Literatura Galega da Posguerra: Xeración dos 50 e Nova Narrativa Galega

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,98 KB

A Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

Autores e Obras

  • Álvaro Cunqueiro: A noite vai como un río
  • Ricardo Carballo Calero: A árbore
  • Jenaro Marinhas del Valle
  • Manuel María: Barriga Verde

Outros autores a salientar deste período son: Bernardino Graña, Arcadio López Casanova, Xohana Torres e Méndez Ferrín. Ademais, tamén poderían ser incluídos no Grupo de Enlace autores como Otero Pedrayo (Noite compostelá e O fidalgo e a noite), Blanco Amor ou Xosé Filgueira Valverde.

A Nova Dramaturxia: O Teatro Independente. O Grupo de Ribadavia

É na década dos anos 60 e 70 cando o teatro independente se propón achegar o xénero dramático á xente. As compañías tiñan carácter itinerante e percorrían Galicia con certo afán galeguizador.

En 1965, Manuel Lourenzo funda o primeiro grupo teatral independente, O Facho. O ano 1973 é crucial no desenvolvemento do xénero dramático no sistema literario galego, xa que a partir da Mostra e do Certame Abrente de Teatro Galego, os grupos tiveron un punto de encontro para saber uns dos outros.

Características do Grupo de Ribadavia

  • Vinculados ás actividades dramáticas non só como escritores, senón como directores, actores…
  • Impulsaron a profesionalización do sector.
  • Crearon un teatro comprometido coa realidade social e política do país.
  • Gusto polo experimentalismo e conexión coas tendencias do teatro europeo do momento.
  • Conseguiron a normalización lingüística en escena.
  • Serviron de guía a xeracións posteriores.
  • Amosaron interese polo teatro infantil.

Actores e autores: Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño representan a idea do home de teatro total.

A Nova Narrativa Galega

O Núcleo Central da Nova Narrativa Galega

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nace un árbore
  • X. L. Méndez Ferrín: Percival e outras historias
  • Camilo Gonsar: Como calquer outro día
  • María Xosé Queizán: A orella no buraco
  • Carlos Casares: Vento ferido
  • Xohán Casal: O camiño de abaixo

Aos que se poderían engadir Xohana Torres, Lois Diéguez ou Vicente Vázquez Diéguez.

Características Xerais dos Autores da NNG

A renovación afecta a diferentes aspectos e busca un lector empírico moi concreto.

  • Espazo: Galicia e o mundo rural deixan de ser o espazo preferente. Dominan os universos urbanos e os espazos interiores.
  • Tempo: A ruptura da linealidade temporal é unha constante. É caótico.
  • Personaxes: Desaparición do individuo como eixo central da narración, a disolución do protagonista como heroe.
  • Narrador: Especial relevancia técnica o monólogo interior, ou a técnica do ollo cinematográfico. Pluralidade de voces narrativas.
  • Lingua: A lingua oral deixa de ser o referente básico. As novas realidades levan á renovación do material lingüístico.
  • Temas: Configuran novos eixes temáticos: o tratamento intensivo do absurdo existencial; a presenza reiterada da violencia; a liberalidade con respecto ao tema sexual; etc.
  • Lector: O lector ideal desta é moi selecto, capaz de ler códigos innovadores.

Os Renovadores da Prosa Entre 1936 e 1976: Tendencias Narrativas

  • Continuación da prosa da Xeración Nós: Rico, Otero Pedrayo ou Carballo Calero.
  • O realismo fantástico: Cunqueiro, que elimina fronteiras entre a realidade e os produtos da imaxinación.
  • O realismo popular: representado por Ánxel Fole.
  • O realismo social: representado por Eduardo Blanco Amor.
  • O realismo rural: representado por Xosé Neira Vilas.
  • Nace a Nova Narrativa Galega.

Álvaro Cunqueiro: Obras

  • Merlín e familia: Merlín, que vive retirado na súa casa de Miranda, na compaña de dona Xenebra, e alí recibe os visitantes que necesitan das artes máxicas do mago.

Ánxel Fole: Obras

  • Terra brava

Eduardo Blanco Amor: Obras

  • A esmorga

Xosé Neira Vilas: Obras

  • Memorias dun neno labrego

Contexto Histórico

O levantamento militar contra o Goberno lexítimo da II República supuxo unha creba histórica e cultural en Galicia, iniciándose a longa noite de pedra. O réxime franquista liquidou o sistema democrático e as liberdades, implantando unha política centralista e homoxeneizadora.

Só actividades como o comercio de volframio, o contrabando e o estraperio permitiron algunhas fortunas individuais. Diante desta situación, a saída estaba na emigración, principalmente a Europa, en menor medida a outras zonas do Estado español e a América.

Será na década dos 60 cando se produza a transformación desa agricultura tradicional, debido á crecente mecanización das explotacións agrarias, á inmigración cara ás cidades galegas e á emigración a outras zonas do Estado e a Europa, á crecente urbanización e a unha certa industrialización (Uteco-Coren, Larsa), o auxe dos estaleiros de Ferrol e Vigo.

A paralización sufrida pola literatura galega tras a Guerra Civil foise superando aos poucos. Desde xullo do 36, a lingua galega foi vítima dunha constante persecución. Esta política represiva contou coa colaboración das institucións vencelladas ao poder: Igrexa, escola, medios de comunicación e administración, que empregaban o castelán. O franquismo procuraba, así, a perda da identidade galega. Durante anos a cultura galega mantivose viva no exilio.

A primeira obra poética relevante publicada foi Cómaros verdes, de Aquilino Iglesia Alvariño. A lenta recuperación está impulsada por editoriais como “Galaxia”. Aos autores que se formaran antes da guerra súmanse novas voces: xeración poética do 36, Promoción de Enlace, xeración dos 50 ou das Festas Minervais.

Continuismo coas liñas estéticas anteriores ao 36, tematicamente descomprometidas como: hilozoísmo, neotrobadorismo, ruralismo. Sobresaen dúas tendencias: o existencialismo da Escola da Tebra (Os libros, Muiñeiro de brétemas de Manuel María e Fabulario novo de Manuel Cuña Novás) e a poesía sociorrealista (interpreta a dor e a angustia).

As principais características da poesía son: compromiso ideolóxico de esquerdas e antiimperialismo, a poesía como instrumento de axitación, compromiso coa lingua e con Galicia (Longa noite de pedra).

Entradas relacionadas: