Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Orixes, Cancioneiros e Poetas Trobadores
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 4,73 KB
Lírica Galego-Portuguesa na Idade Media
A lírica galego-portuguesa floreceu entre mediados do século XII e o século XIV, cun corpus de máis de 1600 textos e máis de 150 autores. Nesta época, o galego era unha lingua de prestixio, normalizada e, por excelencia, a lingua da poesía lírica.
Cronoloxía da Lírica Galego-Portuguesa
- Etapa primitiva: Séculos XII e XIII.
- Etapa de esplendor: Século XIII.
- Período afonsino.
- Período dionisíaco.
- Etapa de decadencia: Finais do século XIV ata o século XV.
- Escola galego-castelá: Cancioneiro de Baena.
- Escola castelán-portuguesa: Cancioneiro Xeral de García de Resende.
Maneiras de Trobar
Existían dúas maneiras principais de compoñer cantigas:
- Ó xeito tradicional: Cantigas de amigo.
- Á maneira provenzal: Cantigas de amor.
Como Chegou a Lírica Provenzal?
A influencia da lírica provenzal chegou á Península Ibérica a través de diversas vías:
- O Camiño de Santiago.
- Os monxes de Cluny (Francia) no século XI, que exerceron grande influencia sobre a Igrexa hispánica.
- A presenza de trobadores franceses e provenzais nas cortes.
- Afonso III, o Boloñés.
Orixes da Lírica Galego-Portuguesa
Existen varias teses sobre a orixe da nosa lírica:
- Tese folclórica: Defende que a nosa lírica xurdiu de composicións populares previas á aparición do fenómeno trobadoresco.
- Tese litúrxica: A Igrexa é o nexo que uniría as formas cultas e os elementos folclóricos deste tipo de poesía.
- Tese arábico-andaluza: A adoración da muller, a cortesía e outros elementos da poesía musulmá influíron no facer lírico cristián.
- Tese medio-latina: Inspiraríase na poesía medieval latina da contorna europea. O isosilabismo nestas composicións de orixe xermánica e románica é un dos argumentos presentados.
Os Cancioneiros
Os cancioneiros son as compilacións que nos permitiron coñecer a lírica galego-portuguesa:
- Cancioneiro de Ajuda (A): Foi atopado no Pazo Real da Ajuda. Consta de 300 cantigas de amor. É o único códice. Non aparecen os nomes dos trobadores e non contén anotacións musicais ao faltarlle follas, ademais de multitude de ocos destinados nun principio para as miniaturas.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa ou de Colocci-Brancuti (B): É o códice máis importante. Copia realizada polo humanista italiano Angelo Colocci no século XVI en Italia, foi descuberto na biblioteca do Conde Paolo Brancuti. Contén 1560 composicións de 150 autores, e ademais, 250 cantigas só aparecen nel. Vai precedido por unha fragmentaria Arte de Trovar na que se explican as técnicas de composición das cantigas.
- Cancioneiro da Vaticana (V): Copia italiana de principios do século XVI.
- Cancioneiro de Berkeley.
- Cancioneiro da Biblioteca de Bancroft (K): Descubriuse en Madrid. É unha copia bastante fiel do Cancioneiro da Vaticana.
Restos Manuscritos e Documentais
Ademais dos cancioneiros, consérvanse outros importantes restos:
- Pergamiño Vindel: Contén 7 cantigas de amigo de Martín Codax, 6 delas con música.
- Pergamiño Sharrer: Contén 7 cantigas de amor de Don Dinís, as 7 con música.
- Tavola Colocciana: É un índice de trobadores.
- Dúas versións da tenzón entre Afonso Sanches e Vasco Martins de Resende.
- Cinco lais de Bretaña.
- Cantigas de amor adúltero.
Categorías dos Poetas
Os poetas da lírica galego-portuguesa clasificábanse segundo a súa orixe social e función:
- Trobador: É de extracción social nobre. A súa función é a de compoñer as cantigas. Aparecen co seu nome e apelidos.
- Xograr: A función do xograr é a mera interpretación das cantigas que compoñía o trobador. Mesmo había xograres que interpretaban en exclusiva as cantigas dalgún trobador fixo. Non obstante, moitos xograres compuxeron as súas propias cantigas e pretendían que se lles recoñecese a súa condición de trobadores.
- Segrel: De categoría inferior á do trobador. Compón as súas cantigas e mais as interpreta. Cobra polo oficio poético.
- Menestrel: Músico encargado do acompañamento das cantigas.