Curros Enríquez e Eduardo Pondal: obras, temas e conceptos da Literatura Galega do Rexurdimento

Lengua y literaturaActualizado el 5,46 KB

Resumen

O documento presenta dous autores clave do Rexurdimento galego: Manuel Curros Enríquez, con 'Aires da miña terra' e 'O Divino Sainete', e Eduardo Pondal, con 'Queixumes dos Pinos' e 'Os Eoas'. Repasa as liñas temáticas de cada obra, a súa dimensión anticlerical e épico-lírica, e inclúe un apartado sobre conceptos lingüísticos básicos da normativa galega como estándar, vulgarismo, dialectalismo e castelanismo.

Puntos clave

  • Curros Enríquez (1851-1908) é autor de 'Aires da miña terra' e 'O Divino Sainete', obras de poesía social, costumista e intimista.
  • 'O Divino Sainete' imita a Divina Comedia e narra unha peregrinación a Roma en tren de sete vagóns, símbolo dos sete pecados capitais.
  • Curros é considerado anticlerical por criticar a Igrexa como institución que fomenta fanatismo, superstición e ignorancia.
  • Eduardo Pondal (1835-1917) escribe 'Os Eoas' e 'Queixumes dos Pinos', onde recrea unha mitoloxía celta con Breogán como figura central.
  • Pondal considérase bardo de Galicia por guiar ao pobo sometido e amosarlle o seu pasado celta para procurar a súa redención.
  • A lingua estándar é a que se usa nos medios e no ensino; vulgarismos, dialectalismos e hipergaleguismos son formas diferentes, mentres que os castelanismos son interferencias do castelán.

Ponte a prueba

A Literatura Galega do Rexurdimento: Curros Enríquez e Eduardo Pondal

I. Manuel Curros Enríquez (1851-1908)

1. Cales son as obras máis importantes de Curros Enríquez?

As obras máis importantes son: Aires da miña terra e O Divino Sainete.

2. Que tres liñas temáticas hai en "Aires da miña terra"?

  • Poesía social ou cívica: Curros cría na función social da poesía e entendía que o poeta debía estar comprometido co pobo e denunciar os problemas da sociedade. Boa parte dos seus poemas reflicten as súas críticas, que se dirixen contra a Igrexa por fomentar o fanatismo e a superstición, que provocan a ignorancia e o atraso. Tamén ataca os fidalgos e os caciques, que son os beneficiarios dos foros e impostos que escravizaban os labregos, provocando a súa pobreza e obrigándoos á emigración.
  • Poesía costumista: Esta temática ten unha escasa presenza na súa obra e, en ocasións, combínase coa temática social. Son costumistas os tres poemas premiados en Ourense en 1877: “A Virxe do Cristal”, “Unha voda en Einibó” e “O Gaiteiro”.
  • Poesía intimista: Son poucos os poemas en que Curros expresa a súa propia situación anímica. Neles trata acontecementos familiares, como a felicidade polo nacemento do seu primeiro fillo, ou a dor pola morte da súa nai e a do seu segundo fillo, e noutros ofrece unha visión pesimista da existencia.

3. Resume o argumento da súa obra “O Divino Sainete”

Tomando como modelo a Divina Comedia de Dante, relata unha imaxinaria peregrinación a Roma para gañar o Xubileu. Realiza a viaxe acompañado de Francisco Añón nun tren de sete vagóns, que simbolizan os sete pecados capitais. En cada vagón viaxan diferentes persoas representativas da Galicia da época, entre elas o xuíz Mella, o bispo Cesáreo, Emilia Pardo Bazán, etc.

Cando chegan a Roma, visitan o Vaticano e son recibidos polo Papa León XIII, a quen lle piden que renuncie ás riquezas e leve unha vida humilde. O Papa prométeo, mais os dous poetas poñen en dúbida a súa palabra.

4. Explica por que se pode considerar a Curros como un poeta anticlerical.

A Curros pódese considerar como un poeta anticlerical porque as súas críticas diríxense á Igrexa como institución corrupta que favorece o fanatismo, a superstición e a ignorancia. Tres dos poemas de Aires da miña terra provocaron que o bispo de Ourense enviase un comunicado a todas as parroquias da diocese prohibindo a lectura do libro por considerar que atentaban contra os dogmas da fe católica. O poeta foi excomungado e sometido a un proceso penal.

II. Eduardo Pondal (1835-1917)

5. Cales son as obras máis importantes de Eduardo Pondal?

As obras máis importantes de Pondal son: Os Eoas e Queixumes dos Pinos.

6. Que dúas liñas temáticas hai en “Queixumes dos Pinos”? Explícaas.

  • Poesía épico-lírica: Pondal recrea unha mitoloxía celta, na que cobra especial protagonismo Breogán. Pondal vese a si mesmo como un bardo que guía o pobo sometido e pretende facelo coñecedor do seu heroico pasado celta a fin de que procure a súa redención e a liberación colectiva. A poesía de Pondal caracterízase por elementos procedentes de distintos ámbitos culturais, como o celtismo e o helenismo.
  • Poesía lírica: Os temas principais son:
    • Natureza: Aparece en estado puro, atemporal, sen presenza de humanos.
    • Muller: É vista desde unha dobre perspectiva: unhas veces de xeito romántico e outras desde unha perspectiva misóxina e sexista.

7. Que é un bardo? Por que Pondal se considera Bardo de Galicia?

Pondal vese a si mesmo como un bardo que guía o pobo sometido e pretende facelo coñecedor do seu heroico pasado celta a fin de que procure a súa redención e a liberación colectiva.

8. Responde brevemente: Que é o celtismo? Como é a lingua que utiliza Pondal?

O Celtismo: os elementos do mundo celta están representados pola identificación do poeta cun bardo, pola presenza do dólmen como vestixio do pasado e, sobre todo, a figura de Breogán. É unha lingua moi culta e moi traballada.

III. Conceptos Lingüísticos Fundamentais

A continuación, defínense algúns conceptos clave sobre a variedade e a normativa da lingua galega:

  • Lingua estándar: É o modelo de lingua que seguen todos os falantes. Esta variedade é a empregada principalmente nos medios de comunicación e no ensino. É boa para o galego.
  • Vulgarismo: Son formas incorrectas que consisten na alteración do vocalismo e do consonantismo das palabras. Son bos para o galego.
  • Dialectalismos: Formas pertencentes á lingua falada nas diversas zonas de Galicia, que difiren das normativas. Son bos para o galego.
  • Hipergaleguismo: Ás veces empréganse formas ultracorrixidas de palabras galegas, pero que algúns falantes consideran non galegas por coincidiren coas castelás. Son malos para o galego.
  • Castelanismos: Os castelanismos son un claro exemplo das interferencias que o castelán provoca sobre o galego. Hai varios tipos: fonéticos, ortográficos, morfosintácticos, léxicos e semánticos. Son malos para o galego.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cales son as obras máis importantes de Curros Enríquez?

As obras máis importantes son 'Aires da miña terra' e 'O Divino Sainete'.

Cales son as obras máis importantes de Eduardo Pondal?

As obras máis importantes de Pondal son 'Os Eoas' e 'Queixumes dos Pinos'.

Por que se considera a Curros Enríquez un poeta anticlerical?

Porque as súas críticas diríxense á Igrexa como institución corrupta que favorece o fanatismo, a superstición e a ignorancia. Tres poemas de 'Aires da miña terra' provocaron que o bispo de Ourense prohibise a lectura do libro.

Que é un bardo e por que Pondal se considera Bardo de Galicia?

Un bardo é un poeta que guía o pobo sometido e o fai coñecedor do seu heroico pasado celta para procurar a súa redención e liberación colectiva. Pondal vese a si mesmo como tal.

Ponte a prueba

Tarjetas de repaso

Pulsa una tarjeta para ver la respuesta.

Test

1. Cal é a obra de Curros Enríquez que imita a Divina Comedia de Dante?
2. Cantos vagóns ten o tren no que viaxan Curros e Añón?
3. Que tipo de poesía non aparece de forma destacada en 'Aires da miña terra'?
4. Que figura mitolóxica ocupa un lugar central na poesía de Pondal?
5. Como se considera a lingua estándar segundo o texto?
6. Que son os castelanismos segundo o documento?

Preguntas generadas con IA a partir del documento: comprueba las respuestas con el texto.