Lírica e prosa medievais galego-portuguesas
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,19 KB
Cantigas satíricas e xéneros menores
1. Introdución
a) As cantigas de escarnio e maldicir son composicións de carácter burlesco nas que os trobadores galego-portugueses facían mofa da sociedade da época, vicios, costumes... coa finalidade de facer rir.
b) Este xénero satírico procede da confluencia do sirventés provenzal e unha tradición satírica autóctona de carácter oral.
2. Diferenzas
- As cantigas de escarnio son aquelas que se basean no equívoco, é dicir, na utilización de palabras con dobre sentido, fanse de xeito encuberto con xogos de palabras.
- As cantigas de maldicir, en cambio, empregan palabras directas. A crítica e a burla fanse de xeito evidente.
3. Clasificación temática
- Sátira política
- Sátira sexual
- Sátira social e de costumes
- Sátira moral
- Sátira literaria
4. Características formais
- Cantigas de mestría e de refrán
- Dobres, mordobres...
- Recursos propios: ironía, sarcasmo, o equívoco
- Linguaxe rica e variada
- Valor sociolóxico, histórico e lingüístico
Xéneros menores
Xéneros pouco cultivados polos trobadores galego-portugueses, o que determinou o seu grao de importancia dentro da nosa tradición lírica medieval.
Introdución
Xéneros pouco cultivados polos trobadores galego-portugueses, o que determinou o seu grao de importancia dentro da nosa tradición literaria.
Tenzón
- Composición dialogada.
- Dous trobadores ou trobador e xograr.
- O primeiro en intervir escolle o esquema estrófico, a métrica e a súa opinión.
- Debaten sobre algún tema e van expoñendo en estrofas alternas a súa opinión.
Pranto
É un poema que loa as moitas virtudes dunha persoa morta, normalmente de grande importancia social (rei, raíña...), e lamenta a súa morte. É típico das literaturas da época.
Pastorela
- É unha composición de orixe provenzal e está presente en moitas literaturas da época.
- É unha composición que relata o encontro dun cabaleiro cunha pastora.
- Establécese un diálogo entre ambos e o cabaleiro pídelle o amor á pastora.
Lírica relixiosa
Alfonso X
- Gran mecenas da cultura medieval peninsular.
- Tiña 44 cantigas.
- Nas cortes facíanse as Cantigas de Santa María.
- Creador e promotor da prosa histórica castelá.
Cantigas de Santa María
- 427 composicións en louvanza á Virxe escritas en galego-portugués para cantar.
- As fontes inspiran ao cancioneiro relixioso eran un conxunto de lendas e a tradición.
- Elaboración de cantigas en grupo.
- Naceron por interese de propagandismo e transmisión das Cantigas de Santa María.
Códices
- Códice TO (ou Toledo): ten 128 cantigas con notación musical.
- Códice E: na biblioteca do Escorial con 417 cantigas.
- Códice T: no Escorial, con 193 cantigas de notación musical.
- Códice F: na Biblioteca Nacional de Florencia, con 104 cantigas.
Clasificación das Cantigas de Santa María
- Cantigas narrativas (milagres): a finalidade é didáctica. Teñen unha breve introdución, presentación do personaxe que solicita axuda á Virxe e intervención da salvadora.
- Cantigas líricas (loores): a primeira segue o modelo trobadoresco da cantiga de amor e a segunda, a maneira directa das cantigas co culto á Virxe.
A prosa literaria medieval
Hai dous tipos: ficción / prosa narrativa (traducións ou versións de textos literarios doutras culturas europeas) ou pode ser a prosa non narrativa (a prosa historiográfica, xurídica e didáctica).
Prosa de fricción → Libro de Tristán, que narra os tráxicos amores de Tristán e Isolda.
3.1. A prosa de ficción
Ciclos narrativos: a Materia de Bretaña, a Materia de Troia, a haxiografía (vida de santos) e o ciclo carolinxio.
A Materia de Bretaña (ciclo artúrico)
- Comprende historias en torno ao rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda.
- Na nosa literatura:
- Estoria do Santo Graal (tamén coñecido como o Libro de Xosé de Arimatea (manuscrito s. XVI).
- Libro de Merlín (fragmentos do s. XIV) → profecías do mago.
- Demanda do Santo Graal (s. XV) → aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Graal.
A Materia de Troia (ciclo clásico)
- Guerra de Troia.
- A tradución realizouse en Betanzos e Pontedeume.
- Crónica Troiana, tradución do castelán que permite coñecer a situación da nosa lingua no século XIV.
- Historia Troiana, traducida do castelán a finais do século XIV. Texto bilingüe castelán-galego.
Haxiografía e ciclo carolinxio
- Miragres de Santiago (finais XIV - comezos XV).
- Tradución incompleta do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus (manuscrito latino do s. XII).
- Inclúense diversos milagres, a expedición de Carlos Magno a Hispania, a morte de Roldán en Roncesvalles, "Guía de Peregrinos"...
3.2. Prosa historiográfica, xurídica e didáctica
- Crónica xeral galega (finais do século XIII), tradución ao galego da Crónica general e da Crónica de Castilla.
- Crónica galega de 1404, escrita orixinariamente en galego.
- Crónica de Santa María de Iria (século XV), tradución ao galego de dous textos latinos: o Cronicón iriense e a Historia compostellana.
- General estoria (século XIV), versión galega da obra castelá de Afonso X.
- Libro de liñaxes, catro libros que fan referencia á xenealoxía das principais familias nobres de Portugal.
- As sete partidas e o Tratado de albeitaría.