Literatura Galega do Grupo Nós: Autores, Narrativa e Teatro

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,88 KB

A narrativa do Grupo Nós

Vicente Martínez Risco

a) Narrativa

  • Do caso que lle aconteceu ó doutor Albeiros (1919).
  • O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925), publicadas en LAR.
  • A Coutada (1926): Diálogo filosófico. A "Coutada" é unha casa herdada que simboliza a adhesión á terra, na que encontrará a felicidade.
  • Os europeos en Abrantes (1927): Publicou uns poucos capítulos en Nós. É unha sátira de lugares e persoas da vida ourensá.
  • O porco de pé (1928).

b) Produción ensaística

Xénero que lle vai ben pola súa propensión ó didactismo. Na traxectoria intelectual de Risco aprécianse tres etapas, que teñen o seu reflexo na produción ensaística:

  • A) Anterior a 1920 (explicada por el en Nós, os inadaptados, publicada en Nós, 1933): Decadentismo de fin de século, cosmopolitismo, interese polas filosofías orientais.
  • B) 1920-1934: Conversión ó galeguismo, o seu ingreso nas Irmandades e a fundación da revista Nós. Comprende ata a Guerra Civil. É o principal ideólogo do movemento coa publicación de Teoría do Nacionalismo Galego (1920), obra que exalta o ser de Galicia a través da lingua, da terra e da raza.
  • C) 1934-1963: Comeza coas crónicas da súa viaxe a Centroeuropa, publicadas en Nós, en parte recollidas en Mittleuropa (1934). Aparece el mesmo caricaturizado. Mostra un desencanto polas direccións que tomaba o movemento galeguista (aparecen ideas como militarismo, fascismo, reaccionarismo...).

Na posguerra, Risco regresa a posturas do primeiro momento: á inadaptación, individualismo, introversión..., centrándose no estudo da tradición galega. En 1961 publica Leria, volume que reúne traballos desde 1920 a 1955, entre os que se inclúen: O sentimento da terra na raza galega, Nós, os inadaptados, Dédalus en Compostela, etc.

Ramón Otero Pedrayo

a) Narrativa

1. Relatos breves
  • Pantelas, home libre (1925): O protagonista regresa á casa despois de doce anos de cadea.
  • O purgatorio de D. Ramiro (1926): Ten como protagonista o esqueleto dun fidalgo e como tema a vida de ultratumba.
  • Escrito na néboa (1927): Boceto de Arredor de si. Adrián Salovio, mozo fidalgo, soña con vivir unha vida de intelectual e ofrécenos as súas impresións a través da análise do seu mundo interior.
2. Novelas
  • Os camiños da vida (1928): Trata sobre a ruína da pequena aristocracia agraria galega do XIX, o ascenso da burguesía vilega, dos comerciantes casteláns e, por ende, a alteración dos modos tradicionais de vida.
  • Arredor de si (1930): Trata da conversión dos homes do grupo "Nós" ó galeguismo, e sobre todo retrátase a si mesmo na figura do intelectual Adrián Salovio, quen, despois dun anseio cosmopolita pola cultura europea, entra nunha crise que o leva ó encontro de Galicia e de si mesmo.
  • Fra Vernero (1934): Excepción na súa produción, pois non fai referencia á temática galega. Trata da vida do personaxe histórico Zacarías Werner (fin XVIII - 1ª metade XIX). Por esta obra desfilan Goethe, Voltaire, Mozart, Rousseau, Hegel... Visión da Europa daqueles días.
  • A romaría de Xelmírez (1934): Novela histórica de asunto medieval. Trata da viaxe que fixo Xelmírez a Roma para solicita-la dignidade do Palio para a sé compostelana. Otero fai apoloxía do personaxe que representa unha Galicia románica, europea, vencellada á cultura do seu tempo.
  • Devalar (1935): A protagonista é Galicia. Consta dunha serie de cadros que conforman todos xuntos unha representación de Galicia.
  • O mesón dos ermos (1936): Novela curta onde destacan os retratos realistas da vida da aldea.

b) Ensaio

  • Pelerinaxes (1929): Ten como base o relato da viaxe realizada con Risco a San Andrés de Teixido. Descrición da paisaxe galega ateigada de reflexións críticas, evocacións históricas e interpretacións culturais.
  • Guía de Galicia (1926).
  • Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939).
  • Polos vieiros da saudade (1952): Crónica da primeira viaxe a América en 1947.
  • O espello no serán (1966): Recollida de prosas con Santiago como "telón" de fondo.

c) Poesía

  • Bocarribeira (1958): Nome que recibe a recompilación da súa poesía en formato libro.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

a) Narrativa

  • Un ollo de vidro (1922): Na colección CÉLTIGA, co subtítulo "Memorias dun esquelete". No prólogo, Castelao diríxese ó lector explicando como atopou as memorias do esqueleto que veñen a continuación. Son unha serie de secuencias narrativas unidas polo feito de estaren contadas por un mesmo narrador, o esqueleto, que lembra sucesos da súa vida pasada a dous colegas dun cemiterio urbano a través do seu ollo de vidro. Dose de tenrura no tratamento do tema de ultratumba que non se encontra en Risco.
  • Cousas: Conxunto de prosas con ilustracións publicadas con anterioridade na prensa. O primeiro libro aparece en 1926 e a segunda colección en 1929. En 1934, edición que recolle as dúas anteriores. A "cousa" consiste na fórmula literaria máis orixinal e característica de Castelao; é unha fórmula literaria presente en toda a súa obra narrativa.
  • Retrincos (1934): É unha colección de cinco contos que se nos presentan como autobiográficos e que recollen cinco momentos da vida de Castelao, ordenados cronoloxicamente: O segredo, O inglés, Peito de Lobo, O retrato e Sabela.
  • Os dous de sempre: A única novela de Castelao. É unha sucesión de 44 relatos que gardan unidade pola referencia a dous personaxes constantes: Pedriño e Rañolas.

b) Ensaio

  • Sempre en Galiza: Este libro representa o labor ensaístico de Castelao.
  • Prólogo - ADRO -: Foi escrito en Badajoz no ano 1935. Componse de 14 pequenos textos onde el compara a realidade estremeña coa realidade galega do momento.
  • O libro primeiro: Foi escrito en Barcelona e Valencia no ano 1937.
  • O libro segundo: Data de 1940. Foi escrito en Nova York e no Atlántico.
  • O libro terceiro: De 1943, xa instalado en Buenos Aires.
  • O libro cuarto: Foi composto no paquebote Campana que o levaba de Marsella a Buenos Aires. Nestes últimos tres libros, Castelao defende a Galicia contra a República, que herdara da Monarquía o modelo centralista do Estado. Publicado en Buenos Aires en 1943.

O teatro no Grupo Nós

A) Produción teatral de Vicente Martínez Risco

Unha soa obra teatral, O bufón de El Rei, drama en catro pasos, editada en 1928. A acción desenvólvese na época medieval, vista a través das ficcións artúricas.

B) Teatro de Ramón Otero Pedrayo

  • A lagarada (1929): Trátase dunha traxedia dionisíaca na que a vendima e o viño fan agroma-la forza das paixóns máis elementais: a cobiza e a luxuria.
  • O desengano do prioiro (1952): É unha peza humorística que ten como asunto a implantación da industria dos cadaleitos no Ribeiro.
  • Noite compostelana (1973): Trátase dun diálogo ateigado de lirismo e de símbolos.

C) Teatro de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

  • Os vellos non deben (de) namorarse: Foi estreada en Buenos Aires en 1941. Dáse gran importancia aos decorados, ás roupas dos personaxes e ás máscaras. A morte aparece como personaxe advertindo ao vello dos perigos que conleva o seu namoramento serodio.

A fundación do Grupo Nós

En Ourense, un grupo de intelectuais ligados ás Irmandades da Fala fundan o grupo “Nós”, chamado a ter unha importancia capital na cultura galega deste século. Sentaron as bases da moderna prosa galega, tanto literaria como científica.

Formaban este grupo Vicente Risco, Florentino Cuevillas e Ramón Otero Pedrayo, colaborando con Antón Losada Diéguez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Tódolos membros teñen algo en común: o interés por outras culturas nun afán de escapar do vulgar e o habitual. Viñeron a descubri-lo que andaban buscando na singularidade de Galicia.

A revista Nós

Fundada no ano 1920 como Boletín mensual da cultura galega, foi o órgano de expresión do grupo Nós e nela colaboraron tódolos grandes escritores e artistas daquel tempo. Podíase escribir en galego sobre tódalas materias. A revista Nós cubriu sobradamente os seus obxectivos.

Estados de ánimo/emocións

  • ARROUTOS: Axitación súbita e violenta do ánimo, perder o control.
  • ABRAIO: Impresión de admiración, extrañeza ou sorpresa.
  • HILARIDADE: Explosión de risa.

A poesía de Álvaro Cunqueiro

No ano 1981 morría Álvaro Cunqueiro, un dos máis grandes escritores da literatura galega de todos os tempos. Naceu en Mondoñedo no ano 1911. Os seus primeiros libros, Mar ao norde e Poemas do si e do non, están moi influídos polo superrealismo. Nos seus libros seguintes, Cantiga nova que se chama ribeira e Dona do corpo delgado, participa da corrente neotrobadoresca que inaugurara Bouza-Brey. O seu derradeiro libro de poesía, Herba aquí e acolá, apareceu en 1980.

Manuel Antonio, poeta do mar

O poeta Manuel Antonio Pérez Sánchez naceu na mariñeira vila de Rianxo, no ano 1900. No ano 1922 publicou, xunto co pintor Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!. A súa poesía está moi influída polo creacionismo. En vida só publicou un libro, De catro a catro, que é unha especie de diario dun mariñeiro.

A prosa de vangarda: Rafael Dieste

A produción literaria de Rafael Dieste (Rianxo, 1899-1981) abrangue a narrativa e o teatro:

  • Narrativa: Dos arquivos do trasno (1926).
  • Teatro: A fiestra valdeira (1927).

Teatro e narrativa das Irmandades

Coas Irmandades da Fala, o teatro convértese en instrumento de concienciación política e lingüística. En 1919, Antón Villar Ponte promove na Coruña a creación do Conservatorio Nazonal de Arte Gallego. A narrativa galega experimenta un gran crecemento grazas ao interese das Irmandades da Fala por crear unha prosa de ficción que contribúa a consolidar o sistema literario galego e crear un público lector.

Entradas relacionadas: