A Lírica Galega de Posguerra e Exilio: Autores Clave e Obras Fundamentais (1936)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,05 KB

A Poesía Galega na Posguerra e o Exilio

Luis Pimentel

Na temática dominan os sentimentos, a angustia, a melancolía e o medo. A súa obra reflicte unha cotidianeidade intimamente sentida: a súa pequena cidade, os humildes, etc.

Na forma, caracterízase tanto na lingua (baseada na fala popular) como nos recursos, entre os que destacan os símbolos (espellos, sombra, luz) e a súa composición.

Obras e Temas Destacados

  • Triscos
  • Sombra do aire na herba
  • Cunetas: Describe a situación galega no réxime cos mortos nas cunetas, culpabilizando aos nobres que residen nos pazos, pero cunha pequena esperanza de salvarse. (En contraposición temos O Prisioneiro de Luz Pozo Garza).

A Lírica no Exilio

Luis Seoane

Nel domina un gran compromiso ético coa realidade social e humana de Galicia, que se concreta en dous temas principais:

  1. O mundo da emigración:
    • Fardel de eisilado
    • A maior abondamento
  2. Historia de Galicia:
    • Na brétema, Sant-Iago (céntrase en persoas humildes)
    • As cicatrices

Usa versos longos de metro libre e sen rima, con repetición de palabras clave.

Conceptos Clave
  • Ratas: Son persoas interesadas no rural galego para aproveitarse dos seus beneficios (partidarios do réxime).

Lorenzo Varela

  • Catro poemas para catro gravados: Trata catro personaxes históricos que son evocados coa clara intención de os proxectar como exemplos de dignidade e loita.
  • Lonxe: Fortemente condicionada pola experiencia persoal do exilio.

A Lírica en Galicia: Xeración de 1936

Características da Xeración de 1936

Esta xeración naceu entre 1910 e 1920. A súa traxectoria está marcada pola Guerra Civil e serven de ponte entre a literatura de preguerra e as seguintes promocións.

  • Influencia da Xeración Nós e das Vangardas.
  • Publicacións anteriores á guerra.
  • Seguen tendencias variadas (neotrobadorismo, poesía cívica, etc.).

Aquilino Iglesia Alvariño

Obras Anteriores á Guerra

Con sonetos de influencia modernista e paisaxismo:

  • Serdeñá
  • Corazón ao vento
Obras de Posguerra
  • Cámaras verdes: Márcase o inicio da poesía galega da posguerra, onde se manifesta unha visión humanizada da natureza.
  • De día a día: Destaca o ton de reflexión, soidade e dor existencial.
  • Moraima: Aspectos positivos relacionados coa muller (símbolos: luz e auga).
  • En contraposición, Carta á miña muller: Crítica ao estamento eclesiástico e ao réxime franquista.

Celso Emilio Ferreiro

Tiña como obxectivo chegar a un público amplo, polo que a súa linguaxe se aproxima en ocasións ao coloquialismo. A súa obra divídese en tres vertentes:

1. Estilo Cívico

Expresa un compromiso coa realidade social e a identidade do pobo, con temas como a liberdade ou a solidariedade:

  • O soño delgado
  • Longa noite de Pedra (obra fundamental durante o franquismo)
2. Estilo Intimista

Plasma os seus sentimentos ante a realidade, entre o que destaca o amor pola súa compañeira Moraima.

3. Estilo Satírico

Denuncia as contradicións políticas do seu tempo:

  • Viaxe ao país dos ananos

Xosé María Álvarez Blázquez

Importancia pola súa liñaxe de fillos escritores. Cultiva o popularismo e o neotrobadorismo nas súas primeiras obras:

  • Poemas de ti e de min
  • Cancioneiro de Monfero

En Canle Segredo trata tanto temas sociais como intimistas.

Entradas relacionadas: