Lírica Medieval Galega e Evolución da Lingua: Cantigas, Métrica e o Rexurdimento

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,95 KB

Comentario Literario: A Cantiga de Amor

1. Tipo e Subtipo

  • O texto é unha cantiga de amor.
  • O subtipo é cantiga de refrán.

É unha cantiga de amor porque o suxeito lírico é un home, e outros trazos son o uso da palabra "senhor" para facer referencia á amada. É unha cantiga de refrán porque ao final de cada estrofa hai un verso que se repite, chamado refrán.

O tema é o amor nunha relación de vasalaxe. O autor ou protagonista fala da perfección da súa amada e da súa situación, explicando que prefire morrer se non pode estar con ela.

2. Estrutura e Métrica

A cantiga consta de 4 estrofas, cada unha con dous versos e un de refrán. Ademais do refrán, hai outras figuras e recursos retóricos entre os que destacan:

  • Exclamación retórica: "¡Ai Deus!"
  • Anáfora/Repetición: "Amostrade-mi-a Deus"
  • Hipérbaton: "destes olhos meus"

Valores e Funcións da Partícula 'Se'

Valores con Función Sintáctica

  1. Nexo de subordinada (Función: conxunción/nexo): Exemplo: Aprobarás só se estudias.
  2. Pronome persoal: Pode ser recíproco ou reflexivo.
    1. Recíproco: Ana e María quérense (CD/CI).
    2. Reflexivo: Mario afeitouse (CD).
  3. Pronome relativo: Exemplo: Sempre quéixase polo mesmo.
  4. Pasiva reflexa: Exemplo: Ofrécese traballo.
  5. Oración impersoal: Exemplo: Cómese moi ben alí.

Tipoloxía da Lírica Galego-Portuguesa Medieval

Cantiga de AmigoCantiga de AmorCantiga de Escarnio e Maldicir
OrixeAutóctonoProvenzalSirventés provenzal + cantigas populares
Voz PoéticaMullerHomeO propio autor
Temática
  • Alegría do namoramento
  • Tristeza pola ausencia do amado
Amor cortésCrítica, burla e parodia
Recursos FormaisRefrán, leixaprén e paralelismoDobre, mordobre, fiinda, ata-a-fiindaEscarnio (duplo sentido, diloxía); Maldicir (uso do humor e a ironía)
SubtiposBarcarolas, de romaría, bailadas e albasDe refrán e de mestríaEscarnio e maldicir

O Galego Moderno e o Proceso de Estandarización

Nesta etapa da historia da lingua, hai un Rexurdimento literario do galego. Autores como Rosalía de Castro e Eduardo Pondal fan posible a consolidación do galego como lingua escrita. Non obstante, o castelán vai impoñéndose de forma progresiva e o galego queda reducido ás zonas rurais.

Por outra parte, comeza a estandarización da lingua, que se desenvolveu en 4 fases:

  1. Galego popularizante: Baséase na lingua oral e ten escasa pretensión codificadora (ata finais do século XIX).
  2. Galego enxebrizante: Ten unha tendencia diferencialista de cara ao castelán. Surxe a necesidade dunha lingua modelo (ata 1936).
  3. Galego protoestándar: Caracterízase pola simplificación ortográfica (eliminación de guións, apóstrofos e acentos gráficos), e pola tendencia purista que ten como obxectivo afastar o galego do influxo foráneo (finais dos 70).
  4. Galego estándar: Creación dun galego modelo fiel á lingua oral, coherente co pasado.

Entradas relacionadas: