A Literatura Galega do Exilio (1936-1976): Poesía, Prosa e Teatro da Resistencia Cultural

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,42 KB

A Literatura do Exilio entre 1936 e 1976: Poesía, Prosa e Teatro

A Guerra Civil interrompeu tráxicamente o movemento político e cultural do primeiro terzo do século XX, representado polas **Irmandades da Fala**, a **Xeración Nós**, o **Seminario de Estudos Galegos** e o **Partido Galeguista**.

O triunfo do franquismo significou a desaparición, por morte, exilio ou silencio forzoso, das persoas da cultura e literatura galegas e o aniquilamento das empresas como editoriais, revistas, centros de estudo... convertendo Galicia nun **ermo total** nos anos posteriores á guerra, sobre todo durante a década dos 40.

A actividade cultural e literaria só sobreviviu durante estes anos no exilio e na emigración, sobre todo na **Arxentina**. En Bos Aires, creáronse editoriais (Galicia, Atlántida, Emecé...), organizábanse exposicións, representacións teatrais ou audicións de radio en galego; editáronse xornais e revistas (*Correo Literario*, *Galicia Emigrante*, segue viva *A Nosa Terra*...), converténdose esta cidade na verdadeira **capital política, cultural e literaria de Galicia**.

A Poesía

Dentro da ampla actividade cultural dos exiliados salientan **Luís Seoane**, **Lorenzo Varela** e **Emilio Pita**. As súas obras de contido social influíron na corrente **socialrealista** que triunfou en Galicia nos 60 e 70.

Emilio Pita

É autor dun dos primeiros libros publicados no exilio con *Jacobusland*. Neste poemario, ilustrado por **Castelao**, retoma a poesía social ao xeito de **Cabanillas** para denunciar a guerra e o exilio e expresa a nostalxia pola Galicia anterior ao conflito. Prima a mensaxe por riba da cuestión formal, tanto nesta obra coma nas seguintes: *Cantigas de nenos*, *Polos camiños do pobo*; *Os relembros. As cantigas*; *O ronsel verdegal*.

Lorenzo Varela

É un dos continuadores deste labor. Escribe: *Catro poemas para catro gravados*, ilustrado por Seoane, onde desenvolve personalidades históricas galegas (María Pita, María Balteira, Roi Xordo e o bispo Adaúlfo). A súa obra máis significativa é *Lonxe*, a cal ten unha dobre temática: a denuncia da guerra e das súas consecuencias no país, e a añoranza provocada pola ausencia da Terra e o exilio.

Luís Seoane

É o poeta de catro poemarios: *Fardel do exiliado*; *Na brétema, Sant-lago*; *Cicatrices*; *A maior abondamento*. Onde o tema central é a **emigración**, tratada desde a perspectiva dos propios emigrantes. Ten unha concepción **socialrealista** da poesía, enténdea coma unha arma para a denuncia. O protagonista dos poemas é o pobo galego, verdadeiros heroes de Galicia.

A Narrativa

A maior achega á narrativa desde o exilio veu da man de **Blanco Amor** (emigrante e despois autoexiliado), coa publicación de *A esmorga* e de **Neira Vilas**, con *Memorias dun neno labrego*.

A narrativa do exilio caracterízase pola publicación de novelas **realistas**, con **autobiografismo**, que centran a súa temática na experiencia traumática provocada pola guerra e a represión dos primeiros anos da posguerra: mundo dos fuxidos, a guerrilla, a represión e o desterro. Os seus máximos representantes son:

Ramón de Valenzuela

En *Non agardei por ninguén* aborda as peripecias dun fuxido e guerrilleiro co trasfondo da marxinación do mundo rural, das inxustizas sociais, e da loita galeguista.

Silvio Santiago

Con *Vilardevós* recrea a súa aldea natal e a súa infancia. *O silencio redimido* conta a traxedia vivida na conxuntura da guerra.

Antón Alonso Ríos

*Da saudade. Amore, arte e misticismo*, é unha novela de evocación fidalga con protagonismo da paisaxe. *O siñor Afranio ou como rispei das gadoupas da morte* é unha novela autobiográfica que trata o tema da guerra e da fuxida para escapar da morte de moitos dos seus compañeiros e amigos.

O Teatro

A existencia de compañías como **Compañía Galega Maruxa Villanueva** e **Teatro Popular Galego** fixeron posible a actividade teatral no exilio.

Distínguense dous modelos distintos, estética e tematicamente:

  • Teatro Popular

    Teatro costumista, que non esquece a intención de espertar a **conciencia galeguista**. O dramaturgo máis importante foi **Varela Buxán**, autor de obras como *A xustiza do muiñeiro* ou *O ferreiro de Santán*.

  • Teatro Culto

    Continúa a liña modernizadora do grupo Nós tanto na estética coma nas técnicas dramáticas:

    • Castelao

      *Os vellos non deben de namorarse*, estreada en Bos Aires, mestura tradición e estética **expresionista**.

    • Luís Seoane

      Malia non poder estrear daquela ningunha obra por mor das circunstancias, escribiu tres pezas: *A soldadeira*, *O irlandés astrólogo* e *Esquema de farsa*. É un teatro moi culto, cívico, moderno e de gran calidade.

    • Blanco Amor

      Autor de *Farsas para títeres* e *Teatro para a xente*, moi representadas en Galicia a partir do anos 70.

    • Daniel Varela Buxán

      Autor de obras costumistas centradas na vida labrega: *Taberna sen dono. A xustiza dun muiñeiro*.

    • Ánxel Fole

      Publicou a obra *Pauto do demo*.

    • Isaac Díaz Pardo

      Publicou *Midas* e *O ángulo de pedra*.

O Ensaio

*Sempre en Galiza* de **Castelao** foi a obra ensaística cimeira publicada no exilio de Bos Aires.

Entradas relacionadas: