Literatura galega: Eduardo Blanco Amor e a evolución da narrativa desde 1976
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,38 KB
Eduardo Blanco Amor
Eduardo Blanco Amor
Escribiu poesía e teatro, pero destacou especialmente na narrativa, onde creou un mundo literario propio. Cultivou a narración social‑realista, centrada nas clases traballadoras e na infancia, e empregou técnicas narrativas innovadoras. Todas as súas narracións están ambientadas en Ourense, que aparece co nome de Auria.
Obras destacadas
- A esmorga: narra, en forma de declaración xudicial, os feitos vividos por tres mozos durante unha noite. O xuíz non aparece, só a voz do protagonista, que vai revelando os feitos. A obra reflicte un ambiente marginal e violento e remata de forma tráxica.
- Os biosbardos: libro de relatos en primeira persoa protagonizados por adolescentes. Reflicte o mundo da infancia, os medos, as ilusións e as esperanzas dos mozos.
- Xente ao lonxe: novela longa sobre a vida dos obreiros en Ourense a comezos do século XX. Narra os intentos de sindicarse e a represión sufrida, e tamén a evolución dos nenos dunha familia ata facerse adultos.
A Nova Narrativa Galega
1. Características
- Técnicas innovadoras: emprego do monólogo interior (que reflicte a espontaneidade do pensamento do personaxe), narración obxectiva (sen interpretar nada, coma unha cámara) e técnica epistolar (narración en forma de carta).
- Renovación temática: visión pesimista e absurda da realidade, marcada polo existencialismo, que incorpora a situación da realidade franquista e a reflicte como un pesadelo.
- Ruptura temporal: desaparece a sucesión lóxica de acontecementos e sitúase nun presente intemporal.
- Espazos urbanos: as cidades utilízanse como reflexo das transformacións sociais da época; o ambiente adoita ser violento, opresivo e ameazante.
- Novo tipo de personaxes: marginais, inadaptados e movidos por impulsos escuros.
2. Autores
- Xosé Luís Méndez Ferrín: combina o experimentalismo narrativo coa fantasía e a crítica política e social. Nos anos 70 integra simboloxía do nacionalismo galego e crítica política.
- María Xosé Queizán: defensora da cultura galega e do nacionalismo; máis adiante incorpora tamén ideais feministas. Emprega o monólogo interior e a narración obxectiva.
- Xosé Neira Vilas: narrativa realista, con xeitos tradicionais de narrar; retrata o mundo rural e a emigración galega moitas veces dende un punto de vista infantil.
A prosa de 1976 á actualidade
Co recoñecemento do galego como lingua oficial en 1978 e coa autonomía en 1981, a literatura galega viviu unha forte expansión. A narrativa converteuse no xénero máis cultivado, cunha proliferación de autores. Xurdiron novas editoriais e premios, e incorporáronse máis narradoras. Tendencias:
Tendencias principais
Narrativa policial e novela negra
Desenvólvense relatos de intriga, investigación e crime. Exemplos salientables: Domingo Villar e Pedro Feijoo.
Narrativa urbana e experimental
Ambientada en espazos urbanos ou marginais, reflicte o caos da cidade cunha estrutura fragmentaria e múltiples puntos de vista, herdeira da Nova Narrativa Galega. Exemplos: Manuel Rivas e Suso de Toro.
Narrativa histórica
Céntrase en recuperar episodios da historia de Galicia, como a Revolta Irmandiña. Autoras e autores relevantes: Rosa Aneiros (periodos históricos máis recentes, como a Guerra Civil) e Manuel Rivas (trata a ditadura fascista en algunhas obras).
Narrativa social ou sociolóxica
Reflicte os conflitos sociais e políticos da Transición e do posfranquismo cunha actitude de crítica e reflexión. Exemplo: Xavier Alcalá.
Narrativa fantástica e de ciencia ficción
Inspirada en Celso Emilio Ferreiro e en Álvaro Cunqueiro, e na mitoloxía astúrica; autores e autoras representativos: Darío Xohán Cabana e Begoña Caamaño.