A Literatura Galega do Século XX: Teatro, Poesía e o Legado do Exilio

Enviado por Anónimo y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,08 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX

En 1919 fundaron o Conservatorio Nacional de Arte Galego, estreándose con A man de Santiña de Cabanillas. As Irmandades da Fala entendían o teatro como vehículo para dignificar o galego e expandir a ideoloxía nacionalista. Pero non todos o entendían así, polo que se pode falar de dúas tendencias:

  • A corrente conservadora, con Xesús San Luís Romero e Xavier Prado, autores de sainetes cómicos.
  • A corrente renovadora, cun teatro máis moderno e culto, destacando a Cabanillas (A man de Santiña), Vilar Ponte (A patria do galego), Villar Ponte (O mariscal), Armando Cotarelo, que intenta crear un teatro culto e moderno, superador do consumismo e ruralismo (Hostia, Trebón...), e Leandro Carré, que defendía o teatro urbano e refinado con pezas longas e elaboradas (Tolerías, Rexurdimento...).

Teatro das Vangardas

Aos problemas da produción dramática galega engadiuse a represión do teatro galego durante a ditadura de Primo de Rivera. O principal autor, Rafael Dieste, introduce a dramaturxia galega no modernismo, evitando o tradicionalismo e o consumismo. Todo nas súas obras ten significado: a luz, o decorado... todo son símbolos. Escribiu: A fiestra valdeira e O drama do cabalo de xadrez.

O teatro da época de Nós: elevaron o teatro galego ao máis alto, achegando o xénero dramático a movementos modernistas (simbolismo e expresionismo). Tentaban seguir o modelo do teatro da arte. Vicente Risco só ten unha obra teatral (O bufón de El-Rei), un drama de catro pasos. Ramón Otero Pedrayo escribiu A Lagarada, unha traxedia, e Teatro de Máscaras, pezas de tendencia simbolista.

A Literatura Galega no Exilio

A represión da guerra obrigou a moitos galegos ao exilio. A poesía é o xénero máis cultivado, onde se tratan temas como a denuncia social, a reflexión sobre o drama dos emigrantes e exiliados galegos e a reivindicación da dignidade e pasado histórico de Galicia. Destacan:

  • Emilio Pita, autor de Jacobusland, onde pon en relevo a traxedia da guerra en Galicia. Na súa obra predominan os temas de denuncia da situación dos emigrantes, a lembranza da paisaxe galega e o testemuño da traxedia da guerra.
  • Lourenzo Varela (Catro poemas para catro gravados, e Lonxe). Trata temas como as vivencias tráxicas da guerra, o pasado histórico das clases populares, a reivindicación de figuras da Galicia medieval e a saudade da terra dos seus antergos que contempla dende o exilio.
  • Luís Seoane (Fardel no exiliado, As cicatrices...). A súa poesía carece de recursos estilísticos para que todo o mundo o entenda.

A Narrativa no Exilio

Clara preferencia polos temas de guerra, cun ton de denuncia testemuñal e unha perspectiva memorialista. Destacan:

  • Silvio Santiago (Vilardevós, O silencio redimido).
  • Antón Alonso (O siñor Afranio, ou como me rispei das gadoupas da morte; Nidia).
  • Ramón de Valenzuela (Non agardei por ninguén, Era tempo de apandar, O naranxo).

O Teatro no Exilio

O teatro no exilio presentou dúas vertentes: o culto, con temas de carácter innovador, e o teatro máis popular, enxebrista e costumista.

  • Castelao só escribiu unha peza teatral: Os vellos non deben namorarse. As liñas da súa concepción teatral eran: o gusto pola expresión e a simetría estrutural, o simbolismo e o expresionismo combinados co humor, preferencia polo teatro popular e a obra concibida como espectáculo.
  • Luís Seoane (A soldadeira, Esquema de Farsa, O irlandés astrólogo: tres pezas dramáticas).
  • Manuel Varela Buxán: animou o teatro galego na Arxentina (Se o sei... non volvo á casa, O cego de Fornelos...).
  • Ricardo Flores: vinculado ao Centro Coruñés de Bos Aires (Mai e filla, Catro estampas de beiramar).

A Poesía Galega entre 1936 e 1976

O silencio que seguiu á sublevación do 36 rompeuno en Galicia Aquilino Iglesia Alvariño con Cómaros verdes. Lentamente rexurdiu a literatura galega. Como consecuencia da censura, aparecen tres xeracións de poetas:

  • A Xeración do 36, cuxos poetas se caracterizan por nacer entre 1910 e 1920 e estar marcados pola Guerra Civil. Moitos proviñan da pequena burguesía e non publicaron ata os anos 50 e 60. Seguen á Xeración Nós e á do 25, pero distáncianse.

Entradas relacionadas: