Literatura Galega desde 1975: Poesía e Autores Clave

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,93 KB

Literatura Galega desde 1975: Temas e Autores

1975 foi o ano do cambio. Morre Franco e comeza para Galicia e para España un novo período.

A Presenza da Lingua Galega

A presenza da lingua e a literatura galegas no ensino e a oficialidade do noso idioma supoñen un impulso sen precedentes para a promoción da literatura en galego.

No campo da poesía, Con pólvora e magnolias (xunto con Mesteres (1976)) de Xosé Luís Méndez Ferrín rompe co socialrealismo e abre temas novos e variados: intimismo existencial, metafísica, mitoloxía cultural, político social, redescobre a.

A Poesía Galega nos Anos Oitenta

Nos anos oitenta, as principais características definitorias da poesía galega son:

  • Distanciamento entre o poeta e a realidade.
  • Busca de novos suxeitos líricos (negación da perspectiva autobiográfica).
  • Experimentación e interdisciplinariedade (coa música, a plástica...).
  • Culturalismo e intertextualidade (emprego de referencias culturais variadas: literarias, filosóficas, mitolóxicas, musicais...).
  • Integración de elementos da cultura urbana e marxinal: drogas, depresións...

Aínda que é moi difícil facer unha selección dos autores máis importantes do momento (por non haber o suficiente distanciamento nin perspectiva histórica) nin unha clasificación dos mesmos, faremos unha selección utilizando un criterio moi subxectivo de gustos persoais e buscando non recargar a información.

Autores Destacados

Xohán Cabana

(1952), moitas das súas poesías serán cantadas por grupos como Fuxan os Ventos. Gran dominador do verso e a linguaxe, é tamén tradutor ao galego de Dante e Petrarca, ademais de nome recoñecido na.

Os primeiros tanteos renovadores (1976-78) virán da man de varios colectivos poéticos de curta duración: Rompente (entre os seus membros Antón Reixa e Manuel Romón), Alén e Cravo Fondo. A partir de 1980 consolídase a renovación coas características antes citadas, pero non compartidas por todos; non hai unha escola, son diferentes escollas estéticas e.

Entre eles están:

  • Manuel Vilanova (1944), mítico e simbolista, escribe E direivos eu do.
  • Xosé Mª Álvarez Cáccamo (1950), aberto á realidade a través de vivencias familiares, escribe Praia das Furnas (1983), etc.
  • Miguel Anxo Fernán-Vello (1958): o amor, o corpo, o desexo... e tamén.

Tendencias Formais e Temáticas

A pluralidade é a tónica.

Desde o punto de vista formal, achamos desde propostas clásicas ata outras máis vangardistas. Ao lado da expresión contida, o minimalismo e a depuración máxima, atopamos poetas torrenciais, case. Ao lado da expresión directa e sinxela, a presenza do símbolo e o.

Desde o punto de vista temático, uns autores adoptan unha actitude desmitificadora, combativa ou provocadora (no sexual, no ideolóxico, no literario...), mentres outros teñen enfoques máis tradicionais (amor, desamor, soidade, morte...).

Características Comúns

Algunhas características máis ou menos compartidas poderían ser:

  • Predominio dos recitais, para producir un contacto entre o poeta e o ouvinte.
  • Tratamento de temas sociais con novas sensibilidades: Insubmisión.
  • Algúns difunden tamén os seus versos a través de Internet, tanto en versión.

A Voz da Muller na Poesía

Prodúcese tamén unha importante incorporación da muller á poesía, xa iniciada na década precedente, que proporciona unha nova vertente feminina e feminista (deconstrución do universo masculino-machista, erotismo e.

Evidentemente, seguen publicando a maioría dos autores anteriores e xorden multitude de novas voces.

Entradas relacionadas: