Literatura Galega: Cunqueiro, Ferreiro e Neira Vilas

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,62 KB

Álvaro Cunqueiro: Unha Obra Magna e Diversa

Álvaro Cunqueiro: Legounos unha magna obra que abrangue todos os xéneros literarios e que discorre por diferentes vías estéticas. Foi un destacado poeta, un brillante dramaturgo e un excepcional narrador que influíu de maneira determinante en numerosos autores de épocas e períodos diversos.

Tipos de Obras de Cunqueiro

Escribiu 5 tipos de obras:

Obra Poética

Divídese en 2 grupos:

  • Vangardista: destacan obras como Mar ao norte, Poemas de si e non, Cantiga nova que se chamaba Ribeira e Dona do corpo delgado.
  • Derradeiro libro: Herba de aquí ou acolá.

Obra Narrativa

Desenvólvese por completo após a Guerra Civil. As súas principais características son:

  • Convivencia do real e do fantástico nun plano de igualdade.
  • Estrutura de "boneca rusa" que pon de relevo unha clara tendencia á digresión.
  • Exhaustividade na descrición de personaxes e de espazos.
  • Mestura de personaxes de diferentes tradicións e culturas que adoitan situarse en paisaxes galegas.

Hai 2 tipos de obras narrativas:

  • Semblanzas: destacan obras como Escola de menciñeiros e fábula de vária xente e Xente de aquí e acolá.
  • Novelas: destacan obras como Merlín e familia, Crónicas do Sochantre e Se o vello Simbad volvese ás illas.

Xénero Dramático

A obra que máis destaca é O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca.

Celso Emilio Ferreiro: A Voz do Socialrealismo

Celso Emilio Ferreiro: A súa obra literaria desenvolveuse case por completo dentro do xénero lírico.

Produción Literaria

  • Obra lírica: destacan obras como O soño salgado, Longa noite de pedra e Terra de ningures.
  • Obra narrativa: destacan obras como A fronteira indefinida e A taberna do gato.

Clasificación Temática da Poesía

Atendendo á temática, a súa ampla obra poética pode clasificarse en 3 grupos:

  • Socialrealismo: destaca a obra Longa noite de pedra.
  • Intimista: destaca a obra O soño salgado.
  • Satírica: destaca a obra Os autentes.

A poesía iníciase con O soño salgado. Longa noite de pedra insírese plenamente na temática socialrealista, que triunfaba na poesía de altura. A crítica estableceu un paralelismo entre a imaxe de Longa noite de pedra e a ditadura. Os temas principais son:

  • Crítica das inxustizas sociais.
  • A defensa de Galicia.
  • A reivindicación do galego.
  • A posición ao lado das persoas marxinadas.

Con Viaxe ao país dos ananos, ábrese unha vía poética até o momento: a poesía satírica. Nesta obra, o autor mostra a súa visión particular da emigración.

Xosé Neira Vilas: Memoria e Ruralismo

Xosé Neira Vilas: É autor dunha vasta obra narrativa e ensaística; tamén se dedicou á poesía. A ollada infantil resulta determinante para comprender a súa obra narrativa, tanto pola recorrente elección de crianzas como protagonistas das súas novelas como pola dedicación que ten mostrando a literatura infantil e xuvenil. Os espazos predominantes son o universo rural galego e América.

Memorias dun neno labrego é a súa novela máis coñecida e supuxo un fito para a literatura galega. A produción narrativa pode clasificarse en 4 grupos:

  • Triloxía "Ciclo do Neno": destacan Memorias dun neno labrego e Aqueles anos de Moncho.
  • Obras sobre a Galicia rural: destaca Xente no rodicio.
  • Obras sobre a emigración galega: destaca Camiños bretemosos.
  • Memorias: destacan Lar, Pan e Nai.

A única obra que foxe de calquera posíbel cualificación temática é Unha homenaxe de pau, na que se relata a vida nunha cidade galega. A memoria da emigración é o núcleo da produción ensaística; entre os ensaios relevantes podemos citar A prensa galega de Cuba.

Variedades Lingüísticas do Galego

Variedades Lingüísticas: As linguas están suxeitas a múltiples variacións dependendo do espazo, do tempo, do nivel social e da situación comunicativa. A diversidade dun idioma contraponse sempre ao principio de unidade, que presupón a existencia dunha lingua estándar.

Bloques Dialectais

As variedades diatópicas son o conxunto de particularidades lingüísticas asociadas a determinadas áreas territoriais. Distinguimos 3 bloques dialectais:

  • Bloque occidental: Hai gheada, hai seseo, uso dos ditongos oi e ui, uso da terminación -an e uso da terminación -ns.
  • Bloque central: Non hai gheada, non hai seseo, uso do ditongo oi, uso das terminacións -ao e -a, e uso da terminación -s.
  • Bloque oriental: Non hai gheada, non hai seseo, uso do ditongo ui, uso do ditongo ua, uso das terminacións -ao e -a, e uso da terminación -is.

Entradas relacionadas: