Lírica Medieval: Cancioneiros e Contexto Histórico

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,8 KB

Lecer Medieval: Espectáculo Trobadoresco

A lírica medieval naceu como unha forma cantada, como un espectáculo que se desenvolvía durante as veladas celebradas nos pazos dos reis e grandes señores. A guerra era o verdadeiro "oficio" da aristocracia. A caza, a celebración de xustas e torneos foron ocupacións fundamentais para as horas de lecer, pero debido a que non sempre se podían facer estas cousas polo tempo, buscaron outros divertimentos que puidesen realizarse nos seus pazos e castelos. O mundo trobadoresco nace na celebración de festas e reunións durante as cales se cantaba e danzaba. Era unha lírica culta, propia dos ambientes aristócratas, polo tanto era unha lírica culta.

Cancioneiros: Transmisión do Lirismo Medieval

Coñecemos 1679 cantigas profanas, compostas por 161 trobadores e xograres. Chegan a nós mediante unha serie de cancioneiros, follas soltas e fragmentos que constitúen o legado da tradición medieval trobadoresca. Destacan 3 grandes grupos: un deles do tempo dos trobadores e os outros 2 son copias, sobre orixinais perdidos realizadas no século XVI.

  • Cancioneiro da Ajuda: consérvase en Lisboa, datado de finais do s. XIII e comezos do XIV, son 310 cantigas, case todas de amor realizadas por 38 poetas diferentes.
  • Cancioneiro da Biblioteca Nacional: consérvase en Lisboa, é un códice copiado en Italia no s. XVI sobre un orixinal anterior hoxe perdido. É o máis voluminoso de todos os documentos trobadorescos, contén ao redor de 1700 composicións de todos os xéneros.
  • Cancioneiro da Vaticana: orixinario de Italia, gárdase na Biblioteca do Vaticano. Copia realizada no s. XVI sobre un orixinal hoxe perdido. 1200 composicións que corresponden coas anteriores pero con moitas variacións.
  • Pergamiño Vindel: do s. XIII ou comezos do XIV, contén cantigas de amigo feitas por Martín Codax.
  • Pergamiño Sharrer: transmite a letra de 7 e a música de 6 cantigas do rei Denís de Portugal. Gárdase en Lisboa (fragmento dun cancioneiro desaparecido) data de finais do XIII comezos do XIV.

Contexto Histórico: O Reino Medieval de Galicia

No ano 711 chegan os árabes á Península. Galicia constitúe o maior espazo libre do dominio deles. En 1492 reconquístase Granada. Naceu a expansión dos reinos medievais de Asturias, León, Castela, Galicia... unhas veces tendo eles o poder de gobernarse e outras baixo monarcas. En 1230 uníronse Galicia e León. Co descubrimento no 842-847 do sartego do apóstolo Santiago que propiciou a expansión da cidade de Santiago de Compostela, converteuse nun gran centro da cristiandade grazas á peregrinación. Foi un tempo de auxe, que se pode ver nas numerosas construcións.

Entradas relacionadas: