A Literatura Galega: Das Cantigas Medievais ao Rexurdimento
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,45 KB
Cantigas de Amor: Características e Tipos
As cantigas de amor son composicións líricas medievais onde o home canta a composición dirixida a unha muller. Este tipo de cantigas representa o amor cortés, con orixe provenzal. A dama é unha muller perfecta e inalcanzable que permanece no anonimato.
Hai varios tipos:
- Cantigas de mestría: Presentan moitos artificios e carecen de refrán.
- Cantigas de refrán: Presentan recursos de repetición no refrán de cada copla.
Cantigas de Amigo: O Sentimento Feminino
As cantigas de amigo son composicións breves e sinxelas que reciben este nome porque aparece a palabra "amigo" no primeiro verso. Presentan trazos da poesía tradicional e teñen unha base popular e autóctona. O marco en que se desenvolven representa unha paisaxe campestre e primaveral.
Os temas principais son:
- A queixa da muller pola ausencia do seu amor.
- A ansiedade.
- A vinganza.
- Os celos.
- A desconfianza.
Cantigas de Escarnio e Maldecir: Sátira Social
O tema protagonista é a burla, a crítica e o humor. Teñen importancia sociolóxica porque describen personaxes de distintas clases sociais.
- Nas cantigas de escarnio dáse unha crítica encuberta utilizando unha linguaxe indirecta con ironía.
- As cantigas de maldecir teñen unha linguaxe moito máis clara e directa e non ocultan o nome do personaxe.
Entre os temas tratados atopamos:
- Cantigas dirixidas contra outros poetas.
- Parodias das cantigas de amor e de amigo.
- Sátiras morais.
- Sátiras de clases sociais.
Cantigas Relixiosas: As Cantigas de Santa María
Están representadas por 427 cantigas dirixidas á Virxe, realizadas na corte do rei Afonso X, o Sabio, no século XIII. Son coñecidas como as Cantigas de Santa María e contan os milagres que fixo a Virxe María.
Entre as súas obras destacan:
- As Cantigas das Cinco Festas de Santa María
- Cinco Cantigas das Cinco Festas do Noso Señor
- O Cantar dos Sete Pesares que viu Santa María do seu Fillo
O Galego nos Séculos Escuros: Decadencia e Resistencia
A finais da Idade Media comeza o período de decadencia coñecido como os Séculos Escuros. Por motivos políticos, o galego estivo ausente no uso escrito, sendo a forma oral a máis empregada. Este período abarca os séculos XVI, XVII e XVIII, o que orixinou a fragmentación da lingua.
Nesta época, hai que destacar a figura de Frei Martín Sarmiento, quen defendeu o uso do galego no ensino e na Igrexa, e o Padre Feijóo, o primeiro en opoñerse á consideración do galego como dialecto.
O Rexurdimento Galego: Renacemento Cultural
O Rexurdimento é o movemento de renovación cultural que se deu no século XIX. Coa publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, inaugurouse este período. Nesta época tamén apareceron os primeiros dicionarios galegos.
A mediados do século XIX, considerouse o galego lingua literaria. O Rexurdimento pleno tivo lugar en 1860 cos escritores Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.
Rosalía de Castro: Nai do Rexurdimento Galego
Con Cantares Gallegos, Rosalía de Castro marca o comezo do período do Rexurdimento na nosa literatura. É unha das autoras máis coñecidas, estudadas e criticadas dentro e fóra do noso país, e inspirou a moitas/moitos autores.
Entre os temas que tratou destacan:
- A cultura e a lingua galega.
- As inxustizas que padecía o pobo e a muller galega.
As súas obras máis destacadas son:
- Cantares Gallegos
- Follas Novas
A Prosa de Rosalía de Castro: Obras e Estilo
Rosalía é considerada unha figura clave da prosa galega, aportando textos como o prólogo de Cantares Gallegos, o de Follas Novas e Conto Galego. Conto Galego é unha obra que, aínda que foi publicada despois da morte de Rosalía, é unha narración popular cunha estrutura dialogada e dramática onde o narrador fai intervencións respecto á historia.