A Lírica Trobadoresca Galego-Portuguesa e os Fundamentos da Comunicación Dialogal

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 13,34 KB

A Lírica Satírica Galego-Portuguesa

A lírica satírica divídese en dous grandes grupos:

  • As cantigas de escarnho: falan mal dalgunha persoa sen facer unha mención directa.
  • As cantigas de maldizer: atácase a alguén de forma clara e directa.

Tipos de Sátira

  • Sátira literaria.
  • Sátira obscena: Trata temas relacionados co sexo.
  • Sátira política: Aborda conflitos políticos e militares.
  • Sátira social: Critican modas, formas de vestir e grupos sociais.

Os Xéneros Menores da Lírica Trobadoresca

Os xéneros menores, aínda que menos frecuentes, son cruciais para entender a diversidade da lírica galego-portuguesa:

A Pastorela

É o encontro (*locus amoenus*) entre un cabaleiro e unha pastora (campesiña) durante o que se produce un requirimento amoroso que pode ser aceptado ou non. A relación está fóra do amor cortés. Conservamos 9 textos (con elementos das cantigas de amigo e de amor).

O Lai

5 textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional como "lais de Bretaña", que traducen ao galego-portugués poemas franceses amorosos.

O Pranto

O trobador expresa a súa dor pola morte dunha persoa relevante e eloxia as súas calidades en vida. En galego-portugués rexístranse 5 cantigas; 4 foron escritas por Pero da Ponte en homenaxe a figuras destacadas. Unha quinta é do xograr leonés Johan ao rei Don Dinis.

A Tenzón

Texto dialogal, en que interveñen dúas voces alternantes que se corresponden con dous autores distintos. Trátase dunha especie de "combate poético", en que non falta a sátira persoal e literaria. Conservamos 30 textos.

O Desacordo

Cada estrofa ten unha métrica distinta. Só se conserva 1 texto.

O Sirventés Moral

Lamenta a dexeneración e corrupción dos costumes na sociedade, comparándoa cunha idade dourada anterior.

As Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María divídense en dous grandes grupos:

Cantiga Narrativa

Relatan presuntos milagres feitos pola Virxe, sendo de longa extensión. A súa estrutura interna é complexa:

Elementos Estruturais

  • Epígrafe ou "razón": Breve texto en prosa, situado ao inicio, que resume o contido.
  • Refrán: Unha máxima breve de 2-4 versos que condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir co relato do milagre. O refrán aparece ás veces cunha estrofa inicial que serve para detallar o que vai ser contado ou demandar a atención do público.
  • "Cobras" ou estrofas: Co refrán ao final de cada unha, desenvolven con maior ou menor extensión o relato do milagre.

Esquema do Contido

  • Resume do que narra a cantiga, na epígrafe.
  • Breve presentación do protagonista (sen nome propio) e do seu contexto (condición social, profesión, orixe, xénero, idade...).
  • Formulación do problema que afecta ou incumbe ao protagonista.
  • Intervención milagrosa da Virxe, que resolve o problema e responde ás seguintes causas:
    • A Virxe socorre a alguén que está en perigo ou enfermo.
    • A Virxe castiga a delincuentes, mouros, xudeus e pecadores.
    • A Virxe intervén para premiar a fidelidade, a devoción e a virtude.
  • Unha lección moralizante final, acompañada de agradecementos á Virxe.

Cantiga de Loor

Destacan as "de loor", que presentan un carácter hímnico. Expresan devoción á Virxe e eloxian as súas calidades. Abordan motivos como a oposición entre amor mundano e amor divino, ou o contraste entre Eva (o pecado) e María (a salvación).

Aspectos Formais das Cantigas

Métrica

  • O tipo de estrofa máis empregado (380 cantigas) é o "zéjel", composto por un estribillo inicial (AA), 3 versos monorrimos (bbb) e un verso final en rima co refrán (a).
  • No conxunto das 64 cantigas non narrativas atopamos ata 53 combinacións.
  • O verso máis utilizado é o de 14 sílabas, dividido por 2 hemistiquios (7 sílabas cada un).

Problemática da Autoría

As Cantigas de Santa Maria constitúen unha das empresas culturais e literarias máis impresionantes emprendidas polo rei-trobador castelán Afonso X, o Sabio. A autoría das Cantigas de Santa Maria é motivo de polémicas de difícil resolución. O rei castelán sabía trobar e dominaba o idioma galego-portugués, pero aínda así xorden dúbidas. No comezo da *General Estoria* hai un parágrafo moi revelador para entender o concepto de "autor" cando se aplicaba á figura do monarca.

Sobre a súa redacción temos:

  • Na obra interviñeron como máximo seis trobadores distintos.
  • Só hai 10 cantigas escritas de puño e letra polo rei: as que narran algún acontecemento autobiográfico ou nas que están presentes frases do tipo *que eu fiz, que fiz...*, en 1ª persoa.
  • O artífice da maior parte dos textos foi o clérigo e trobador compostelán Airas Nunes e outro dos colaboradores importantes foi Men Rodríguez Tenorio.

Cando dicimos que Afonso X é "autor" das Cantigas referímonos a que, ademais de escribir un pequeno número do total de 427, foi o "patrocinador" e o "director” do equipo que elaborou esa obra.

Fontes

Para a elaboración das Cantigas, o equipo dirixido polo rei Afonso X valeuse de fontes moi diversas:

  • Umas orais e outras escritas (coleccións latinas ou romances).
  • Umas populares e outras cultas.
  • Umas peninsulares e outras europeas.

Ademais deses milagres marianos sucedidos ao propio rei ou a membros da súa familia, abundan na obra os relativos a santuarios franceses e os ambientados na propia Península.

A Tradición Manuscrita

As Cantigas de Santa Maria, elaboradas entre 1257–1283, chegaron a nós por medio de 4 códices diferentes, todos do século XIII, de gran riqueza musical e con máis de 1.500 miniaturas dun enorme valor artístico:

  • Códice de Toledo (To): Representa unha primeira redacción da obra (1257) e de 128 cantigas, con notación musical e sen miniaturas.
  • Códice da Biblioteca Nacional de Florencia (F): Contén 104 cantigas sen notación musical pero con ilustracións, aínda que incompletas. Parece ser unha continuación do códice T.
  • Códices T e E da Biblioteca do Escorial:
    • "Códice Rico" (T): 193 cantigas con notación musical, 1275 miniaturas e 24 prosificacións castelás das primeiras cantigas.
    • "Códice dos Músicos" (E): Resulta o máis completo e presenta 417 cantigas con notación musical e 40 miniaturas.

A Prosa Literaria Galega Medieval

A prosa literaria galega medieval é máis escasa e menos orixinal que a lírica. Seguramente a ausencia dunha corte real galega e a continuidade no uso do latín por parte da Igrexa na súa documentación expliquen esa fraqueza.

Os primeiros textos en prosa en galego-portugués (século XIII), foron versións de textos bíblicos con afán divulgativo, e escritos de tipo notarial (testamentos...) con afán práctico. O texto máis antigo é o *Foro do bo burgo de Castro Caldelas* (Allariz, 1228).

A prosa literaria aparece máis tarde (séculos XIII-XIV) vinculada ás Cortes reais ou nobiliarias. Monarcas e nobres exerceron o seu mecenado para que copistas, tradutores e cronistas se dedicasen a copiar, facer versións, traducir ou crear textos narrativos. A crecente imposición do castelán a partir do século XV puxo fin a este emprego do galego. O tesouro da prosa galego-portuguesa permaneceu ignorado durante séculos e comezouse a coñecer grazas a distintas obras.

Prosa Propiamente Literaria: Os Ciclos Narrativos

Ciclo Bretón

  • O máis importante desde o punto de vista cuantitativo e o de maior influencia na literatura.
  • Encádranse obras do século XIV como *Joseph de Arimatea*, o *Livro de Tristám*, etc.
  • Todas ambientadas na Gran Bretaña, aínda que fan unha mestura de cuestións presentes na época. Desenvolven en clave cabaleiresca e cristiá as lendas de orixe céltica relacionadas coa figura do rei Artur, amores tráxicos de Tristán e Isolda, etc.

Ciclo Clásico ou Troiano

  • Corresponden á *Crónica Troiana* e á incompleta e bilingüe galego-castelán *Historia Troiana*. Ambas ofrecen unha visión fantasiosa do mundo clásico.

Ciclo Carolinxio

  • Conservamos fragmentos dunha obra coñecida como *Pseudo-Turpin*, incluídos nos *Miragres De Santiago*.
  • Relatan aspectos da historia lendaria do emperador Carlomagno, as batallas na Península contra mouros e a morte do seu sobriño Roldán.

O Texto Dialogal: Características e Tipoloxía

Características Xerais da Interacción Oral

  • Organízase no tempo: cada participante fala na súa quenda de forma alternativa.
  • Son textos efémeros (de duración limitada).
  • Preséntanse como textos abertos, sen elaboración definitiva nin concluída.
  • Emisor e receptor cambian os seus roles, interaccionan e cooperan.

Características Lingüísticas

  • Importancia da linguaxe non verbal:
    • Elementos paralingüísticos (volume, silencio, ton, ritmo...).
    • Extralingüísticos (movementos, posturas, miradas...).
  • Continuas referencias ao contexto extralingüístico, por medio de deícticos (pronomes), en relación co marco espazo-temporal (adverbios, verbos, conectores).
  • Predominio da 1ª e 2ª persoas.
  • Emprego de oracións enunciativas, interrogativas e exclamativas.
  • Importante uso de interxeccións, pronomes interrogativos e exclamativos.

Clasificación do Diálogo

Participantes

  • Duais (Conversa telefónica).
  • Plurais (Debate, mesa redonda).

Estilo

  • Formal (Avogada e cliente, doutora e paciente).
  • Informal (Compañeiras de clase, veciños).

Planificación

  • Espontánea: Vaise creando e varía dependendo da información.
  • Planificada: Preparada de antemán e cunha estrutura predeterminada.

Principais Tipos de Textos Dialogais

  • Conversa: Diálogo informal e espontáneo entre dúas ou máis persoas. Normalmente os interlocutores comparten contexto físico, pero cando non, varía o xeito de comunicarse.
  • Entrevista: Diálogo no que a entrevistadora pretende acadar información da persoa.
  • Enquisa: Preténdese obter datos sobre un tema concreto preguntándolles a varios interlocutores dun sector social por idade, sexo, estudos... A diferenza da entrevista, as respostas adoitan ser pechadas.
  • Mesa redonda: Grupo de persoas, organizadas por un moderador, presentando as súas opinións sobre un tema. As ideas non teñen que ser opostas e pode incluír preguntas e intervencións do público.
  • Debate: Grupo de interlocutores discute ante un público un tema sobre o que presentan diferentes ideas. A figura do moderador organiza intervencións e novos temas.
  • Rolda de prensa: Presentación dun personaxe ante os medios para facer declaracións ou preguntas.
  • Interrogatorio: A interrogadora realiza preguntas, coa finalidade de comprender feitos.

Estrutura da Conversa

  • Apertura: Toma de contacto previa á conversa realizada por un saúdo (Bo día), pregunta (Podería facerlle unha pregunta?) ou xesto (Levantar a man).
  • Preparación: Preséntase o tema e oriéntase a información.
  • Tema: Parte central da conversa, contén a información máis importante.
  • Conclusión: Remata o tema e serve como recompilación da información.
  • Peche: Son as fórmulas de despedida que dan por concluída a conversa.

As Regras da Conversa: A Cooperación e a Cortesía

Principio de Cooperación

Implica que se alguén quere intervir deixamos que o faga, apoiamos as nosas palabras con elementos non lingüísticos (xestos ou miradas), e interpretamos respostas.

Principios de Cortesía

Existen principios correctos (dar as grazas, non facer peticións de forma directa...) e incorrectos (insultar, interromper, non deixar dar unha opinión contraria á nosa...). As normas de cortesía son:

  • Canto menos se coñecen os interlocutores, maior é a cortesía (saudar).
  • Non se deben impoñer as ideas ao interlocutor e deben ofrecérselle opcións.
  • Para reforzar os lazos co interlocutor debemos interesarnos polo que di.

Entradas relacionadas: