Literatura Galega: De Cabanillas á Xeración Nós
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4,63 KB
A obra de Ramón Cabanillas
A obra literaria de Ramón Cabanillas pasa por diferentes etapas e posúe múltiples facetas. Caracterízase por harmonizar a tradición literaria do século XX. Como trazos modernistas, podemos ver a inclinación cara ao sensual e o colorista, o gusto polo exótico ou a procura dos elementos mitolóxicos, así como a musicalidade da linguaxe e o cosmopolitismo. O modernismo mantense vencellado co compromiso social e cultural do pobo galego.
Etapas da poesía de Cabanillas
- Poesía lírica: No desterro (1912), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917), A rosa de cen follas (1927).
- Poesía cívica: Nos seus tres primeiros libros, ve a solución dos problemas de Galicia no nacionalismo concienciador. Influída polo compromiso co agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala, con exaltación da aldea fronte á cidade, Galicia como unidade colectiva e unha chamada á rebelión.
- Poesía intimista: O sentimento amoroso é o protagonista, así como a conmoción ante a paisaxe.
- Poesía costumista: Matices humorísticos ou irónicos, novidades formais de carácter modernista.
- Poesía narrativa: Na noite estrelecida recupera os temas da materia de Bretaña: lendas do Rei Artur, cabaleiros da mesa redonda, procura do Santo Graal. Consta de tres sagas ou poemarios: "A espada Escalibor" na illa de Sálvora, "O cabaleiro do Santo Graal" e "O sono do rei Artur", que conta a morte de Artur e o seu descanso eterno nunha furna. O bendito San Amaro (1925) e Samos (1958).
A adecuación textual
Consiste en saber escoller a variedade lingüística e o rexistro apropiados para cada situación de comunicación.
Anos de cambio social e político
Dende 1923 ata 1936, co comezo da Guerra Civil Española, houbo unha enorme convulsión política e social. O sistema político sufriu un profundo desgaste. En 1923, instaurouse a ditadura de Primo de Rivera. Nos anos 30, rompeuse co caciquismo e o elitismo político de etapas anteriores. En 1931, proclamouse a Segunda República. Tamén en 1931 naceu o Partido Galeguista, que conseguiu aprobar o Estatuto de Autonomía en 1936.
O Grupo Nós
No século XX, a lingua galega desenvólvese no ensaio e na narrativa. Aparece unha nova xeración de escritores. Os membros máis destacados da Xeración Nós (ou Xeración das Irmandades, 1880-1890) foron: Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo... O nome vén dado polo título da revista que editaron entre 1920 e 1936. Procuran algo diferente, achéganse ao galeguismo.
Labor do Grupo Nós
Os homes do Grupo Nós intentaron modificar e modernizar o pensamento e as actitudes da actividade galega. Crearon a revista Nós. O número 1 saíu en 1920 e o 144, o derradeiro, en 1936, dirixida por Vicente Risco. A prosa e o ensaio acadaron nesta altura un nivel nunca antes conseguido.
Vicente Risco
Vicente Risco (Ourense, 1884-1963) estudou Dereito e licenciouse en 1906. En 1917, fundou a revista La Centuria. Ingresou nas Irmandades da Fala. Participou en 1931 na formación do Partido Galeguista. É un autor de certa produción teatral.
A narrativa de Risco
Abandona o ruralismo, ofrece acubillo ao intelectualismo, aos motivos esotéricos, caracterizándose pola intencionalidade didáctica e por exhibir un peculiar humor crítico. O intelectualismo e o didactismo vense en "A velliña vella", con orixes celtas e valores do cristianismo. En O porco de pé (1928), realiza unha parodia humorística a través da caricatura de personaxes do seu tempo.
Otero Pedrayo
Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) criouse no seo dunha familia ligada á vella fidalguía. En 1918, ingresou nas Irmandades da Fala. Integrouse no Partido Galeguista, sendo deputado en 1931. Coa Guerra Civil, foi destituído da súa cátedra, retirándose a Ourense.
Obra de Otero Pedrayo
- Narrativa: Aspectos da historia e da realidade de Galicia, recreación do mundo rural de labregos e fidalgos en Pantelas, home libre (1925) e O purgatorio de Ramiro (1926).
- Teatro: A lagarada (1928), con tema semellante ás novelas de labregos e fidalgos, e O desengano do prioiro (1952).
- Ensaio: Obra xornalística, visión histórica e xeográfica de Galicia.
- Poesía:Bocarribeira(1958)