A Literatura Galega baixo a Ditadura: Exilio e Resistencia Cultural

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,08 KB

A Influencia da Ditadura na Literatura Galega

Durante a ditadura, clausuraron as editoriais, as revistas e os xornais; prohibíronse os partidos políticos e os sindicatos. Pecháronse numerosos xornais e revistas. Foron fusiladas persoas relacionadas co mundo da cultura galega, mentres que outras viron na obriga de marchar ao exilio. Outras foron apartadas do seu traballo e non tiveron máis remedio que permanecer mudas, nun dramático exilio interior.

O Exilio Interior na Literatura Galega

Os que quedaron en España viron reprimidas as súas actividades literarias, desenvolvidas na clandestinidade.

Exemplos de publicacións e iniciativas culturais da época inclúen:

  • Saudade
  • Loita
  • Vieiros
  • Galicia de Emigrante
  • Corro Literario
  • Resol
  • Claridade

Características Comúns en Pimentel, Iglesia Alvariño e Díaz Castro

  • Os tres tiñan estudos superiores.
  • A súa poesía trata temas como a sociedade, a morte e o paso do tempo.
  • Todos viviron a Guerra Civil.
  • Naceron todos na provincia de Lugo.
  • Adicáronse todos á poesía.
  • Publicaron na mesma época.
  • Tiñan estudos superiores e combinaron os seus respectivos traballos co seu labor literario.
  • Viviron de preto a ditadura e os duros anos de posguerra.
  • Na súa obra tamén hai trazos comúns: a dor, os sentimentos, a visión pesimista da vida, a traxedia, a soidade. Tamén o amor e a nostalxia da infancia son temas recorrentes.

Diferenzas Estéticas entre Luís Seoane e Álvaro Cunqueiro

A principal diferenza radica na importancia que Luís Seoane lle concede á temática. A poesía de Seoane é de denuncia social, abordando temas como a emigración, o exilio ou o desposuímento das terras. Concede pouca ou nula importancia ao aspecto formal ou estético das súas composicións.

Pola contra, autores como Manuel Antonio ou Álvaro Cunqueiro rompen co pasado, creando unha anovadora estética e concedéndolle gran importancia á forma.

Características da Obra de Eduardo Blanco Amor

  • Na novela A Esmorga, narrada cunha linguaxe dura e realista, o libro consegue crear unha atmosfera tráxica e opresiva.
  • A novela Xente ao Lonxe está narrada de xeito fragmentario e con técnicas experimentais, sendo unha obra emotiva e chea de forza. Salienta nela a eficaz creación dos personaxes e a brillante recreación dos ambientes da cidade.
  • Na novela Biosbardos, explora diversas facetas da infancia e da adolescencia.

Características da Obra de Luís Seoane

  • Ilustrou libros, como os de Cunqueiro.
  • Fixo carteis en prol do Estatuto.
  • Fundou revistas (Resol e Claridade).
  • Colaborou en Yunque.
  • A súa é unha poesía social.
  • Contén temas sobre a emigración e o exilio.
  • O estilo é claro, de tal maneira que chega aos lectores de forma realista.

Aportacións á Narrativa de Eduardo Blanco Amor

Eduardo Blanco Amor trouxo á literatura galega novos temas e novas formas de narrar. Destacan a técnica da multiplicación de perspectivas, dotando a cada un dos seus personaxes dunha perspectiva propia. Ademais, aparece a inclusión dun interlocutor implicado. As montaxes en secuencias fragmentadas, imitando as composicións cinematográficas, son conceptos básicos na súa obra.

Actividade Cultural dos Exiliados Galegos

Remontámonos ao século XIX: unha Galicia sen industria, con atraso económico que impedía o desenvolvemento e o progreso social, labregos sen terras e estruturas caciquís. A existencia dunha grande comunidade de galegos en Latinoamérica posibilitou a creación de organizacións e asociacións moi poderosas nos planos económico e social, que xogaron un papel crucial no mantemento da cultura galega no exilio.

Entradas relacionadas: