e a visión nostálxica da natureza galega. Máis tarde publica Cantigas de nenis, Os relembros, As cantigas e O ronsel verdegal. Poesía de posguerra: Hai tres xeracións poéticas: -xeración do 36: nacen entre 1910-20 Celso Emilio, Xosé María, María Mariño… -promoción de enlace: nacen nos anos 20 Antonio Tovar, Luz Pozo, Manuel Cuña… -xeración das festas: nacen entre 1930-40 Uxío Novoneyra, Xosé L. Méndez, Manuel María, Xohana Torres… Liñas temáticas: Poesía social: Celso Emilio, Manuel María; intimismo: María Mariño, Antón Tovar, Luz Pozo, Xohana Torres; paixasismo: Aquilino Iglesia, Uxío Novoneyra; culturalismo: Álvaro Cunqueiro, Xosé L. Méndez. Celso Emilio Ferreiro: Diferéncianse tres liñas temáticas: poesía social, poesía intimista, poesía satírica. Escribe os seus verbos nunha lingua coloquial e popular. A súa poesía caracterízase pola presenza de metáforas e imaxes simbólicas organizadas en: elementos positivos (termos referidos a claridade e altura) e elementos negativos (termos referidos a escuridade, espazos pechados e profundos e a pedra). Tamén escribiu prosa: A fronteira infinda e A taberna do galo. Luz Pozo Garza: A temática dos seus versos é intimista e comprometida e solidaria. Na súa poesía teñen unha importante presenza a música e a pintura. Cómpre salientar a súa obra ensaística. Ademais dos numerosos artigos publicados nas revistas Grial e Nordés.
Uxío Novoneyra: Inicia a súa produción coa poesía paisaxística centrada na terra da montaña luguesa onde naceu. Cultivou tamén a poesía política-social reivindicativa presente no libro Do courel a Compostela e en poemas como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia. Escribiu igualmente poesía amorosa. Tamén se interesou pola poesía caligráfica. A súa poesía caracterízase pola importancia que adquiren dentro de cada poema dos efectos fónicos e tamén pola brevidade e condensación dos versos, reducidos aos elementos esenciais. Manuel María Fernández Teixeiro: É autor dunha obra extensísima, moi variada formal e temáticamente. Combina a poesía paisaxística, centrada na Terra Chá; a poesía social e a poesía intimista. Xohana Torres: A súa obra abrangue todos os xéneros: poesía, narrativa, teatro e prosa. A súa poesía trata temas intimistas e sociais. Como narradora escribiu a novela Adiós María. De teatro Á outra banda do Iberr e Un hoyel de primaria sobre o río. Uso da H: levan h: -as palabras que comezan por: hecto, hemi, hiper, hidro -as palabras harmonía, hasta, hedra, helmo, hindú, hucha -Helena, Henrique -ah! eh! uh! oh! boh! bah! levan h intercalado: -todas as formas dos verbos prohibir, exhibir, cohibir, exhortar, inhibir -as palabras adhesivo, coherente, filarmónica, inherente, vehículo, transhumante, deshabitar, deshonesto, inhábil, deshonra non levan h: achar, aí, alelí, ata, baía, ermida, exhuberancia, inchar, irmán, oco, ala!, ola!, ombreiro, ombro, orfo, óso, ovo, trúan, úmero, urna.