Literatura Galega en América: Iniciativas e Exilio
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,07 KB
Literatura Galega en América
Iniciativas da emigración americana
- Publicación de Follas Novas.
- Historia de Galicia de Murguía.
- Axuda económica a Rosalía.
- Creación da RAG e da bandeira.
- Himno de Galicia.
Poetas exiliados
Lorenzo Varela
Morreu en Madrid e está enterrado en Monterroso. Estivo internado nun campo de concentración; cando foi liberado, trasladouse a México, Cuba, Bos Aires, España, Montevideo e de novo a Bos Aires. Mantivo relación con moitos membros da Xeración do 27 e participou na Guerra Civil como comandante. O seu traballo en Galicia non foi valorado, pero o do exilio si.
Obras:
Catro poemas para catro gravados:
- Roi Xordo: heroísmo do pobo.
- María Balteira: loita contra a represión.
- Bupo Adaúlfo: acepta a homosexualidade.
- María Pita: loita pola liberdade.
- Lonxe
Luís Seoane
Foi fundador do Laboratorio de Formas de Galicia, pintor, gravador, xornalista e director da actividade no exilio despois da morte de Castelao. Foi membro do PG e participou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía. Tivo que exiliarse fóra de Galicia, dirixiu Follas Novas, creou imprentas, prensa, teatro, poemas, gravados... Cultivou 3 xéneros: poesía, teatro e ensaio. Inaugurou o realismo social en Galicia (estilo literario). A súa pintura de vangarda é o expresionismo.
Temática:
- De denuncia, poesía social ou realismo social (emigración e guerra).
Obras:
- Fardel de eisilaso: emigración galega en América.
- Na brétema Sant-Lago: lembranzas dos tempos de estudante, Idade Media e represión fascista.
- Cicatrices: poesía social.
- A maior abondamento: emigración a Europa.
Estilo:
- Sinxelo; importa o que se di, non como.
- Poucos recursos literarios; non hai rima nin estrofa.
- Vocabulario case coloquial (sinxelo).
- Presenza de hipergaleguismos e arcaísmos; temática de denuncia.
Eduardo Blanco Amor
Na emigración á Arxentina traballou como xornalista, profesor, conferenciante e no proxecto galeguista. Creou a Irmandade Nacionalista Galega. Colaborou cos exiliados galegos en actividades en contra do réxime franquista e fundou o teatro popular galego en Bos Aires, para o que escribiu:
- Mostras de teatro de Ribadavia
- Farsas para títeres
- Teatro para xente
En Galicia escribiu:
- Os biosbardos: ambientadas en Ourense, os narradores-protagonistas son nenos ou adolescentes en 1ª persoa.
- Xente ao lonxe: ten catro partes.
En Arxentina:
- Os natos, conto.
- A escaleira de Xacobo: non a terminou.
- A esmorga: escribiuna despois de 1936; lingua popular, ambiente urbano ourensán.