Literatura Galega Contemporánea: Correntes, Autores e Obras Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 12,67 KB

A Nova Narrativa Galega

Baixo a denominación Nova Narrativa Galega reúnese un grupo de escritores e escritoras que publicaron as súas obras a fins dos cincuenta e na década dos sesenta. Son todos escritores moi novos que pretenden superar os modelos literarios existentes ata ese momento e inspíranse en escritores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX, incorporando aos seus escritos as innovacións temáticas e técnicas presentes nas obras destes.

Novidades da Nova Narrativa Galega

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados e ás veces sumidos en estados patolóxicos (loucura, delirio, etc.).
  • O mundo do subconsciente (traumas, pesadelos, soños...) tomado da psicanálise de Freud.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Ruptura da linearidade temporal do argumento, con constantes avances (prolepses) e retrocesos (analepses) no tempo.
  • Predominio do monólogo interior ou fluír da conciencia, que tenta reproducir os pensamentos tal como brotan na mente do personaxe.
  • Técnica do ollo cinematográfico: o narrador actúa como se fose unha cámara, rexistrando con obxectividade o que os seus sentidos perciben.

Autores Destacados da Nova Narrativa Galega

Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938)

Ferrín é un dos escritores fundamentais da literatura galega actual, tanto no ámbito da poesía como no da narrativa. As súas primeiras obras encádranse dentro da Nova Narrativa Galega e nelas apréciase a influencia da literatura europea e americana. Están protagonizadas por personaxes antiheroes que se moven en ambientes sórdidos:

  • Percival e outras historias (1958)
  • O crepúsculo e as formigas (1961)
  • Arrabaldo do norte (1964)

Nos anos 70 escribe obras máis políticas nas que presenta a violencia, a represión do Estado, a clandestinidade:

  • Elipsis e outras sombras (1974)
  • Antón e os inocentes (1976)
  • Crónica de Nós (1980)
  • Retorno a Tagen Ata (1971)

Desde 1980 combina a fantasía e as recreacións míticas da materia de Bretaña co compromiso político:

  • Amor de Artur (1982)
  • Arnoia, Arnoia (1985)
  • Bretaña Esmeraldina (1987)
  • Arraianos (1991)
  • No ventre do silencio (1999)

Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002)

A súa actividade literaria desenvolveuse sobre todo no xénero da narrativa. As primeiras obras inclúense dentro da Nova Narrativa Galega. Son de carácter autobiográfico e sitúanse en distintas etapas da súa vida:

  • Vento ferido
  • Cambio en tres
  • Xoguetes pra un tempo prohibido

As restantes obras ambientanse nun pasado histórico:

  • Narracións lúdicas situadas entre os séculos X e XX (Os escuros soños de Clio).
  • A chegada do cine a unha cidade galega nos comezos do XX (Ilustrísima).
  • A investigación dunha morte nos comezos da Guerra Civil (Os mortos daquel verán).
  • A posición dos intelectuais galeguistas durante a ditadura franquista (Deus sentado nun sillón azul).

A derradeira novela, O sol do verán, é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, rememora os veráns compartidos na nenez. Tamén escribiu obras de literatura infantil:

  • A galiña azul
  • O Can Rin e o Lobo Crispín
  • Este é Toribio
  • Un polbo xigante

E a peza teatral As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

María Xosé Queizán (Vigo, 1939)

A súa obra literaria abrangue todos os xéneros: novela, conto, ensaio, teatro e poesía. Destaca a súa implicación no movemento feminista, presente en moitos dos seus libros. Tamén creou a revista Festa da palabra silenciada co propósito de sacar da escuridade a creación literaria feminina. É tamén autora de varias pezas teatrais:

  • Antígona ou a forza do sangue
  • Non convén chorar máis...

A súa obra poética consta de títulos como:

  • Metáfora da metáfora
  • Despertar das amantes
  • Fóra de min, etc.

Tamén publicou ensaio.

Movementos Poéticos e Narrativos

Ideas do Grupo Cravo Fondo

En Santiago creábase en 1977 o grupo Cravo Fondo (Ramiro Fonte, X. Valcárcel, Xesús Rábade, Helena Villar, Fiz Vergara). Publicaban un manifesto programático no que daban a coñecer as súas ideas poéticas. O grupo Cravo Fondo nace para lle dar unha alternativa revolucionaria á poesía galega. Cravo Fondo tentará saír da poesía oportunista política. Esta devandita renovación tentará levarse á totalidade que configura a obra literaria: investigación idiomática, achado de novas temáticas, etc.

Narrativa Actual: Fins do Século XX e Século XXI

A literatura galega experimenta un gran crecemento a partir das últimas décadas do pasado século como consecuencia do novo marco político. Este incremento manifesta-se de modo evidente na narrativa se consideramos o elevado número de narradores e narradoras existentes, sobre todo se temos en conta que se foron incorporando novas xeracións ás xa existentes.

Os autores que se deran a coñecer nos 60 (Nova Narrativa Galega) continúan publicando novos textos: Carlos Casares, Méndez Ferrín, María Xosé Queizán. A par deles, xorde nos 70 unha nova xeración de escritores: Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca. Nos 80 publican as súas obras un numeroso grupo de narradores que introducen novas temáticas e novas técnicas narrativas: Manuel Rivas, Suso de Toro, Darío Xohán Cabana, Marina Mayoral, Carlos Reigosa. A partir dos 90 e nas décadas seguintes engádense novos nomes e aumenta considerablemente a presenza de narradoras. Tamén cobra un gran desenvolvemento a narrativa destinada ao público infantil e xuvenil. As editoriais crean coleccións específicas para este lectorado, como Árbore e Costa Oeste (Galaxia), Merlín e Fóra de Xogo (Xerais), e nacen tamén editoriais especializadas (Kalandraka, OQO...).

A Poesía dos 70: Con Pólvora e Magnolias

No 1973 aparecía unha escolma poética titulada Os novísimos da poesía galega, que presentaba as súas ideas poéticas e o mellor da súa produción. Todos estes poetas seguían unhas liñas marcadas por poetas da xeración anterior, cunha poesía chea de contido social e político, e que se preocupaba pouco da forma e da riqueza da linguaxe empregada nos poemas.

A partir de 1975, empezan a producirse grandes cambios políticos. Os indicadores do cambio son dous libros: Seraogna, de Alfonso Pexegueiro, e, sobre todo, Con pólvora e magnolias, de X.L. Méndez Ferrín. Aparecen varios colectivos poéticos. Máis importante é o Grupo Rompente, creado inicialmente en torno a Méndez Ferrín, grupo que tería unha grande importancia na poesía dos anos oitenta. Outros grupos, como Cravo Fondo e Alén, axudaron a renovar completamente a poesía galega deses anos.

Os Poetas dos 70

Nos anos setenta hai dous grupos:

  • Os poetas da escola de Os Novísimos: Xesús Rábade Paredes, Darío Xohán Cabana, Margarita Ledo, Fiz Vergara e Xabier Rodríguez Barrio. A súa poesía, de tipo social e reivindicativo, evolucionará a partir de finais dos anos 70, acadando unha maior riqueza formal e temática.
  • Os poetas que se dan a coñecer a partir de 1975: Alfonso Pexegueiro, Antón Reixa, Alberto Avendaño, Manuel Romón, Víctor Vaqueiro, Ramiro Fonte e Claudio Rodríguez Fer.

Características da Poesía dos 70

Dáse unha serie de características que se poden atopar na obra da maioría deles. As principais son:

  • Un achegamento ás grandes figuras da poesía portuguesa.
  • Influencia das novas correntes da música actual.
  • O coñecemento da poesía que se fai noutras culturas, propiciador dunha nova sensibilidade estética.
  • A maior preocupación polos problemas lingüísticos, o que leva a que acaden unha maior riqueza formal.

O Grupo Rompente

O Grupo de Comunicación Poética Rompente xorde en Vigo no 1975. Estaba formado por Alfonso Pexegueiro, Manuel Romón, Alberte Avendaño, A.R. Reixa e Camilo Valdeorras. Fixeron programas de radio e espectáculos audiovisuais e publicaron varios libros, algúns colectivos:

  • Silabario da turbina
  • Fóra as vosas sucias mans de Manuel Antonio
  • A dama que fala

E outros a título individual:

  • Seraogna, de A. Pexegueiro
  • As ladillas do travesti, de Reixa
  • Facer Pulgarcitos tres, de Avendaño
  • Galletas Kokoschka, de M. Romón

Colaboraron con músicos e pintores, impulsando a vangarda artística. Tiveron unha grande influencia. Disolvéronse no 1983.

Temas da Narrativa Actual

  • Narrativa histórica: Pensa Nao (1999), Anxo Angueira; Cando os lobos escoitaban a radio (2022), Permán Bouzas.
  • Narrativa policial ou negra: Crime en Compostela (1984), Carlos Reigosa; Beleza vermella (2019), Arantza Portabales; Matarte lentamente (2013), Diego Ameixeiras.
  • Narrativa realista: Luns (2017), Eli Ríos.
  • Narrativa de aventuras: Morning Star (1998), Xosé Miranda.
  • Narrativa de terror, medo: Tres historias para ler á noite (1992), Paco Martín; Saturno tamén é Deus (1997), Uxía Casal.
  • Narrativa experimental: Polaroid (1986), Suso de Toro; Panificadora (1994), Xosé Cid Cabido.
  • Narrativa fantástica: O cervo na torre (1994), Darío Xohán Cabana.
  • Narrativa de identidade e LGTBI: 22 Segundos (2017), Eva Mejuto.
  • Narrativa de misterio: Trece badaladas (2002), Suso de Toro.
  • Narrativa feminista: O club da calceta (2006), María Reimóndez.
  • Narrativa de autoficción: Carrusel, Berta Dávila.

Obras Seleccionadas por Autor

Xosé Luís Méndez Ferrín

Novelas

  • Arrabaldo do norte (1964)
  • Retorno a Tagen Ata (1971)
  • Antón e as inocentes (1976)
  • Arnoia, Arnoia (1985)
  • Bretaña Esmeraldina (1987)
  • No ventre do silencio (1999)

Relatos

  • Percival e outras historias (1958)
  • O crepúsculo e as formigas (1961)
  • Elipsis e outras sombras (1974)
  • Crónica de nós (1980)
  • Amor de Artur (1982)
  • Arraianos (1991)

Carlos Casares

Novelas

  • Cambio en tres (1969)
  • Xoguetes pra un tempo prohibido (1975)
  • Ilustrísima (1980)
  • Os mortos daquel verán (1987)
  • Deus sentado nun sillón azul (1996)
  • O sol do verán (2002)

Relatos

  • Vento ferido (1967)
  • Os escuros soños de Clio (1979)

María Xosé Queizán

Novela

  • A orella no buraco (1965)
  • Amantia (1984)
  • O segredo da pedra figueira (1985)
  • Amor de tango (1992)
  • O solpor da cupletista (1995)
  • Ten o seu punto a fresca rosa (2000)
  • ¡Sentinela, alerta! (2002)
  • Meu pai vaite matar (2011)

Ensaio

  • A muller na Galiza (1977)
  • Recuperemos as mans (1980)
  • A muller galega no ensino. A muller e a cultura (1981)
  • Evidencias (1989)
  • Escrita da certeza. Por un feminismo optimista (1995)
  • Misoxinia e racismo na poesía de Pondal (1998)
  • Racionalismo político e literario. Conciliar as Ciencias e as Humanidades (2004)
  • Anti natura (2008)
  • Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial (2011)
  • Despaxas e vísceras ilustres (2020)

Entradas relacionadas: