Literatura Galega entre 1936 y 1976: Autores y Movimientos Clave

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 5,91 KB

Poesía Galega: Do Posguerra á Xeración das Festas Minervais

X36: Aquilino Iglesia Alvariño

AQUILINO IGLESIA ALVARIÑO (Seivane, 1909-Santiago, 1961). Na preguerra publicara Señardá e Corazón ao vento, na liña paisaxista e popular de Amado Carballo con influencias modernistas. Na posguerra publicou Cómaros verdes, con mestura de poemas neotrobadorescos e paisaxistas na liña da vangarda; De día a día e Lanza de soledá, libros nos que aflora a reflexión e o sentimento de desamparo, soidade e dor existencial.

Celso Emilio Ferreiro e o Socialrealismo

CELSO EMILIO FERREIRO (Celanova, 1912-Vigo, 1979) é o iniciador e principal representante da liña poética denominada socialrealismo. Entre os seus títulos destacamos O soño sulagado, Longa noite de pedra, Viaxe ao país dos ananos, Cantigas de escarnio e maldecir, Antipoemas e Onde o mundo se chama Celanova. A súa poesía está dominada por tres rexistros básicos:

  • Cívico: Poesía que responde a un compromiso social de defensa da liberdade, da paz e a solidariedade.
  • Intimista: Reflicte a memoria da guerra, a dor existencial, o amor e a nostalxia.
  • Satírico: Usa a ironía e o sarcasmo para escarnecer a tipos humanos concretos e facer denuncia moral e política.

É un autor dunha gran sinxeleza expresiva, case coloquial e con certo afán didactista.

Outras voces poéticas

ANTÓN TOVAR (Rairiz de Veiga, 1921). É autor de Arredores e Non, nos que domina a tensión entre a angustia existencial e a esperanza; en O vento no teu colo, Calados esconxuros e A nada destemida apréciase a preocupación social e certo erotismo vitalista.

LUZ POZO GARZA (Ribadeo, 1922) escribiu O paxaro na boca, Verbas derradeiras, Códice calixtino e Prometo a flor de loto, de carácter intimista, unhas veces sensual e outras máis transcendente.

A Xeración das Festas Minervais

  • MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei, 1930): Dentro do período tebrista, do que é inaugurador, escribiu Muiñeiro de brétemas e Morrendo a cada intre. Terra Chá contén ecos paisaxistas. Documentos persoais e Cancións do lusco e fusco teñen carácter social e cívico. A primavera de Venus é un libro máis intimista.
  • UXÍO NOVONEYRA (O Courel, 1930-Santiago, 1999): Escribiu Os Eidos e Os Eidos 2, na tradición da poesía paisaxística con ton existencial. En Poemas caligráficos e Muller pra lonxe aparecen a poesía amorosa e a social.
  • XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN (Ourense, 1938): Gran narrador e poeta. Voce na néboa pertence á estética tebrista. A liña socialrealista cultívaa en Con pólvora e magnolias, Poesía enteira de Heriberto Bens e O fin dun canto. Con pólvora e magnolias marcou unha profunda transformación na poesía galega. Os seus libros máis recentes son Erótica e Estirpe.

A Prosa entre 1936 e 1976

Eduardo Blanco Amor

EDUARDO BLANCO AMOR (Ourense, 1897-Vigo, 1979) desenvolveu unha intensa actividade literaria. Destacan:

  • A esmorga: Novela de realismo social ambientada en Auria (Ourense). Céntrase na pobreza, a fame e a violencia. Usa o perspectivismo e lingua popular.
  • Xente ao lonxe: Radiografía da Ourense de entreséculos a través dunha familia, con pluriperspectivismo.
  • Os biosbardos: Sete relatos realistas e autobiográficos.

Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole

ÁLVARO CUNQUEIRO (Mondoñedo, 1922-Vigo, 1981): Destacan as súas novelas (Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Se o vello Simbad volvese ás illas) onde mestura realismo e fantasía, e as súas semblanzas (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá, Os outros feirantes) clasificadas como realismo máxico.

ÁNXEL FOLE (Lugo, 1903-1986): Mestre do relato curto. Obras: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa e Historias que ninguén cre. A Galicia rural é a protagonista, manexando técnicas de narración oral e mesturando humor e medo.

Xosé Neira Vilas

XOSÉ NEIRA VILAS (A Estrada, 1928): Representante da "épica rural". Obras de protagonista infantil: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo e Aqueles anos do Moncho. Obras de protagonista adulto: Xente no rodicio, A muller de ferro, O home de pau. Tamén escribiu sobre a emigración (Camiño bretemoso) e literatura infantil (Espantallo amigo).

Nova Narrativa Galega (NNG)

  • GONZALO RODRÍGUEZ MOURULLO (Calo-Teo, 1935): Autor de Nasce unha árbore e Memorias de Tains.
  • XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN: Destaca pola exploración do absurdo e a mitoloxía persoal. Obras: Percival e outras historias, Retorno a Tagen Ata, No ventre do silencio, Arraianos.
  • MARÍA XOSÉ QUEIZÁN (Vigo, 1939): Autora de A orella no buraco, obra debedora do obxectalismo.
  • CARLOS CASARES (Xinzo de Limia, 1941-Vigo, 2002): Domina técnicas modernas (monólogo interior, ruptura temporal). Obras: Vento ferido, Cambio en tres, Xoguetes para un tempo prohibido, Ilustrísima, entre outras.

Entradas relacionadas: