A lírica galego-portuguesa
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 7,68 KB
1. ¿Por que trovadores doutras zonas da Península Ibérica trobaban en galego-portugués?
- Polo grao de proximidade lingüística xa que a identificación territorio-nación-lingua nacional é un concepto alleo á Idade Media.
- Polo papel preponderante de Galicia e da nobreza galega no conxunto de reinos occidentais. Tamén a mitra compostelá goza dunha riqueza e influencia só ensombrecida pola sé de Toledo. O poder económico-político trae aparellado o prestixio cultural e lingüístico.
2. Vías de penetración fundamentais da muller trobadoresca
O Camiño de Santiago, os monxes de Cluny, os contactos nobiliares.
3. Que é unha cantiga?
É unha poesía concibida para o canto e nalgúns casos para o baile.
4. Séculos entre os cales se desenvolve a lírica medieval galego-portuguesa
Durante os séculos XIII e a primeira metade do século XIV.
5. Nomea dous trovadores moi importantes que ademais foron reis
Alfonso X o Sabio e Don Dinís de Portugal.
6. Onde se atopa a nosa literatura medieval?
- Biblioteca Nacional de España (Madrid)
- Mosteiro de El Escorial
- Biblioteca Menéndez Pelayo de Santander
- Torre de Tombo (Lisboa)
- Palacio de Ajuda (Lisboa)
- Biblioteca Nacional de Lisboa
- Biblioteca Nacional de Viena
- Biblioteca de Florencia
- Biblioteca do Vaticano
- Biblioteca Pierpont Morgan (Nova York)
- Universidade de Berkeley (California)
- Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela
7. Que orixe ten a cantiga de amigo?
Ten orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non é posible determinar. Está emparentada directamente coas jarchas mozárabes.
8. Di os 4 tipos de cantigas de amigo que hai
- Mariñas ou barcarolas
- Cantigas de romarías
- Alba ou alboradas
- Bailadas
9. Cales poden ser os personaxes das cantigas de amigo?
A namorada, o amigo, as irmás, as amigas, a nai, animais ou seres inanimados (ondas do mar...).
10. Cal é a orixe da cantiga de amor?
A orixe das cantigas de amor é o amor cortés, que supón unha auténtica revolución nos costumes amorosos e na linguaxe da poesía erótica.
11. Que é o amor cortés?
É a idealización absoluta do amor como fundamento da plenitude humana, libre de convencións sociais e morais. Tamén desenvolve un completo formulario para a vivencia e expresión do amor refinado.
12. Temas das cantigas de amor
- O eloxio da dama
- A declaración do amor do poeta
- A reserva da dama
- A coita de amor
13. Cal é a orixe das cantigas de burlas?
A orixe é unha antiga poesía autóctona e un modelo distante no sirventés provenzal (poesía que abordaba temas literarios, morais e filosóficos).
14. Diferenza entre as cantigas de escarnio e as cantigas de maldicir
Nas de escarnio utilízanse palabras de dobre entendemento mediante o equívoco, e nas de maldicir fálase mal de forma cuberta.
15. Tipos de cantigas de burlas
- Sátira relacionada co sexo
- Sátira social de tipos e costumes
- Sátira literaria e sátira poética
- Sátira moral
PREGUNTA LONGA - As vías de penetración da cultura trobadoresca
O Camiño de Santiago, ruta comercial e espiritual que unía Compostela con toda Europa. Xogou un papel determinante na difusión da arte románica no norte da Península.
Os monxes de Cluny: os mosteiros non participan da creación lírica profana, desempeñaron na Idade Media unha función educativa sen a cal non se explica a cultura dos trobadores.
Os contactos nobiliares: os nobres franceses participaron a miúdo nas campañas militares contra os musulmáns. Era habitual tamén a busca de alianzas matrimoniais coa alta nobreza franca, o que significaba a importación de novos costumes e modas cortesás.
Actores e intérpretes
O trobar é un sinal de refinamento.
Trobador:
- Lugar máis alto na xerarquía social e artística
- Orixe nobre
- Poeta e compositor
- Tiña ao seu servizo xograres
- Na maioría dos casos sen recompensa económica directa
- Algún membros da alta nobreza: reis, infantes, cabaleiros...
- Citados nas recompilacións polo nome e apelido
Xograr:
- Herdeiros dunha longa tradición de artistas ambulantes
- Repertorio moi amplo
- Clase baixa
- Intérpretes
- Algúns deles foron compositores provocando:
- Burlas dos trobadores
- Os trobadores consideraron ese atrevemento como unha subversión da xerarquía social
- Aceptaban pagamento
- Citados polo nome, alcume e lugar de procedencia
Segrel:
- A medio camiño entre xograr e o trobador
- Artista itinerante. Cobraba pola interpretación
- Orixe: baixa nobreza
- Compositor
Menestrel:
- Instrumentistas que executaban o acompañamento musical das cantigas
Soldadeiras:
- Acompañaban os xograres
- Realizaban diversas actividades como cantar, bailar, exercicios ximnásticos ou tocar algún instrumento
- Sona ter vida licenciosa
- Paradoxo no mundo trobadoresco:
- Muller idealizada na poesía amorosa
- Muller real secundaria, ignorada e reducida á natureza máis animal e instintiva nas cantigas de burlas
Tradición manuscrita
a) Manuscritos contemporáneos (séculos XIII-XIV)
Responden ao concepto de poesía como arte musical. Intención dos compiladores: recoller a música das cantigas.
- Cancioneiro de Ajuda, conservado en Lisboa, 38 poetas, cantigas de amor, sen notación musical, código rico e moi elaborado.
- Pergamiño Vindel, descuberto a comezos do século XX, consérvase na Biblioteca Pierpont Morgan de Nova York, 7 cantigas de amigo do xograr Martín Códax con notación musical.
- Pergamiño Sharrer, descuberto en 1991, 7 cantigas de amor do rei D. Dinís con notación musical.
b) Apógrafos renacentistas (copiados nos séculos XVI-XVII)
A partir de códices medievais hoxe perdidos.
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa, a compilación máis ampla, con 1647 cantigas, todos os xéneros, contén "Arte de trovar", un tratado de poética medieval galego-portuguesa.
- Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, 1200 cantigas. As anteriores e estas foron copiados do mesmo códice.
Ámbito xeográfico da poesía medieval galego-portuguesa
Aínda tendo como lingua o galego, a nosa lírica medieval é un movemento do que participan as cortes reais e señoriais de toda a Península. Outros trovadores da península trobaron en galego-portugués: polo grao de proximidade lingüística xa que a identificación territorio-nación-lingua nacional é un concepto alleo á Idade Media e tamén polo papel preponderante de Galicia e da nobreza galega no conxunto de reinos occidentais. Tamén a mitra compostelá goza dunha riqueza e influencia só ensombrecida pola sé de Toledo. O poder económico-político trae aparellado o prestixio cultural e lingüístico.