Literatura Galega na Democracia: Narrativa, Teatro e Poesía
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,88 KB
A Narrativa Galega na Democracia
Contexto e Temáticas
O panorama social galego evolucionou no período democrático respecto ao da etapa anterior, o cal se ve reflectido na nosa narrativa. Os autores van tratar temas como: a corrupción, o narcotráfico, o paro...
En canto ás técnicas empregadas, desde os anos 50 a nosa narrativa vai explorar novos camiños seguindo as influencias de Kafka, Joyce, etc., ata os anos 80.
A Narrativa Postfranquista (75-79)
Entre os anos 75-79 xorde a narrativa postfranquista e créase unha 'novela de quiosco' na que os autores tratan de recrear o paraíso da infancia perdida. É unha narrativa de carácter popular. Destacan autores como:
- Xosé Fernández Ferreiro (A morte de Frank González, Morrer en Castelo de Miño e Agosto do 36)
- Paco Martín (Das cousas de Ramón Lamote), que recibiu o Premio Nacional de Literatura.
- Anxo Rei Ballesteros (Dous anxos e dous mortos)
- Lois Diéguez (Galou Z-28), obra de ficción.
A Narrativa dos Anos 80
Nos anos 80 a narrativa amplía as súas fronteiras creando novelas que xiran arredor de certames literarios.
- Víctor Freixanes (O triángulo inscrito na circunferencia), de carácter histórico.
- Xavier Alcalá (A nosa cinza), narra a educación da posguerra.
- Alfredo Conde (Xa vai o griffón no vento)
Un xénero novelístico que destaca nesta etapa é a novela negra, en obras como Crime en Compostela do escritor Carlos G. Reigosa.
Tamén destaca o escritor Suso de Toro coa obra Tic-Tac. Este escritor representa a novela experimental, caracterizada pola ruptura coa tradición e o vangardismo.
A Narrativa dos Anos 90
Nos anos 90 preséntase unha diversificación dos xéneros e presentan características de tendencias anteriores, como a novela negra e a crónica, mais tamén se elaboran outras novas.
- Gonzalo Navaza (Erros e Tánatos)
- Xosé Miranda (As mans do medo), relato de terror.
- Domingo Villar (Ollos de auga)
Na novela histórica temos autores como:
- Méndez Ferrín (No ventre do silencio)
- Manuel Rivas (O lapis do carpinteiro, Todo é silencio)
- Darío Xohán Cabana: recrea a literatura de Cunqueiro en obras como Galván en Saor.
- Xurxo Borrazás (Cabeza de chorlito), representante da narrativa experimental.
Literatura Infantil e Xuvenil
Para rematar, os anos 80 e 90 tiveron unha gran influencia en escritores que destinaron as súas obras a temas infantís e xuvenís, como:
- Agustín Fernández Paz (Cartas de inverno e Corredores de sombra).
Tamén destaca Fina Casalderrey.
O Teatro Galego Contemporáneo
O Grupo Abrente
- Manuel Lourenzo (Veladas indecentes)
- Euloxio R. Ruibal (Zardigot, Marémia, Azos de esguello)
- Roberto Vidal Bolaño (Laudamuco, señor de ningures, A burla do galo, Saxo tenor)
A Promoción dos 80
- Xesús Pisón (Ei, Feldmülhe!, Venenos)
A Promoción dos 90
- Cándido Pazó (Ñiquiñaque, Piragua)
- Raúl Dans (Matalobos, Estrema)
A Poesía Galega dos 80 e 90
Poesía dos Anos 80
Culturalismo
- Xosé María Álvarez Cáccamo (Praia das Furnas)
- Manuel Forcadela (O regreso das ninfas)
- Manuel Rivas (Costa da Morte blues)
- Eusebio Lorenzo Baleirón (Os días combinados)
- Ramiro Fonte (Xardín do pasatempo)
Outras Tendencias
Experimentalismo / Esteticismo / Europeísmo / Apertura temática.
Poesía dos Anos 90
- Pilar Pallarés (Sétima soidade)
- Ana Romaní (Palabras de mar)
- Claudio Rodríguez Fer (Vulva, A boca violeta)
- Manuel Vilanova (E direi-vos eu do mester de cobras)
- Miguel Anxo Fernán-Vello.