Literatura Galega do Rexurdimento: Rosalía, Pondal e Curros
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 5,27 KB
Rosalía de Castro (1837-1885)
Foi a principal renovadora da poesía galega. Coa publicación do seu primeiro libro, Cantares gallegos (1863), dáse por inaugurado o chamado Rexurdimento.
Cantares gallegos (1863)
- Prólogo: reivindica e xustifica o uso do galego.
- 36 poemas: a partir de cantares, romances e coplas populares.
Temática:
- Costumista: descrición de tipos e costumes (personaxes populares, traballos do campo, romarías, festas, costumes...).
- Protesta social: sitúase do lado dos desfavorecidos, denuncia problemas concretos como a emigración e a fame, as inxustizas que as causan e as súas consecuencias.
- Intimista: reflíctense sentimentos do eu lírico como a morriña, o amor, a soidade, etc.
- Composicións de carácter patriótico: hai un recoñecemento do carácter diferencial do pobo galego e unha denuncia da marxinación e maltrato a que está sometida Galicia e os galegos.
- Reivindicación da lingua galega: pretende dignificar o galego demostrando que é unha lingua válida para a expresión literaria.
Os poemas son de estilo claro e popularizante, con versos de arte menor e rima asonante.
Follas novas (1880)
- Prólogo
- 137 poemas organizados en 5 partes:
- "Vaguedás": as mulleres escritoras e a súa propia obra. Pesimismo vital e lamento polo ánimo xuvenil perdido imposible de recuperar.
- "Do íntimo": desacougo pola brevidade dos momentos felices. O suicidio. Amor e desamor. Críticas á Igrexa. Xustifica a violencia como reacción aos abusos.
- "Varia": lamento polo sufrimento dos desfavorecidos. Dor por amor, pola brevidade do tempo e o suicidio; polo pasaxeiro dos momentos felices.
- "Da Terra": denuncia os abusos que se cometen co pobo galego e, en especial, coas mulleres.
- "As viúvas dos vivos e as viúvas dos mortos": a emigración e os problemas sociais derivados, especialmente o desamparo en que queda a muller. Abusos dos poderosos contra os labregos. Chamamento aos poetas para que se comprometan coa realidade social galega.
Eduardo Pondal (1835-1917)
Tres liñas temáticas que caracterizan a súa obra:
- Bardismo: o poeta considérase o bardo/vate do pobo galego. Eríxese como o guía e cantor das fazañas heroicas do pobo galego.
- Celtismo: Pondal crea un pasado glorioso para o pobo galego. Os galegos proceden do valoroso pobo celta.
- Helenismo: influencias de Homero e do mundo grego para recrear o pasado glorioso dos galegos.
Obra:
Queixume dos pinos (1886)
- 91 poemas.
- Reivindica o pasado glorioso celta do pobo galego.
- Chama o pobo a loitar pola súa dignidade.
- Defensa da lingua galega.
- Sente a incomprensión do pobo.
- Comuñón da voz lírica coa paisaxe galega, especialmente coa de Bergantiños.
- Reacción melancólica ao paso do tempo.
Os Eoas (póstumo, 2005)
Epopea do pobo galego moi influenciada por Os Lusíadas de Luís de Camões, o poeta nacional portugués.
Manuel Curros Enríquez (1851-1908)
Aires da miña terra (1880)
- Defensa do progreso.
- Denuncia da inxustiza e do abuso de poder.
- Ataca o fanatismo relixioso: anticlericalismo e anticaciquismo.
O divino sainete (1888)
Poema narrativo de tipo satírico en que o autor parodia a Divina comedia de Dante. Está composto por 512 tríades de versos octosílabos con rima consonante.
Morfoloxía Verbal: O Verbo en Galego
Indicativo
- Presente: ando, bates, parte.
- Copretérito: andaba, batía.
- Pretérito: andei, andaches, batín.
- Antepretérito: andara, andaramos.
- Futuro: andarei, baterás.
- Pospretérito: andaría, bateriamos.
Subxuntivo
- Presente: ande, vaiamos.
- Pretérito: andase, batésemos.
- Futuro: andar, andares, bater, andarmos, baterdes.
Imperativo
anda, andade, bate, batede, parte, partide.
Formas non persoais e Infinitivo Persoal
- Infinitivo Persoal: -ar, -es, -ar, -mos, -des, -en.
- Infinitivo Non Persoal: andar, bater, partir.
- Xerundio: andando, batendo.
- Participio: andado, batido, partido.