Literatura Galega 1936-1976: Poesía e Prosa da Posguerra
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,46 KB
A Poesía Galega entre 1936 e 1976
Como consecuencia da Guerra Civil, desapareceu por completo a produción literaria en galego durante máis dunha década. A actividade cultural continuada só foi posible no exilio, onde certos poetas fan poesía crítica e de compromiso, como Luís Seoane.
Dentro de Galicia, comeza unha tímida recuperación a partir de 1947. Publicouse Comarcas Verdes, o primeiro libro destacable pola súa calidade. En 1949 sae en Pontevedra a colección Benito Soto, dirixida por Celso Emilio Ferreiro, e no ano seguinte nace a Editorial Galaxia. Esta situación provoca que vexan a luz simultaneamente as obras de tres xeracións:
Xeración do 36
Poetas nados entre 1910 e 1920. A guerra colleunos na súa xuventude. Son poetas de culturas e estilos moi diferentes. Forman parte dela Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvariño, etc.
Promoción de Enlace
Nados entre 1920 e 1930, formados en castelán. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illados da cultura europea. Autores como Luz Pozo Garza, Manuel Cuña Novas.
Poetas das Festas Minervais
Nados entre 1930 e 1940, non coñecen a guerra: Uxío Novoneyra, Xohana Torres, Méndez Ferrín. Neles existe unha conciencia de grupo e implícanse en feitos colectivos como a restauración das Festas Minervais universitarias e a creación do grupo Brais Pinto, colaborando no diario La Noche ou na colección Illa Nova de Galaxia.
Nun primeiro momento utilízanse temáticas como o hilozoísmo, neotrobadorismo, paisaxismo ruralista, pero pouco a pouco van aparecendo novos temas de posguerra como a Escola da Tebra.
Voume centrar nos autores máis destacables desta época, que son:
Celso Emilio Ferreiro
Tivo éxito coa súa poesía social, aínda que non foi a única temática que cultivou:
- Poesía intimista: Influenciada polo existencialismo, mostra un presente pesimista. A obra máis destacada é O Soño Sulagado (1955).
- Poesía satírica: Fortemente corrosiva e crítica, que lembra as cantigas de escarnio medievais.
- Poesía socialrealista: Con linguaxe asequible e coloquial, quere transmitirllo a todo o mundo, non só á minoría. Trata temas como a Guerra Civil e as súas consecuencias, denuncia a explotación dos traballadores, o racismo, etc. Defende a propia nación, onde cre que se debe loitar por sobrevivir. A súa obra máis destacable é Longa noite de pedra.
Manuel Cuña Novas
Representante da Escola da Tebra. A súa obra Fabulario novo reflicte un sentimento de angustia e desesperación, utilizando imaxes escuras.
Uxío Novoneyra
Autor de poucos libros. A súa poesía era paisaxística e moi persoal.
Xosé Luís Méndez Ferrín
Os seus inicios están unidos á Escola da Tebra. O seu libro máis importante foi Con pólvora e magnolias, que supón un novo camiño cara a novos temas e linguaxe poética.
A Prosa Galega entre 1936 e 1976: Os Renovadores da Prosa
A Guerra Civil supón unha ruptura na nosa narrativa e ata os anos 50 non comezará o proceso de recuperación grazas ao traballo desenvolvido pola Editorial Galaxia. As tendencias narrativas deste período son:
Continuación da Prosa da Xeración Nós
Carballo Calero, A xente da Barreira, primeira novela en galego publicada en Galicia despois da guerra.
Realismo Popular
Ánxel Fole escribiu A lus do candil, temática baseada na mitoloxía, ambientación rural ou urbana e lingua dialectal do Courel.
Realismo Fantástico
Álvaro Cunqueiro. Nas súas obras predomina a fantasía. Escribiu libros como Merlín e familia, As crónicas do sochantre e Se o vello Sinbad volvese ás illas.
O Realismo Social
De Blanco Amor. A Esmorga supón o inicio da renovación na narrativa galega de posguerra. Os Biosbardos son relatos en 1ª persoa por personaxes adolescentes ou infantís. Xente ao lonxe é unha radiografía do Ourense do século XX a través dun grupo de traballadores.
Realismo Crítico
Neira Vilas. As súas obras caracterízanse principalmente pola presenza do mundo rural galego de posguerra: Memorias dun neno labrego.
Frases e Estruturas Gramaticais
A continuación, preséntanse algunhas estruturas e funcións gramaticais:
- Suxeito (SUX): F.N. (Función Nominal), Det (Determinante), N (Núcleo), Mod (Modificador)
- Función Adxectiva (F.ADXETIVA): Mod (Modificador) (Adv), Nuc (Núcleo) (Adj)
- Función Adverbial (F.ADVERBIAL): Mod (Modificador) (Adv), Nuc (Núcleo) (Adv)
- Función Preposicional (F.PREPOSICIONAL): R (Relacionante) - Prep (Preposición), Termo
- Obxecto Directo (O.D.): pronomes átonos (o, a, os, as, nos, vos, te)
- Obxecto Indirecto (O.I.): pronomes átonos (che, lle, lles)
- Complemento de Réxime (C.RÉXIME): Verbo + Preposición + F.N. (Ex: rirse de...)
- Predicativo (PVO): Adxectivo (ADJ)
- Atributo: Verbos copulativos (ser, estar, parecer e semellar)
- Complemento Axente (C. AXENTE): en voz pasiva