A literatura galega contemporánea
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,89 KB
Os poetas da Xeración do 36
Aquilino Iglesia Alvariño escribiu unha poesía na que a paisaxe está humanizada e chea de resonancias clásicas, con temáticas como a soidade, o paso do tempo e a morte. Ademais de Comaros verdes, primeiro poemario en galego salientable tras a guerra, na súa produción tamén destacan De dia a dia, Lanza de soedá e Nenias.
Xosé María Díaz Castro publicou un único libro: Nimbos (1961). A súa obra ten como temas recurrentes o amor, a morte, a vida, a nostalxia da infancia perdida e o forte arraigamento coa terra, así como a relixiosidade.
Xeración das Festas Minervais ou Xeración dos 50
Nos primeiros libros destes autores apréciase unha poesía de desarraigamento e angustia, presidida polo conflito da persoa consigo mesma e coa vida. Esta tendencia denominouse «Escola da Tebra», pola visión atormentada da vida que ofrecía. Conforme avanzaba a década dos sesenta, moitos autores desta xeración evolucionaron cara á poesía social, nunha liña de denuncia da falta de liberdades dada na sociedade, influídos pola publicación en 1962 de Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
Temas principais na sua obra:
Unha liña social, solidaria cos oprimidos de calquera latitude e denunciadora dos males sociais.
Unha liña intimista na que se manifesta o seu conformismo e desacougo existencial, a forte identificación coa terra, a fugacidade da vida, a evocación da infancia ou do amor.
Unha liña irónica, fortemente corrosiva e crítica, que se pode observar en libros como Cantigas de escarnio e maldicir ou maldicir ou nos Antipoemas.
A Nova Narrativa Galega
• Estar protagonizado por autores e autoras novos e con formación universitaria.
• Rachar coas formas de narrar tradicionais (omnisciencia en terceira persoa) e optar por múltiples formas narrativas (a primeira persoa, a narración epistolar, a corrente de conciencia).
• Renunciar á linearidade temporal e á localización espacial concreta. Espazos urbanos, desbotando o ruralismo. Rexeitar os argumentos convencionais e lóxicos, así como os personaxes tradicionais, dándolle entrada ao mundo dos sonos.
• Concibir o ser humano como un obxecto máis, normalmente moi degradado. Renegar do enxebrismo, procurando a universalidade dos textos que escriben.
• Introducir temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial. Recibir influencias do Nouveau Roman francés e de escritores como Proust, Joyce, Faulkner, Kafka ou Camus, entre outros.
Bloque occidental
Comprende as zonas occidentais de A Coruña e Pontevedra. Existencia de gheada (ghato, amigho). Seseo implosivo (lus, des). Hai seseo explosivo nas zonas máis costeiras (faser, vesiño). Terminación AN(S) para os dous xéneros en formas como. O irmán / a irmán. Plural -NS: cans, avións. Pronome suxeito TI. Vogal temática analóxica -E- en formas como colleches, vendEstes en vez de colliches e vendistes. Realización no ditongo UI o grupo latino ULT-: muito, truita, luita (parte sur). Cheísmo (na área de Fisterra). Utilización do che tanto para OD coma OI: Vinche pola noite. Teísmo (na área límite con Portugal). Utilización do TE tanto para o OD coma o OI: Colleute a bicicleta. Tamén son características do bloque: Formas verbais con-N- analóxico na 1° persoa: cantein / cantín. Formas foches, fostes con vocal O no radical en vez de fuches.
Bloque Central
Formado por toda a Galicia Central: falares do nordeste e interior de A Coruña, interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental. Ausencia de gheada (agás zonas próximas ao bloque occidental). Ausencia de Seseo, agás o implosivo (lus, des nalgumas zonas de A Coruña). Terminación AO(S) para o masculino e á para o feminino en formas como. O irmão / a irmá. Plural -S para os nomes acabados en N: cas, aviós. Pronome suxeito TU. Vogal temática analóxica -I- en formas como colliches, partiches. Realización no ditongo OI o grupo latino ULT-: moito, troita, loita. Sufixo número pessoal -des na 2° persoa do plural (cantades) ndes (cantandes).
Bloque oriental
Constituído polo galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e ademais, o falado ao leste de Lugo e Ourense. Ausencia de gheada. Ausencia de Seseo. Terminación IN por iño: camiño, veciño. Formas como caxa, baxar... no canto de caixa, baixar. Plural -IS para os nomes acabados en N: cais, avióis. Pronome suxeito TU. Formas verbais incrementadas co -n (cantein, hein). Realización no ditongo OI / UI / U o grupo latino -ULT-: moito, truita, luta. Conservación do wau en cua, gua: cuatro, guardar. Sufixo -is na 2ª pessoa do plural (cantais, cantabais) e -i para o imperativo: cantai, collei.